Apunta, para non o esquecer.

Regalo bicicleta.
Ó título só queda aclararlle que se trata dunha pequena bicicleta para cativos que recollín para un proxecto, pero resulta que é demasiado pequena. Está perfecta, só ten pequenos rabuñazos, así que se alguén coñece a algún neno ou nena duns catro ou cinco anos que non teña bici, non dubide en contactar comigo vía comentarios ou vía mail e argallaremos cómo facerlla chegar.

No photo.
Este mes, por motivos diversos, non haberá actualización do fotoblog anexo a este chiringuito.

Alakrana. A triste España.
«O caso do Alakrana pon de manifesto unha triste realidade, a de que en España só parece haber tres recursos para facer as cousas: os medios de comunicación, os partidos políticos e os xulgados. Non parece quedar espacio para o traballo dos profesionais competentes nas diferentes materias. Así nos vai.»

Dúbidas razoables e respostas sobre vehículos eléctricos.
Hai tempo que teño pendiente un artigo no que facer un pouco de didáctica, a nivel cultura xeral, sobre a realidade técnica e ambiental dos coches eléctricos. Vexamos se concentrándonos en catro cuestións clave, recurrentes entre a xente cando sae este tema, todos conseguimos aprender algo máis, e romper con algúns mitos que rodean a esta tecnoloxía, algúns a favor, e outros en contra. O artigo é longo, pero está estruturado de xeito que facilite a lectura e a comprensión.

1.- Os coches eléctricos non contaminan.

Por máis que me pese, esta afirmación é falsa. O único coche que non contamina é o que non existe. Para ser rigurosos, calquera vehículo empeza a afectar ó medio ambiente dende o momento en que se extraen as materias primas e a enerxía precisas para a súa fabricación (non é cousa que nos metamos aquí na fondura de valorar a pegada ecolóxica da reciclaxe e as renovables).

Xa no seu uso, todos os vehículos, consumen enerxía e ahí e onde empezan as ventaxes. Supoñamos que a electricidade consumida nos vehículos eléctricos se producira con combustibles fósiles; pois aínda así, sería máis sostible que os coches fosen eléctricos. ¿Por qué? Por unha cuestión de rendemento. Para profanos, explicar que as máquinas aproveitan unha cantidade da enerxía que reciben para facer o seu choio, e a outra gástana en rozamentos internos, defectos de deseño, etcétera; á parte aproveitada chamámoslle rendemento e á outra perdas. Canto maior sexa o rendemento, menor é o consumo de enerxía preciso para un mesmo traballo. Os motores eléctricos, e os sitemas eléctricos en xeral como os transformadores, teñen un rendemento moitísimo máis alto que os dos motores térmicos. A cousa pode ser como que, a moi grosso modo, un motor eléctrico pode ter un rendemento sobre o 90%, unha central térmica anda sobre o 50% e un motor de automoción sobre o 30% (insisto, son cifras moi groseiras). Así, o rendemento en conxunto dun vehículo eléctrico, alimentado por un sistema onde se  xenera enerxía con combustibles fósiles, rondaría o 45% (o 90% do 50%), un 15% máis que queimando eses combustibles nos coches.

Se a iso lle engadimos a capacidade, cada vez máis desenvolvida, de obter electricidade de xeito renovable, si podemos afirmar sen temor a enganarnos que os coches eléctricos contaminan moito menos que os outros. Con un plus: os motores eléctricos non precisan lubricación líquida e, en moitos casos, tampouco precisan líquido de refrixeración, dous elementos altamente contaminantes propios dos vehículos de motor térmico que poderían ser retirados da circulación (nunca mellor dito).

2.- Se os coches fosen todos eléctricos, habería que construir máis centrales térmicas.

Afortuandamente, esa afirmación tamén e falsa. Un temor razonable, pero que se desmonta con unha conta que expoño a continuación, cortesía do meu irmán, o Sr. P. Míguez (poñan os lentes de pensar).

No ano 2008 o consumo de enerxía eléctrica no sistema eléctrico  español ascendeu a un total de 263.961GWh. Se dividimos esta cantidade de enerxía polos 365 días do ano temos que cada día se gastaron unha media de 723,18GWh. Nese mesmo enlace podemos ver coma a potencia instalada na península ascende a 89.944MW, pero non empregaremos este valor por tratarse dun máximo teórico xa que parte de esa potencia pódese atopar avariada, fora de servizo por mantemento ou simplemente o vento non sopra coma pode acontecer coa eólica. A pesares diso, introducimos o dato para que se vexan as marxes coas que contamos.

En cambio imos facer o seguinte, o sistema eléctrico español (peninsular), soporta perfectamente un consumo máximo de 44.826MWh nunha hora punta, se os multiplicamos polas 24 horas do día, resulta que temos a capacidade de producir 1.075.824MWh ó día, ou o que é o mesmo 1.075,824GWh. Se tomamos os 723,18GWh do primeiro calculo resulta que un día normal temos unha diferenza de 352,644GWh entre o que gastamos de media e o que se pode producir. Isto acontece porque a demanda de enerxía non é constante ó longo de todo o día. (Quédensa coa cifra: Podemos xerar 352.644GWh máis dos que consumimos actualmente).

Son numerosos os estudios sobre os kilómetros recorridos cada día polos automobilistas, e en todos están mais ou menos de acordo en que a maioría recorremos menos de 60Km o día. Por outra banda temos que nas simulacións feitas no proxecto do noso vehículo, este consume unha media de 176,53Wh por Km recorrido. Isto significa que tal vehículo precisa 10.592Wh ou 0,01059MWh cada día para percorrer eses 60Km. Segundo a ANFAC hai en España uns 22 millóns de coches, os que atribuíndolle o noso consumo estimado demandarían unha enerxía de 233,024GWh.

Coma se pode ver estes 233,024GWh que se precisarían para recargar tódolos coches de España son menos que os 352,644GWh que temos de marxe entre o consumo medio e a capacidade de produción.

Segundo o autor «este cálculo é máis bruto ca un Land-Rover», porque non ten en conta factores coma o rendemento do transporte da enerxía eléctrica nin do cargador da batería ou a variación da demanda eléctrica en función da climatoloxía, pero tamén hai que ter en conta que o noso vehículo era un todoterreo con dous motores, é dicir, cun consumo bastante maior que a media. Aínda así é un calculo válido para demostrar que a implantación do vehículo eléctrico é plenamente viable dende o punto de vista enerxético, podéndose recargar as baterías aproveitando as horas de menor demanda de enerxía eléctrica, coma pode ser a noite.

Por se dubidan vostedes dos cálculos do meu irmán, el mesmo aconsella contrastar outras fontes: «En los EE.UU, el Instituto de Investigación para la Electricidad de Palo Alto, una institución sin ánimo de lucro, previó que si en el año 2050 se consiguiera que hasta el 60% de los coches del país fueran eléctricos, estos sólo consumirían el 8% de la electricidad nacional. De cualquier forma, es una hipótesis que sólo se verificará cuando llegue el momento»  (non traduzo por falta de tempo).

Engadir, para rematar este punto, que independientemente das causas que provoquen o aumento da demanda de enerxía eléctrica, deicidir se esta se cubre con centrais térmicas ou nucleares ou con enerxías renovables é unha cuestión política, e niso todos temos moito que dicir.

3.- Os coches eléctricos son «a solución» para unha movilidade sostible.

Neste caso, non podemos tirar de datos técnicos para dar unha resposta, pero a miña opinión é que se trata tamén de unha afirmación errada. ¿Por qué? O grandísimo problema da sociedade do petroleo foi o ter chegado a depender, como fixemos, de unha única fonte de recursos. Durante sesenta anos, o petróleo foi «a solución» para moitísimos problemas, e agora que esa solución non sigue sendo viable, os problemas aparecen multiplicados no horizonte. «A solución» é a diversidade. A min sempre me gusta comparar os osos pandas coas gaivotas; os primeiros son uns exquisitos que se alimentan exclusivamente de certas variedades de bambú, as segundas comen de todo… ¿cales están en perigo de extinción? Pois por ahí van os tiros. Se queremos un futuro de mobilidade sostible, haberá que empregar coches eléctricos, biocombustibles… e tirar de solucións que están maís no eido ético/político como son camiñar, usar a bicicleta e, sobre todo, as dúas palabras máxicas: transporte público.

4.- ¿E se un día quero ir a Madrid?

É a pregunta do millón de euros. O bastión das reticencias ó vehículo eléctrico, ó cal eu resposto en xenuíno galego: «¿E tí cantas veces vas a Madrid?». Como apuntamos antes, a maioría dos vehículos fan menos de 60Km/dia, suposto que, se agora mesmo poñemos o noso coche eléctrico no mercado, quedaría perfectamente cuberto coas posibilidades que temos (permitan que me venda un pouco, que alguén o ten que facer). O reticente insiste: «Vale, pero en vacións, ou…» Ahí a resposta toma varios camiños. O primeiro, é que moitas familias teñen máis de un coche, e malo será que teñan que ir cos dous, «a Madrid», o mesmo día. O segundo é que con autonomías próximas a 200Km, e unha infraestrutura de recarga que permita encher as baterías en 15min, estamos no razoable dunha viaxe na que se para de vez en cando a estirar as pernas, tomar un café, ou o que queira que fagan vostedes cando paran nunha viaxe. O único que falla, de momento, é esa infraestrutura de recarga, pero o Ministerio de Industria, e outras administracións estanlle a dar un pulo á cuestión que o fai razoable nun horizonte de un ou dous anos (outra vez, política). O terceiro, é que existen diferentes opcións comerciais para solucionarlle «o problema» ó usuario; está a fórmula que seica usou Mercedes-Benz cando lanzou o Smart, prestando unha berlina cando un cliente do coche pequeno precisaba facer unha viaxe longa, aínda que a min gústame máis a opción «ti vai no tren, que cando chegues has de ter o teu coche eléctrico agardando alá». Por último (cuarto), debo explicar que, sempre segundo as nosas simulacións para o noso todoterreo, falaríamos de un consumo equivalente a 2€/100Km. Que cada quen bote contas, e pense se o que pode aforrar lle pode chegar para ir «a Madrid» en avión… ou en taxi.

Remato con unha observación de fundamento. En todo o rollo que acabo de largar non aparece unha soa alusión ó CO2 de xeito deliberado. O dióxido de carbono e o cambio climático son eufemismos que están de moda, pero que, dende un punto de vista científico e tecnolóxico serio, non son máis que unha parte de un problema moito máis xeral. Dende esa perspectiva xeral é a que nos afrontamos o noso proxecto.

De exames e políticos.
«Cando se fai un exame, analízase minuciosamente cada pregunta do profesor, para concretar o significado da mesma e intentar que a resposta se achegue o máximo posible ás súas espectativas. Cando un político recibe unha pregunta, móvese na dirección oposta, tratando de buscar o eido máis abstracto posible no que teña sentido esa pregunta e responde dende esa abstracción.

Non é fácil de facer inconscientemente, e so se me ocurren dúas hipótesis para explicar a casualidade de que na clase política se concentren tantas personas con esa facultade: ou llo ensinan en cursiños, ou “saber zafarse” é unha condición indispensable para adicarse á política.»

Transfugismo.
«O transfuguismo non é máis que a aberración extrema dun sistema electoral incoherente. Incoeherente porque o elector vota a unha lista para que o represente, mentres que o cargo de representación vai ser ocupado por unha persoa, independientemente da súa posterior adscripción a esa lista. A solución é fácil: ou se votan listas abertas, e cada representante electo pode facer co seu cargo o que considere lexítimo, ou cada cargo queda a disposición do partido que lle corresponda, e ese partido decide que persoa o ocupa no curso da lexislatura. Personalmente, inclínome pola primeira, pero calquera cousa é mellor que un sistema incoherente.»

Dispara. Razóns para sentirse orgulloso de Galicia. A Carroucha.
É curioso cómo o idioma ten a responsabilidade de ser o cemento de unha cultura, o elemento que une a todos os demais da mesma. Se me falan dun «cervo voante», como lle chaman polo mundo adiante, a miña mente vaise inmediatamente ó trineo de Santa Claus. Pero se me din «carroucha» venme á vista un escarabello de tres pulgadas, das cales unha son uns agresivos «cornos», que lle provocaba unha grandísima felicidade ó meu avó cada vez que topaba un, pola magnífica oportunidade que a natureza lle daba para lle gastar unha broma a alguén.

A foto foi sacada precisamente na casa dos meus avós, poño unha soa pola triste razón de que as outras non me sairon ben, pero insisto en poñela porque a carroucha, sen ser un endemismo, é para min un icono de Galicia e da nosa cultura.

Meterse onde non te chaman.
«Pagareille unha cea a quen sexa capaz de explicarme a diferencia entre o que está a pasar en Afganistán e a Guerra do Vietnam.

Pagareille unha cea a quen me sepa explicar para qué nos son «imprescindibles para todos» os soldados españoles  en Afganistan, tal e como di a ministra de defensa.

Se consigue explicarme por qué os medios internacionais (1, 2 e 3) falan de Guerra en Afganistán, mentres en España se aplican non sei cantos eufemismos, pagareille tres rondas do que beba.»

Revista de prensa.
Estaba predito que o Proxecto de Fin de Carreira era, facendo un símil bélico de eses que a min tanto me gustan, o último sprint na terra de nadie académica para chegar ás alambradas do inimigo; póñanse vostedes na situación dun gastador de infantería cortando os arames dunha trincheira e entenderán que o símil ven pola necesidade de concentrarse moito na tarefa antes de que a oportunidade se perda. Confío xutificar así que este blog estea atendido de xeito pouco regular, pero en ningún caso abandonado. Hoxe, nun respiro, teño ganas de facer algo que facía bastante cando empecei a apuntar, para non o esquecer: reflexións rápidas sobre varias novas dos últimos días.

Os non-xogos olímpicos de Madrid. A posteriori, parece fácil facer unha crítica do que pasou, pero polas circunstancias antes referidas… aquí a vai. Eu non apoiaba a candidatura de Madrid 2016, nin ningunha outra en España, por tres motivos. O primeiro, porque son un defensor a ultranza do deporte pero, por moito que se empeñaron os representantes políticos, non conseguiron convencerme de que a súa motivación fose precisamente aumentar a vocación deportiva da sociedade. Segundo, porque se verdadeiramente esa fose a súa vontade, en lugar de gastar de golpe e porrazo os cartos que custa unha olimpiada ben poderían investir en instalacións deportivas ou, mellor aínda, en eliminar as cuotas que se pagan por usar esas instalacións. Terceiro, e na mesma liña, está que agora alguén debería rendir contas, e asumir responsabilidades, polo custe de toda a maquinaria propagandística que se despregou para unha candiadatura que estaba perdida de antemán, pois todo o mundo sabe que o COI non fai dous xogos olímpicos consecutivos no mesmo continente. Obviamente os políticos tamén teñen unha «olimpiada» cada catro anos e non poden queren facer axenda alén desa barreira, por aquilo do protagonismo individual, pero polo menos quedounos a ledicia de que, por unha vez, aparcaron a cansina rutina de «si PP dice blanco PSOE dice negro y viceversa».

A campaña de control de neumáticos. Por ahí debían ter empezado, pero non podo menos que aplaudir esa iniciativa da DGT, se acaso criticarlle que non sexa una medida tan permanente no tempo como os radares. Sen ir máis lonxe, o oito de maio, en Arcade, un camión embestiume por detrás ó frear ante un repartidor cruzou sen mirar (as consecuencias foron mínimas). O chófer dixo ter freado a tempo, mais que o camión non se detivera na distancia. Tiña as rodas nos alambres. Honestamente, coido que non hai moito que escribir sobre isto; toda a xente que algunha vez tratei con neumáticos en mal estado por desgaste excesivo era perfectamente consciente da situación, do risco que supuña, e non o remediaba por aprazar os cartos dun cambio de rodas. As consecuencias pagámolas todos.

Fenómeno OVNI en Galicia. Non me deixa de facer gracia ter descuberto o vídeo que aquí colgo apenas un par de días despois da noticia da Voz enlazada no título do epígrafe. Eu estaba no Burgo ese día e a esa hora pero non me enterei de nada, aínda que tampouco me amola. En calqueira caso, os avistamentos de ovnis en Galicia corresponden a outra forma de intrusismo cultural como a do Halloween. Aquí, tradicionalmente, o que se viron sempre son entes do outro mundo, algo de bastante máis rango que as visitas dende outros planetas.   Se non o coñecen, desfruten do vídeo, debo recoñecer que a primeira vez conseguiron crearme unha sensación de desacougo que non me dan outras películas.

<object width="425" height="344">

<param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/SxTb26RkfOY&hl=es&fs=1&"></param>
<param name="allowFullScreen" value="true"></param>
<param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/SxTb26RkfOY&hl=es&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

A mentira da «Alternativa a Rande».
Esta é a solución ó xogo que plantexei o outro día, un artigo sobre cómo nos meten os dedos nos ollos.

A situación, tal e como sabe todo o mundo no entorno de Vigo, e no resto de Galicia, é a seguinte:

Con máis de 50.000 vehículos diarios, o treito da AP-9 que abrangue a Ponte de Rande e a entrada en Vigo está saturado. Iso implica tráfico denso e grandes retencións en caso de accidente ou en días sinalados como ese domingo que fai calor e todos os vigueses fuxen de Samil cara as praias do Morrazo.

Para solucionar isto, barállase como solución principal a construción de unha nova autovía, libre de peaxe, entre Pontevedra e Vigo. O que se plantexa, na práctica, é unir a futura A-57 (Pontevedra - A-52/Ponteareas) co acceso Sur de Vigo, máis exactamente coa entrada da AP-9 en Peinador, mediante outra nova autovía para a cal o Ministerio de Fomento barallou catorce trazados posibles, escollendo un que empeza en Vilaboa e transcurre paralela e próxima á A-57 hasta pasar Redondela.

Observando os mapas que publiquei o outro día, un pode apreciar sen apenas esforzo que, sen prexuízo de outros, o obxectivo de aliviar o colapso de Rande non se cumplirá xamais, fágase a autovía ou non se faga. Compre insistir en que tales mapas son capturas de pantalla do pdf publicado polo propio Ministerio na exposición pública do estudio informativo, por tanto, información oficial e pública, nada que eu «me currase» para ilustrar unha conclusión miña propia. Os mapas repítoos hoxe, ó final deste artigo, xunto cos das outras trece alternativas, como extensión do xogo proposto, a ver se descubren vostedes cal é a alternativa que realmente pode solucionar a conxestión de Rande.

Con todo isto aclarado, atopámonos ante dúas observacións extremadamente incómodas:

A segunda, é que moitos medios de comunicación galegos levan tres anos a falar da «futura autovía alternativa a Rande» alegremente, incluso con editoriais que esixen a urxencia do proxecto para aliviar os atascos antes referidos. Obviamente, poderíamos estar diante dun caso de falta de rigor profesional, ó publicar informacións sen documentarse suficientemente sobre elas, pero a cousa é un pouco máis grave cando, a principios do ano 2008, a Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela lle achegou estes mesmos datos a algúns dos medios citados. Non vou poñer ningún enlace porque, nesta tesitura, sinalar co dedo paréceme pouco elegante. Se alguén non me cre, que se poña en contacto comigo (apuntablog@hotmail.com) e enviareille os links oportunos.

A primeira, e máis importante, é que, aproveitando a propaganda e confusión espallada polos do punto anterior, o Ministerio de Fomento vai fundir 280.000.000€ (douscentos noventa millóns de euros, uns cincuenta mil millóns de pesetas, 223 na obra e 60 en expropiacións) nunha obra básicamente inútil. Porque doutras cousas, como a desconxestionar o tráfico de Redondela, tamén podemos falar canto queiran.

Tal vez a ningún, ou a poucos de vostedes, lles importe nada que esa autovía, coas súas trincheiras de vinte metros de profundidade, vaia escarallar o lugar no que eu vivo. Así que pensen no que o seu país podería facer por vostedes con eses cartos… e lémbrense disto a próxima vez que vaian abrir un xornal.

Parabéns a quen acertou