A coraxe.

«Desde el día 30 de julio, ostento un título que me gustaría mantener mucho, mucho, mucho tiempo: soy la madre de la última persona asesinada por ETA.»
Montserrat Lezáun Portillo.

Alakrana. A triste España.

«O caso do Alakrana pon de manifesto unha triste realidade, a de que en España só parece haber tres recursos para facer as cousas: os medios de comunicación, os partidos políticos e os xulgados. Non parece quedar espacio para o traballo dos profesionais competentes nas diferentes materias. Así nos vai.»

De exames e políticos.

«Cando se fai un exame, analízase minuciosamente cada pregunta do profesor, para concretar o significado da mesma e intentar que a resposta se achegue o máximo posible ás súas espectativas. Cando un político recibe unha pregunta, móvese na dirección oposta, tratando de buscar o eido máis abstracto posible no que teña sentido esa pregunta e responde dende esa abstracción.
Non é fácil de facer inconscientemente, e so se me ocurren dúas hipótesis para explicar a casualidade de que na clase política se concentren tantas personas con esa facultade: ou llo ensinan en cursiños, ou “saber zafarse” é unha condición indispensable para adicarse á política.»

Transfugismo.

«O transfuguismo non é máis que a aberración extrema dun sistema electoral incoherente. Incoeherente porque o elector vota a unha lista para que o represente, mentres que o cargo de representación vai ser ocupado por unha persoa, independientemente da súa posterior adscripción a esa lista. A solución é fácil: ou se votan listas abertas, e cada representante electo pode facer co seu cargo o que considere lexítimo, ou cada cargo queda a disposición do partido que lle corresponda, e ese partido decide que persoa o ocupa no curso da lexislatura. Personalmente, inclínome pola primeira, pero calquera cousa é mellor que un sistema incoherente.»

Meterse onde non te chaman.

«Pagareille unha cea a quen sexa capaz de explicarme a diferencia entre o que está a pasar en Afganistán e a Guerra do Vietnam.
Pagareille unha cea a quen me sepa explicar para qué nos son «imprescindibles para todos» os soldados españoles en Afganistan, tal e como di a ministra de defensa.
Se consigue explicarme por qué os medios internacionais (1, 2 e 3) falan de Guerra en Afganistán, mentres en España se aplican non sei cantos eufemismos, pagareille tres rondas do que beba.»

Supervivencia.

«As cidades non poden sobrevivir sen o que hai fora de elas, non producen apenas ningún dos recursos que consumen, mentres que o resto non precisaría do mundo urbano para a súa subsistencia. É importante ter isto claro, non vaia a ser que esteamos construíndo unha sociedade que non poida sobrevivir no futuro.»

Resiste Honduras.

«O que está a acontecer en Honduras é unha oportunidade extraordinaria. Unha oportunidade, primeiro, para desterrar dunha vez unha das “tradicións” máis noxentas da política latinoamericana, pero sobre todo unha oportunidade para a universalización da democracia e os dereitos humanos. Xa non é excusa o argumento das “cuestións internas” dun país, e teño a sensación de que é a primeira vez na miña vida que vexo ós gobernos dos países mollándose case unánimemente en condenar o inadmisible, aínda que unha parte da miña cabeza insiste en preguntar qué intereses haberá para que esta vez sexa diferente das outras.
Bágoa que, ó mesmo tempo, Irán vaia desaparecendo da pantalla.
»

Sobre a creatividade II.

Neste caso, un aforismo propio algo máis espeso (require reflexión) que os anteriores da mesma materia, e que aglutina, ademáis, varios aforismos alleos (as citas non son textuais).

«Eu sempre fun dado a volcarme en cada materia que me suscitou algunha vez curiosidade. Cando me empezaba a interesar algo rebentaba a biblioteca municipal coa miña voracidade de coñecementos, despois internet cubriu moito de esa necesidade, e sigue a facelo. Sen embargo, a cousa foi cambiando co tempo.
¿Lembranse de Martina Hingis? Unha vez oínlle dicir que ela non vía partidos de tenis e quedei un pouco desconcertado, pois supuña descubrir que unha número un mundial de algo non estaba metida ó cen por cen na súa disciplina.
Despois linlle a Bruce Lee algo así como “Antes de que eu estudiase o arte, un puñetazo para min era so un puñetazo e unha patada era so unha patada. Despois de ter estudiado a arte, un puñetazo xa non era un puñetazo e unha patada xa non era unha patada. Agora que comprendo a arte, un puñetazo é so un puñetazo, unha patada é so unha patada.” Tardei un par de anos en entender esa sentencia, e fíxeno observando a miña propia conducta respecto a algunha de esas disciplinas que tanta avidez de coñecementos me suscitara tempo atrás.
A clave final xurdiu no Tao Te King: “gracias ó oco pode usarse unha copa (…) gracias ás portas pode usarse unha casa (…) o valioso provén do que non existe”. Esa non a deixei pasar hasta que a entendín, lembro perfectamente que estaba sentado no sofá da sala, no piso da Coruña, e non me movín de alí durante un bo anaco de tempo.»

Roots.

«Hai tempo que vexo as películas pensando que os indios son os bos. Os indíxenas saben cómo vivir aproveitando os recursos dun lugar sen que se esgoten. Os outros, son carroña que estan a matar ese coñecemento para sempre. É unha loita que se está librando en todo o mundo, incluso á porta da túa casa. Neste caso, se non estás nun bando, estaslle axudando ó outro.»
Roots.

Aforismos críticos co «Plan E»

«O “Plan E” debe ser o maior esforzo propagandístico de toda a historia do estado español. Nunca antes debeu de haber tantos letreiros tan caros en case tódalas ruas das vilas deste país.»

«Poderíamos facer unha lista das cousas que precisan antención e mellora en España: a investigación científica, a innovación tecnolóxica, o coidado do medio ambiente, o ensino, a administración de xusticia… por iso, que nun escenario de crise, a maior oportunidade atopada polo estado para sair desta sexa repartir cartos entre os concellos para que levanten as aceras e as volvan a poñer é patético. Pero aínda se pode facer unha lectura máis pesimista, xa que ningún partido político con opcións reais de gobernar ofrece unha iniciativa alternativa, nin os medios de comunicación xerais, nin os colecivos sociais con acceso a estes medios… O panorama non é moi alentador.»