Dia mundial contra a violencia de xénero.

Unha breve reflexión para o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Había un chiste no que un viaxaba a México e os homes dicían «aquí somos todos machos, pero que muy machos» tan insistentemente que o paisano acaba respostándolle «pois alá somos a metade machos e a metade femias, e non vexas o ben que o pasamos». O chiste en cuestión leva uns poucos días dándome voltas na cabeza, dende que vin na tele o anuncio dun país do entorno pérsico no que todo era moi de manual, con exotismo, tradicións, sorrisos, negocios… ata que rematou e me din conta de que, en todo o spot, só saíra unha muller, enfocada de pescozo para abaixo, vestida de negro (os machos ían todos de claro) e levando uns cativos pola man. «A min non me gustaría vivir nese país», foi a sensación que me quedou despois de ver o anuncio.
O mundo é moito mellor se as mulleres están presentes. Chámase ser «complementarios», a esa relación entre dúas partes diferentes na que unha cubre as carencias da outra, e todo o mundo sabe que unha muller ve inmediatamente cousas que vinte homes poderíamos ignorar de por vida… e viceversa. Así pois, como home, síntome mellor nun entorno en que as mulleres achegan a súa parte ó proxecto común da sociedade, e síntome na obriga de facer canto estea nas miñas mans para que ninguén estea por debaixo de ninguén, neste sistema no cal as dúas partes suman máis que o dobre dunha soa. E o primeiro por facer, no meu criterio, é declarar que o cabrón empeñado en someter a unha muller é un inimigo de toda a sociedade e non merece máis que o rexeitamento e a humillación públicas, e por parte de todo o mundo, porque -sempre no meu criterio, e arriscándome a contravir certos canons- non existe tal cousa como a «violencia contra as mulleres», senón violencia contra persoas, e persoas somos todas e todos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/11/25/dia-mundial-contra-a-violencia-de-xenero/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.