De exames e políticos.
«Cando se fai un exame, analízase minuciosamente cada pregunta do profesor, para concretar o significado da mesma e intentar que a resposta se achegue o máximo posible ás súas espectativas. Cando un político recibe unha pregunta, móvese na dirección oposta, tratando de buscar o eido máis abstracto posible no que teña sentido esa pregunta e responde dende esa abstracción.
Non é fácil de facer inconscientemente, e so se me ocurren dúas hipótesis para explicar a casualidade de que na clase política se concentren tantas personas con esa facultade: ou llo ensinan en cursiños, ou “saber zafarse” é unha condición indispensable para adicarse á política.»
En calquera caso, os cursiños son do máis doado, correspondendo co nivel intelectual do conxunto. Se un se fixa, abonda con alegar, diante dunha pregunta molesta, descoñecemento (pues la verdad es que no he podido leerlo en la prensa) á espera de que un tipo nunha covacha prepare o chamado “argumentario”, compendio igual de estúpido que a primeira resposta pero que a base de repeticións chega a soar ata normal.
(Joder, e van tres veces que me equivoco de serie numérica co puto antiespam, se me desculpa o exabrupto)
Comment by eSedidió — October 28, 2009 @ 8:39 pm
Desculpado está. O problema está en que, se quito a opción dese antiespam, temo que se puña o que traía por defecto, que consiste en outra pasar por outra ventá a darlle ó captcha despois de darlle a “Say It!”, e que daba aínda máis problemas porque algunha xente non se percataba de que “aínda quedaba un trámite” e perdíanse os comentarios. Se lle sirve de alivio, eu equivócome unha de cada catro ou cinco veces que escribo un antispam.
Sobre a materia, o peor deses argumentarios é que o tipo da covacha xa non se mata moito e tira sempre do mesmo. “Tolerancia cero”, “máxima firmeza”, “estamos trabajando”… sempre as mismas frases.
Comment by F. Miguez — October 29, 2009 @ 6:54 am
Se “saber safar-se” for condição indispensável, caro Miguez, então é porque o processo da seleção “natural” dos políticos (por escolha dos seus colegas de partido e pelos voto dos eleitores)elimina quem caia no “erro” de ter um discurso diferente.
A meu ver, esse é o aspecto mais preocupante da política nos países democráticos: dizer a verdade (no sentido de dizer o que se pensa realmente e por que razão) todo o tempo e a toda a gente não compensa nem em tempo de exposição mediática (até porque demora algum tempo a desenvolver ideias e fundamenta-las) nem em ganhos eleitorais.
Sem querer ser pessimista (em Portugal, dizemos “velho do Restelo” que é uma personagem dos Lusíadas que assiste à partida das naus de Vasco da Gama para a Índia juntamente com muitos outros, e, contra corrente, prevê más consequências para o país resultantes do investimento nas Descobertas, nos caminho das Índias, etc), a verdade é que não enxergo razões para me animar. Felizmente, por natureza sou optimista e acredito na massa crítica duma sociedade que tenha blogues lúcidos e críticos como o Apunta.
um abraço
Comment by pepe — October 30, 2009 @ 10:40 am
Os políticos saben de sobra que a meirande parte da poboación deste país tan só se interesa un pouco pola política cando hai eleccións , polo tanto ata ese momento teñen que ir tirando e zafando sen exabruptos de posible prensa amarela . A frase de ” es que nos toman por tontos ” pasa de ser coletilla a seren unha verdade incontestable , cando de feito o somos.
Comment by crise Seldom — October 30, 2009 @ 6:05 pm
Voume quedar con un rasgo común de ambos comentarios. A brevedade, nos medios, e na atención da xente. Efectivamente, se houbese máis tempo para preguntas incómodas, para reflexión e para debate (debate, non partido de pin-pon entre forofos de A e B) tal vez resultaría máis difícil poñer en práctica esa táctica do zafado.
Comment by F. Miguez — October 30, 2009 @ 8:15 pm
nos cursillos de político lles ensinan frases feitas que valen pra todo:
“me alegro mucho que me haga esa pregunta, porque precisamente mi partido está trabajando ahora mismo en una respuesta contundente que priorice las necesidades que la gente demanda de una manera eficiente, coordinada y satisfactoria”.
http://nosquedaportugal.blogspot.com
Saúdos.
Comment by caralladas76 — November 3, 2009 @ 5:48 pm
¡Que boa esa!
Comment by F. Miguez — November 3, 2009 @ 7:07 pm