Transfugismo.

«O transfuguismo non é máis que a aberración extrema dun sistema electoral incoherente. Incoeherente porque o elector vota a unha lista para que o represente, mentres que o cargo de representación vai ser ocupado por unha persoa, independientemente da súa posterior adscripción a esa lista. A solución é fácil: ou se votan listas abertas, e cada representante electo pode facer co seu cargo o que considere lexítimo, ou cada cargo queda a disposición do partido que lle corresponda, e ese partido decide que persoa o ocupa no curso da lexislatura. Personalmente, inclínome pola primeira, pero calquera cousa é mellor que un sistema incoherente.»

19 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/10/15/transfugismo/trackback/

  1. Eu son totalmente a prol de listas abertas e ausencia total do paso previo da elección a dedo dentro da disciplina de partido. Cada representante debería ter o dereito a presentarse cando o considere oportuno sen necesidade dunha grande infraestructura partidaria e debería ter a obriga de respostar individualmente polas súas obras perante os que o elixiron.

    Comment by xmcarreira — October 15, 2009 @ 6:27 pm

  2. Totalmente de acordo. Non existe unha razón seria que xustifique a obriga, para calquera persoa, de estar imperativamente adscrita a un partido político para poder optar a representar ós seus veciños nunha administración.

    Comment by F. Miguez — October 16, 2009 @ 9:21 am

  3. Pois eu non termino de velo claro. Por unha parte, se o mandato non é imperativo e os representantes (concelleiros, deputados…) só se deben a si mesmos, iso abre a porta precisamente a esta indecencia de quitar e poñer alcaldes a golpe de talonario. Pola outra, se o que se quere é que os concelleiros ou os deputados respresentan directamente aos seus administrados, á marxe ou fóra das estruturas dos partidos, o sistema debría ser o de elección por distrito dun deputado á maneira británica, o que á súa vez leva á representación maioritaria e non proporcional. Neste país, e á vista do que ocorre co senado, teríamos unha situación de amplísima maioría do PP, o que non responde á realidade sociolóxica. Repito: non o sei, e conste que falo a priori dende unha perspectiva case hostil en relación cos partidos políticos.
    PS. Teña piedade cos vellos, amigo Miguez: cada vez é máis difícil ler os numeriños do antispam :-)

    Comment by eSedidió — October 17, 2009 @ 7:38 am

  4. Perdoe a demora na resposta, eSedidió.
    Certamente, debe de ser pouco menos que imposible deseñar un sistema sen pegas. En calquera caso, co sistema actual xa se da o fenómeno do talonario, a diferencia de incorporar as listas abertas é que se Fulano de Tal se mete a cambiachaquetas, eu tería oportunidade de non volver a votalo nunca máis, como tampouco votaría a Mengano, na lista máis afín ó meu pensamento, porque sospeito da afinidade que poida ter cos ideas que di representar.
    Sobre o antispam, eSedidió, lamento dicirlle que non teño control del. Eu xuraría telo desactivado de raíz, e de feito a min non me sae cando abro a páxina de comentarios, pero parece que aínda anda por ahí nalgunha ocasión.

    Comment by F. Miguez — October 19, 2009 @ 10:30 am

  5. Entendo que unha cousa é a apertura de listas con candidatos patrocinados por partidos pero que non necesariamente precisan contar cun partido que os respalde e outra moi distinta é a aplicación dun sistema chanchulleiro pro-maiorías tipo D´Hont ou imperial.

    De feito o complexo sistema alemán de dobre voto é personalista (pódese premiar aos condidatos favoritos), proporcional (non tende a formar maiorías artificiosas), sendo a maioría dos governos resultantes de coalición, e leva funcionando case sen reformas desde os 50s.

    Comment by xmcarreira — October 19, 2009 @ 6:05 pm

  6. Deume vostede nunha fibra sensible. Eu non lle sei moito dos sistemas europeos, pero se hai algo que me chama a atención é cómo na maioría de eles gobernan coalicións de partidos, a veces distantes ideolóxicamente, dándolle así posibilidade de represantación no goberno a todas as opcións, inclidas as minoritarias. Que envexa.

    Comment by F. Miguez — October 20, 2009 @ 8:27 am

  7. Pois abofé que tes un antispam do máis psicodélico.

    Comment by xmcarreira — October 20, 2009 @ 1:37 pm

  8. Andiven a argallar un pouco no mecanismo, díganme se o antispam persiste ou non.

    Comment by F. Miguez — October 21, 2009 @ 6:53 am

  9. Ben, dado o colapso, vouno volver poñer como estaba hasta novo aviso.

    Comment by F. Miguez — October 22, 2009 @ 8:42 am

  10. Recoméndolle vivamente que faga un curso acelerado de guïndous ou de linus ou do que sexa. Seica hai uns ben chulos en CCC.
    Ou no seu defecto que ameaze de morte ao deseñador do antispam.

    Comment by eSedidió — October 22, 2009 @ 8:51 pm

  11. Moitas veces levo eu tamén cavilado neste tema. Só teño claro que votar a toda unha lista non representa a ninguén, e que os pacto de antitransfuguismo non son máis ca demagoxia que non lle interesa -polo visto- a ningún político.

    Comment by A Lareira de Santiso — October 28, 2009 @ 11:45 am

  12. O certo é que os “virachaquetas” foron de sempre un fenómeno político en España.

    Comment by F. Miguez — October 29, 2009 @ 6:46 am

  13. Témome estar dacordo con eSedidio e xa postos con xmcarreira na sua primeira e sobre todo segunda opinión.
    Non se me lie, calqueira solución lóxica,como ben sabe ten, a sua negación e neste caso considero que o mello é o criterio conservador de “mellor é deixalo como está” (conservador, non dos conservadores). Coa incultura política xeneralizada e ensaltada polos “media” que existiu sempre e que continuará o noso pesar,¿a quen cree vostede que elixirá o público (que non os ciudadans), o mais guapo, o que teña mais cartos para salir nos medios ou o mais honesto e responsable?.

    Comment by alvarez — October 29, 2009 @ 3:32 pm

  14. Entón, nese caso, deberíase eliminar o “factor humano” das listas e facer que os escanos obtidos nunha votación sexan desa lista, sen a posibilidade de que un representante poida usar ese escano en beneficio de outra lista, que é o que coñecemos como transfuguismo.
    As súas reticencias están ben fundadas, e compártoas, pero ó mesmo tempo estamos a ver cómo, cada vez máis, os cidadáns teñen menos peso na política fronte ós partidos, que moven moitos máis medios e cartos que calquera candidato individual, razón pola cal, a pesares de concordar con vostede, insisto en defender as listas abertas.

    Comment by F. Miguez — October 30, 2009 @ 8:12 pm

  15. Fai ben en insistir e llo agradezco pero permítame insistir tamen no argumento de “deixalo como está” porque vexo, corrixame se estou errado, que vostede ten mais querencia polo chamado “factor humano” que polos partidos politicos. Si é asi, pareceme moi ben e comparto a sua opinión pero, sempre hai algún pero, na balanza dos argumentos, recordolle que os partidos estan formados por ciudadans e que en calqueira tipo de organización human, os ciudadanos interesados en algo únense e polo tanto forman partidos ou como eles gosten de chamarse (como algo curioso e non único os galegos temos un dos nosos partido que esta formado por cinco ou seis partidos e tamen por organizacións de non adscritos o resto de ese partidos e para mais coña entre todos eles non suman nin catro mil). Polo tanto e resumindo, si o factor humano pero cando teño a ben depositar o meu voto desconfiado e desilusionado non quero que sexa a menganito ou menganita, prefiro que a decisions posteriores sexan mancomunadas, porque iso si, eu polo menos nunca votarei a un partido no que mande un e os demais a calar, como cando gobernaba o noso presidente Iribarne ou o simpático de Josemari. Un saudo.

    Comment by alvarez — October 31, 2009 @ 3:09 pm

  16. Eu plantéxollo doutra maneira, sen que pareza que pretendo convencelo de nada, senon por manter vivo o debate. Centrémonos no ámbito municipal, no que se dan normalmente os casos de transfuguismo, e nos que é máis fácil coñecer persoalmente ás persoas das listas, e plantexemos dous escenarios:
    1.¿Qué pasa se o/s partido/s que máis se achega/n ó meu pensamento presentan listas encabezadas por persoas con unha traxectoria persoal coa que me suscitan fortes desconfianzas, ou rexeitamento expreso? ¿Delego a miña representación nesas persoas? ¿Voto por outro partido, aínda que a súa doutrina choque coa miña? ¿Non voto?
    2. Imaxinemos que vivimos no mesmo Concello, que eu o coñezo e atopo en vostede unha persoa na que me gustaría delegar a miña representación no pleno municipal (vamos, que quero que sexa vostede o meu concelleiro) ¿por qué non podo escollelo a vostede se non ten un partido político detrás?
    Non paso por alto a súa defensa das decisións mancomunadas, e comparto esa sensibilidade, como defensor do asamblearismo participativo, pero lograr que este chegue ás administracións implicaría un cambio tadavía máis fondo (que non por iso menos necesario) do sistema político.
    Unha aperta.

    Comment by F. Miguez — October 31, 2009 @ 3:48 pm

  17. Gracias pola resposta e, por suposto, ¡valjame dios! eu tampouco intento convencelo de nada.
    Eu como son vigues (unha desgracia como outra calqueira) non comocin nunca personalmento polos que votei. Das referencia que me deron tanto familiares como amigos, xa fai moitos anos que non me fio, basicamente por aquelo de que mais sabe o diabo por vello que por demo. Básicamento non me fio min de min mesmo polo que dificilmente confiarei nunca en ninguen. Polo tanto personalmente como comprobará non teño esas dúbidas razonabes e razonadas que invoca no seus puntos un e dous.
    Ainda asi permítame decirlle que sobre o asunto do que tratamos que é a delegación personal das nosas decisión sobre o “asunto público”, no fondo, e por desgracia ou sorte, non son tan importantes como en principio parecera e explícome; Vivimos nunha democracia parlamentaria basada no voto individual libre e secreto. Sei que ista afirmación ten moitos peros pero básicamente é incuestionable no 90% dos casos. O seu voto e o de todos suma igual que as motivacións dos distintos votos que forman ese sumando. Non sei se concordará conmigo pero a miña experiencia directa é que incluso os que votos para as opcións que distitamente e o longo de iste 30 anos de eleccións fun realizando, dos amigos, coñecidos e familiares que dixeron que votaron igual que eles foron por motivos as veces diametralmente distintas as razon que me levaron a esas opcións. Dito de outra mameira, deume noxo pensar que habia xente que vota o que eu votei polas razon que eles esgrimiron. E sumaron igual.

    Comment by alvarez — November 1, 2009 @ 3:31 pm

  18. Polo tanto, se as razons para votar a unha opción son tan distintas e tódalas válidas porque suman, xa me dira votede que importancia lle dou a quen personalmente as representa, ainda que sei que pareceser que para moitos isa é una opción principal, moitos votan por como lle cai o cantidato e non o que representa, cousa para min inaceptabel.
    Outro argumento que pesa en min dende fai moitos anos é que os meus adversarios nas ideas políticas que considero menos malas e no obxetivo que para min é o meu Norte, a soberania nacional galega, enténdase soberania na sua mais amplia e difusa acepción, pois o veciños e conpatriotas meus que votan as moitas e variadas opcións que representan o contrario de ise “sacrosanto” principio, sei positivamente porque a eles non os considero errados nos seus plantexamentos se os teñen, pois sei que tanto lles ten que sexan os dirixentes de esas opcións, que represente o longo dos anos os diferentes equipos directivos de esas franquicias na nosa terra e como ian peiteados e cal foi o seu pasado e as ideas que explicitamente decian que ian implantar: os meus amigos, familiares, conocidos e veciños lles trai o pairo: ele votan a franquicia que polo seus válidos motivos, votan. Tendo eu ese convencemento empírico paréceme “el chocolate del loro” o jicho ou jichiña que vai nas litas que toque esa temporada votar, sempre e cando por su posto e como vostede dí o fulano-a en cuestión sexa un impresentable (cousa que polo de agora non me sucedeu).
    Por outro lado pensa como eu no asamblearismo participatico, o cal alédame pero, malditos peros, xa fai tempo que a ese concepto so lle poño unha pega, sempre que sexa asamblearismo participativo de verdade, que o participativo non sexa unha etiqueta e que participen TODOS e por IGUAL os involucrados. Se non é asi, a miña triste experiencia, e podo aseguranlle que algunha tiven é que o final ese xeito de organización e unha manipulación como a democracia que nos tocou, por sorte, viver nestes 30 últimos anos.
    Un saudo e perdoe pola extensión.

    Comment by alvarez — November 1, 2009 @ 3:32 pm

  19. A extensión é benvida, alvarez, cando reflexa reflexión. Para breves xa están os que non teñen que decir. :D

    Comment by F. Miguez — November 3, 2009 @ 7:13 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.