Revista de prensa.

Estaba predito que o Proxecto de Fin de Carreira era, facendo un símil bélico de eses que a min tanto me gustan, o último sprint na terra de nadie académica para chegar ás alambradas do inimigo; póñanse vostedes na situación dun gastador de infantería cortando os arames dunha trincheira e entenderán que o símil ven pola necesidade de concentrarse moito na tarefa antes de que a oportunidade se perda. Confío xutificar así que este blog estea atendido de xeito pouco regular, pero en ningún caso abandonado. Hoxe, nun respiro, teño ganas de facer algo que facía bastante cando empecei a apuntar, para non o esquecer: reflexións rápidas sobre varias novas dos últimos días.

Os non-xogos olímpicos de Madrid. A posteriori, parece fácil facer unha crítica do que pasou, pero polas circunstancias antes referidas… aquí a vai. Eu non apoiaba a candidatura de Madrid 2016, nin ningunha outra en España, por tres motivos. O primeiro, porque son un defensor a ultranza do deporte pero, por moito que se empeñaron os representantes políticos, non conseguiron convencerme de que a súa motivación fose precisamente aumentar a vocación deportiva da sociedade. Segundo, porque se verdadeiramente esa fose a súa vontade, en lugar de gastar de golpe e porrazo os cartos que custa unha olimpiada ben poderían investir en instalacións deportivas ou, mellor aínda, en eliminar as cuotas que se pagan por usar esas instalacións. Terceiro, e na mesma liña, está que agora alguén debería rendir contas, e asumir responsabilidades, polo custe de toda a maquinaria propagandística que se despregou para unha candiadatura que estaba perdida de antemán, pois todo o mundo sabe que o COI non fai dous xogos olímpicos consecutivos no mesmo continente. Obviamente os políticos tamén teñen unha «olimpiada» cada catro anos e non poden queren facer axenda alén desa barreira, por aquilo do protagonismo individual, pero polo menos quedounos a ledicia de que, por unha vez, aparcaron a cansina rutina de «si PP dice blanco PSOE dice negro y viceversa».

A campaña de control de neumáticos. Por ahí debían ter empezado, pero non podo menos que aplaudir esa iniciativa da DGT, se acaso criticarlle que non sexa una medida tan permanente no tempo como os radares. Sen ir máis lonxe, o oito de maio, en Arcade, un camión embestiume por detrás ó frear ante un repartidor cruzou sen mirar (as consecuencias foron mínimas). O chófer dixo ter freado a tempo, mais que o camión non se detivera na distancia. Tiña as rodas nos alambres. Honestamente, coido que non hai moito que escribir sobre isto; toda a xente que algunha vez tratei con neumáticos en mal estado por desgaste excesivo era perfectamente consciente da situación, do risco que supuña, e non o remediaba por aprazar os cartos dun cambio de rodas. As consecuencias pagámolas todos.

Fenómeno OVNI en Galicia. Non me deixa de facer gracia ter descuberto o vídeo que aquí colgo apenas un par de días despois da noticia da Voz enlazada no título do epígrafe. Eu estaba no Burgo ese día e a esa hora pero non me enterei de nada, aínda que tampouco me amola. En calqueira caso, os avistamentos de ovnis en Galicia corresponden a outra forma de intrusismo cultural como a do Halloween. Aquí, tradicionalmente, o que se viron sempre son entes do outro mundo, algo de bastante máis rango que as visitas dende outros planetas. :D Se non o coñecen, desfruten do vídeo, debo recoñecer que a primeira vez conseguiron crearme unha sensación de desacougo que non me dan outras películas.


9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/10/03/revista-de-prensa/trackback/

  1. Unha precisión: os que cortan os arames de diante das trincheiras son zapadores, non gastadores de infantería. Os zapadores pertencen ao grorioso corpo de Enxeñeiros.
    Asdo. eSedidió. Ex-cabo de zapadores :-)

    (Aquí o que falta é moita mili)

    Comment by eSedidió — October 3, 2009 @ 7:09 pm

  2. eu tamén me preguntei por que a DGT non entrara nunca a controlar o dos neumáticos vendo como van algunhas rodas pola estrada adiante. supoño que todos os condutores temos un incidente semellante ao que contas.
    No de Madrid que dicir! non apoiei que nos racaneen infraestruturas que pagamos cos nosos impostos para que catro colegas se peguen a dolce vita a costa das necesidades deste país

    Comment by Henrique — October 4, 2009 @ 4:11 pm

  3. Pode ser que me engane eSedidió, pero os gastadores tamén eran, dentro da infantería, os primeiros en chegar ás posicións inimigas e abrirlle a entrada ós resto. Non é que foran especilistas de nada, so ían con unha machada para romper o que hubera polo medio (a segunda acepción no enlace que lle puxen ó concepto). Da mili, a min é que ma quitaron antes de que fora.
    Henrique, dolce vita explícita e implícita, tanto en ceas, cocktails e siguientes, como a que se poidan pegar ó día seguinte coas sobras que leven para casa… por dicilo dalgunha maneira.

    Comment by F. Miguez — October 5, 2009 @ 6:06 am

  4. Egoistamente, teríame gostado que as olimpiadas rematasen en Madrid: eu tería choio de enxeñería estructural garantido ate 2016. Honestamente, coido que a un país tropical viralle mellor a oportunidade de infraestructuras e vender marca de país e marca de cidade do que aunha cidade xa madura como Toquio, Chicago ou Madrid.

    Vou ter, pois, que ir afinado o meu portugués con sotaque brasileiro se quero chantar os dentes nalgún proxecto olímpico.

    Comment by xmcarreira — October 5, 2009 @ 7:52 am

  5. Os gastadores servían para ir facendo o chorras nos desfiles, cunha paliña desas da praia. Fágame caso, que como dicía José Sacristán nunha peli dos 60: “..porque yo serví en zapadores, y los zapadores, matamos” :-)
    (a todo esto, non sei que carallo se me ten perdido a min neste conto, se o aborrezo :-) )

    Comment by eSedidió — October 5, 2009 @ 2:43 pm

  6. Mendinho, como pode apreciar, de deporte non falamos nada, e por ahí ía a miña observación. Lembro un artigo seu sobre o reintegracionismo que tal vez lle sirva de algo :D O que vale sempre ten choio.
    eSedidió, non desista agora, que xa case me ten convencido (o que pasa é que coido que xa son un pouco vello para a mili).

    Comment by F. Miguez — October 6, 2009 @ 5:52 am

  7. Concordo contigo no tema das olimpiadas.Xa se te botaba de menos.

    Comment by A Lareira de Santiso — October 7, 2009 @ 5:12 pm

  8. Xa, pero aos reintegratas chámaselles lusistas e non brasileiristas por algo. Vai estar fodido meter dente en Río.

    Penso que na actualidade nada ten a ver o deporte cos xogos olímpicos como nada ten a ver o deporte con Alberto de Mónaco ou a CocaCola, supoño.

    Comment by xmcarreira — October 7, 2009 @ 6:22 pm

  9. Gustoume o video do ovni. E mais real que o control da garda civil !.

    Comment by paideleo — October 7, 2009 @ 8:33 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.