A mentira da «Alternativa a Rande».
Esta é a solución ó xogo que plantexei o outro día, un artigo sobre cómo nos meten os dedos nos ollos.
A situación, tal e como sabe todo o mundo no entorno de Vigo, e no resto de Galicia, é a seguinte:
Con máis de 50.000 vehículos diarios, o treito da AP-9 que abrangue a Ponte de Rande e a entrada en Vigo está saturado. Iso implica tráfico denso e grandes retencións en caso de accidente ou en días sinalados como ese domingo que fai calor e todos os vigueses fuxen de Samil cara as praias do Morrazo.
Para solucionar isto, barállase como solución principal a construción de unha nova autovía, libre de peaxe, entre Pontevedra e Vigo. O que se plantexa, na práctica, é unir a futura A-57 (Pontevedra - A-52/Ponteareas) co acceso Sur de Vigo, máis exactamente coa entrada da AP-9 en Peinador, mediante outra nova autovía para a cal o Ministerio de Fomento barallou catorce trazados posibles, escollendo un que empeza en Vilaboa e transcurre paralela e próxima á A-57 hasta pasar Redondela.
Observando os mapas que publiquei o outro día, un pode apreciar sen apenas esforzo que, sen prexuízo de outros, o obxectivo de aliviar o colapso de Rande non se cumplirá xamais, fágase a autovía ou non se faga. Compre insistir en que tales mapas son capturas de pantalla do pdf publicado polo propio Ministerio na exposición pública do estudio informativo, por tanto, información oficial e pública, nada que eu «me currase» para ilustrar unha conclusión miña propia. Os mapas repítoos hoxe, ó final deste artigo, xunto cos das outras trece alternativas, como extensión do xogo proposto, a ver se descubren vostedes cal é a alternativa que realmente pode solucionar a conxestión de Rande.
Con todo isto aclarado, atopámonos ante dúas observacións extremadamente incómodas:
A segunda, é que moitos medios de comunicación galegos levan tres anos a falar da «futura autovía alternativa a Rande» alegremente, incluso con editoriais que esixen a urxencia do proxecto para aliviar os atascos antes referidos. Obviamente, poderíamos estar diante dun caso de falta de rigor profesional, ó publicar informacións sen documentarse suficientemente sobre elas, pero a cousa é un pouco máis grave cando, a principios do ano 2008, a Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela lle achegou estes mesmos datos a algúns dos medios citados. Non vou poñer ningún enlace porque, nesta tesitura, sinalar co dedo paréceme pouco elegante. Se alguén non me cre, que se poña en contacto comigo (apuntablog@hotmail.com) e enviareille os links oportunos.
A primeira, e máis importante, é que, aproveitando a propaganda e confusión espallada polos do punto anterior, o Ministerio de Fomento vai fundir 280.000.000€ (douscentos noventa millóns de euros, uns cincuenta mil millóns de pesetas, 223 na obra e 60 en expropiacións) nunha obra básicamente inútil. Porque doutras cousas, como a desconxestionar o tráfico de Redondela, tamén podemos falar canto queiran.
Tal vez a ningún, ou a poucos de vostedes, lles importe nada que esa autovía, coas súas trincheiras de vinte metros de profundidade, vaia escarallar o lugar no que eu vivo. Así que pensen no que o seu país podería facer por vostedes con eses cartos… e lémbrense disto a próxima vez que vaian abrir un xornal.
Parabéns a quen acertou
De feito, estaba eu a trabucarme e confundir esta autovía “alternativa a Rande” co estudo informativo da A-57 que en teoría propuña o paso por Curro, Pazos e SoutoMaior.
http://es.wikipedia.org/wiki/Autov%C3%ADa_A-57
Para ver o mapa da A-57 poden visitar
http://www.urbanity.es/foro/infraestructuras/13347-autovia-57-autovia-pontevedra-vigo.html
Concordo no fundamental coa análise.
Comment by xmcarreira — September 22, 2009 @ 9:30 am
O mapa que adxunta é correcto, aínda que, polo de agora, aínda non é oficial que a conexión cara a Vigo vaia a ser A-9.
Fíxose unha mestura terrible nos medios, e por iso hai moitas confusións; non sei como tratan outras infraestruturas (e outras polémicas), pero sobre esta, a excepción de algún xornalista moi concreto, prima a desinformación sobre tódalas cousas.
Celebro que concorde coa análise, para min, a súa opinión era unha proba de lume.
Comment by F. Miguez — September 23, 2009 @ 7:24 am