Foliada ‘09, Redondela.
Esta fin de semana celébrase en Redondela a Foliada ‘09, un festival de intercambio entre Galicia e Catalunya que se vai organizando cada ano nunha vila galega ou catalana alternativamente.
O festival está cargadiño de actividades de todo tipo. Talleres de reciclaxe, de reparación de bicicletas, de xabón artesanal, xogos populares, feira de artesanía, de produtos locais, de produtos ecolóxicos… e festa, moita festa.
Tedes o programa completo da fin de semana na páxina do colectivo redondelán Millo Verde, e estou por apostar a que é imposible non atopar unha soa actividade do interese de calquera, así que xa vos podedes dar por invitados a cair por esta vila dende este venres. Se volo conto o luns, non vos vai servir de nada.
