Carraxe de Galicia dende Cantabria.
Veño de pasar dous días en Cantabria, e veño de moi mal humor. Explico por qué con un exemplo: Comillas é unha pequena vila da costa cántabra, con preto de 2500 habitantes en 18.6Km2, e ocórreseme comparala con Pontedeume, Betanzos, Padrón, Mondoñedo, Tui ou Baiona, todas elas vilas máis grandes (en poboación e extensión dos seus concellos) e todas elas vilas con unha traxectoria histórica que eu considero equiparable á da cántabra (corríxanme se me engano).
O feito de que unha vila máis pequena que Betanzos teña unha ordenación urbana e un grado de conservación que MEXAN POR ENRIBA de cidades como Santiago de Compostela ou Lugo que, a diferencia de Comillas, contan con elementos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, faime desexar un proceso equiparable ós xuízos de Nürmberg para todas as personas que tiveron algo que ver na arquitectura, o urbanismo e a ordenación do territorio galegos nos últimos 30 anos, dende os presidentes de Xunta hasta o máis patán dos empresarios do ladrillo.
amigo, non mires para os pobos extremeños e casteláns que manteñen intactos e vivos os seus cascos vellos, non mires os museos andaluces. fai como todos os galegos e pensa nos cartos que gañan na costa valenciana. non vaias a portugal nen comprobes a adoración mesiánica que teñen co seu patrimonio ou pensarás que galiza non merece a ningún dos galegos que viven nela. non penses na industria cultural catalá, di que queres a torre akbar en coruña e as torres xemelgas en vigo.
basta sair de aquí un día para decatarse de que somos paco martínez soria e de que buñuel morreu hai anos, almovodar é un hortera e chano piñeiro o nome dun premio.
Comment by pablo gonzalez — August 31, 2009 @ 9:57 pm
Probabelmente Cantabria e Euskadi sexan do mellorciño en ordeación territorial. De feito só coñezo unha autonomía cun planeamento urbanismo e territorial mesmo ben peor que o da Galiza que é o da Rexión de Murcia.
Comment by xmcarreira — September 1, 2009 @ 7:37 am
Debe de ser que aínda non me afixen á volta ao curro, pero insisto en que a este país non lle viña mal o emprego do caterpillar, a dinamita para pulverización de escombro e unha campaña de reeducación maoista para os resultantes. Non temos remedio, e non dende os últimos trinta anos, senón os trescentos.
Comment by eSedidió — September 1, 2009 @ 10:42 am
Moita idea non teño do tema, pero só ir a unha mámoa ou ós restos dun castelo (coma o castelo da rocha vella por exemplo) e velo todo coma se fosen catro pedras mal postas, coas herbas crecendo por riba e todo feito unha merda, dame unha idea do pouco aprezo que lle teñen algúns ao noso patrimonio.
Comment by Alodia — September 1, 2009 @ 6:47 pm
Conta co meu testemuño neses xuízos de Nüremberg.
En Betanzos veñen de tirar a casa máis antiga da cidade, do século XV e o certo é que alguén (creo que Manuel Rivas, mais non estou seguro) dixo que os betanceiros eramos especialistas en desmantelar o noso patrimonio, e razón non lle falta. Por desgraza neste paisiño noso casos coma Allariz seguen a ser unha honrosa excepción.
Comment by Henrique — September 1, 2009 @ 7:20 pm
O certo é que si debemos mirar como fan os outros, e non pensar que somos os únicos listos da parroquia, cando os feitos (feitos económicos e sociais) revelan o contrario; e polo que parece, efectivamente é o Norte de España e Portugal onde primeiro poderíamos mirar.
Caterpillar e dinamita xa están poñendo abondo co AVE, Eixo Atlántico de A.V., Portos Exteriores etc. Veremos se iso arregla o problema. Eu daba cun canto nos dentes con que lle aplicasen so a edificios con sentencia de derrubo no xulgado.
Alodia, o caso do patrimonio merece mención aparte; atrás quedaron tempos en que as mámoas se escachaban para facer postes da viña e déronlle paso a tempos en que se escachan para, por exemplo, a Autovía Transcantábrica. Aínda que a mona se vista de seda…
O caso de Betanzos, ata onde eu coñezo, é paradigmático de Galicia toda. Xa quixeran para si moitas cidades un casco histórico e un Pasatempos como o voso, ou un val Mandeo arriba como o voso, e parece que moitos estarían dispostos a regalarllo se o viñesen a buscar.
Comment by F. Miguez — September 2, 2009 @ 8:24 am
Tampouco é cousa de comparar un Ferrari cun Seiscentos (aínda cos dous teñan rodas)?
Fuches a visitar a Xoia da Coroa (Villa de Arzobispos) lugar de recreo para nobleza e alta burguesía do decanove, e sede da Universidade Pontificia de Comillas -logo en Madrid- fundada nada máis e nada menos que polos Xesuítas (ollo!)
En fin… que Comillas é un Ferrari… e Baiona (home senon é un seiscentos) será un Seat 1500 ?
http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:El_Capricho_JPG.jpg
Pero se falades de desprezo polas nosas cidades, eu vivo nunha que non se sabe ben porque se lle sigue chamando Cidade ? Por moitos 300.000 habitantes que teña… é o cú do mundo do Urbanismo!
Hoxe rematamos o Mural Denuncia de Setembro invítovos a comentar as fotos, serán enviadas este sábado ao Concello e á Prensa… (prudencia e ironía é a mellor receita penso!)
E sobre todo PACIENCIA… moita Paciencia hai que ter cos responsables de todo isto…? Saúde.
http://www.flickr.com/groups/vigodenuncia/
Comment by Erasmo — September 4, 2009 @ 8:15 am
Ollo, non te confundas: Eu comparo unha vila máis pequena que Baiona (Comillas) con Santiago de Compostela, que sae nas monedas de Euro españolas, ou con Lugo e a lamentable estampa que se ve dende boa parte da súa muralla patrimonio da humanidade segundo a UNESCO.
Sobre a cidade na que vives, creo que non é cousa de paciencia, senon de desenmascarar ós culpables. Nalgún ano, Vigo ten sido a cidade de España que máis Porsches matriculou, e iso como botón de mostra e é das poucas onde existe concesionario Ferrari-Maserati… porque hai un mercado para esas marcas. Explico isto porque hai varias preguntas que facerse sobre a actividade económica e política, que todo vai xunto, desta cidade comparada con outras.
Comment by F. Miguez — September 5, 2009 @ 12:40 pm