Sobre os toros.
Catro aforismos propios a sobre os toros en Galicia (e en xeral).
«Na miña cultura, o gando, e sobre todo o vacún, é unha parte da familia. Os meus avós choraron cando a última vaca subiu ó camión do tratante. Eu non o vin (estaba na Coruña), pero aínda me emociono cando lembro a miña avoa contándonolo, e describindo as bágoas do meu avó. Esa actividade na que os señoritos contemplan o martirio duns animais que para outros eran o pilar da supervivencia pertence a unha cultura que me queda máis lonxe que os lapóns ou os masai.»
«Respeto a liberdade de cada un, mentres haxa normas legais ou sociais que llo permitan, pero unha persoa que disfruta dun espectáculo baseado no sangue e a morte, se poña como se poña, é cruel e sádica. Tal vez os toros teñan un lado positivo, o de permitirnos saber que vivimos nunha sociedade chea de persoas crueis e sádicas, capaces de disfrutar co sangue e a morte, e saber quen son esas persoas para manternos afastados de elas.»
«Con todo, o peor e máis noxento é esa xente a quen os touros e o espectáculo lle dan igual pero asisten á praza a lucirse, a sentirse señoritos, ou, xa dentro do vomitivo, certos persoeiros públicos (falamos de Galicia) que só persiguen saír na foto do xornal, e para iso non lles importa que haxa sangue e morte de por medio.»
«Se mirar como unha cuadrilla de tipejos se adican a espichar chuzos nun animal ata que morra é cultura, a min podes chamarme ignorante.»
P.D. Aclaratoria: Cando digo «sangue e morte» non me refiro exclusivamente ó martirio dos touros, senón que pretendía englobar tamén o referente ós toureiros. Logo estou a criticar un espectáculo baseado na tortura animal, pero tamén no risco de morte de un ser humano. Tanto unha cousa coma outra parécenme inaceptables nunha sociedade que pretenda ser considerada avanzada. Tardei un día (e algún comentario) en darme conta de que a redacción non era totalmente clara.
Como dicía Castelao “lástima de bois…” (http://lastima.tripod.com/castel_g.gif)
Comment by El gato de Schrödinger — August 12, 2009 @ 4:00 pm
De todos os razoamentos, eu quédome sen dúbida co primeiro. Para min os toros son un espectáculo exótico.
Do resto…. entrar en consideración éticas sobre a vida ou a morte dos animais, o sufrimento…. é que hoxe teño bisté de cea….
Comment by eSedidió — August 12, 2009 @ 7:55 pm
E despois proiben matar a cuitelo o porco.
Eu sei como non o proibirian: se cobrasen entrada.
Comment by paideleo — August 12, 2009 @ 10:39 pm
Coido que a existencia das touradas en España e do tiro da cabra do campanario (coido que agora sálvana cunha colchoneta ), veñen ser metáforas da ausencia de grandes revolucións históricas ilustradas neste país…aquí non houbo revolucións relixiosas , nin “francesas” nin nada aparte de pinceladas de republicanismo que non deron tempo a cambiar a mentalidade de “somos así por cojones y olé “
Comment by Vidal — August 13, 2009 @ 11:01 am
Hombra Tino,
Pues yo en cambio sí que aprecio belleza en las corridas de toros, a ver si tengo un ratito para poner un comentario que el escribí no hace demasiado a una antigua compañera sueca…
Cuidate, un abrazo a punto de coger el avión.
Comment by Sergio — August 13, 2009 @ 4:22 pm
Supoño que se fai precisa a aclaración que engado a modo de post data no artigo.
Comment by F. Miguez — August 14, 2009 @ 4:11 am
Vexamos e non confundamos, as touradas non son “españolas”, son dunha zona do Estado, no que se inclue Euskal Herria. Que proiban os Sanfermines, por exemplo, ou as touradas da Semana Grande de Bilbo.
Produceme noxo ver o simplismo co que se analiza o espectaculo (e conste, a min non me gustan as touradas) que fora da Galiza é popular, non de señoritos.
En Euskal Herria, en Castela, en Andalucia… etc. é o pobo traballador, é parte da súa cultura, e de igual maneira que exiximos respecto a nosa cultura -por iso estou dacordo que na Galiza é un absurdo españolista o das touradas-, temos que telo cara eles.
Alen diso, xentes tan pouco acusabéis de sadicos (por certo, respectuoso co noso idioma) como Garcia Lorca, gostaba das touradas, e un dos seus poemas máis fermosos chamase “ás 5 tarde”.
Ben, non confundamos o noso lexitimo rexeitamento das touradas como unha imposicion cultural co analise do que son as touradas, que son unha manifestacion cultural, sen nengunha dubida, cun regusto ao pasado feudal, e que, certamente, no futuro non existiran, nin aqui nin fora.
Comment by eulo — August 14, 2009 @ 9:18 am
Acepto gosotoso a crítica, eulo, no referente ó «españolismo» das touradas e da afección popular por elas en motas rexións de España.
Sen embargo, o exemplo de García Lorca… digamos que «non me vale». As sensibilidades cambiaron moito dende os anos vinte e trinta do século XX; por exemplo, nesa época aínda non estaba redactada a Carta dos Dereitos Humanos, e se un albanel caía dun andamio e morría… considerábase normal. Hoxe en día, por sorte, a sociedade vai rexeitando actitudes nas que se desprecia a vida dos seres humanos (e dos animais), e é dende ese contexto que critico o espectáculo, igual que criticaría, por exemplo, o boxeo profesional. Tal vez «crueis e sádicos» soe un pouco drástico, pero é forma que se me ocorre de chamar a atención sobre a falta de sensibilidade pola vida inherente a esa actividade.
Comment by F. Miguez — August 14, 2009 @ 12:13 pm
Míguez, que las ehtáh liando parda!
Comment by xm carreira — August 17, 2009 @ 6:03 pm
Xa había tempo que non tiña polémica nos comentarios, pero iso é bo, moi bo.
Comment by F. Miguez — August 17, 2009 @ 10:34 pm