Dispara. Razóns para sentirse orgulloso de Galicia. A senda da auga I.

Rande.

A Senda da Auga é un roteiro que percorre o curso orixinal da canle empregada para abastecer a cidade de Vigo coa auga da presa de Eiras, no río Oitavén, habilitado no treito que transcurre en Redondela pola Mancomunidade de Montes Veciñais deste concello, no que me parece unha interesante aposta por afondar na posta en valor do noso monte, neste caso achegándollo á sociedade como opción de lecer activo (e de balde). O percorrido ofrece fundamentalmente contacto coa natureza e unha panorámica case contínua da Ría de Vigo, así como outros recunchos da contorna toda.
Dividirei a reportaxe en tres entregas. A primeira, que publico hoxe, é a correspondente ó treito Vigo-Chan das Pipas. A parte de Vigo non está incluída no roteiro «oficial», pero non vexo razón para excluíla. Sae da E.T.A.P. situada por enriba do centro comercial Travesía de Vigo, e vai seguindo «o tubo», que só se ve en partes durante os 20Km (aproximadamente) que hai ata a area recreativa do Chan das Pipas, na parroquia Redondelana de Saxamonde; ahí o sendeiro queda interrupido, porque había un sifón soterrado para atravesar a pequena vaguada próxima e a estrada N-550. Eu coñezo a quen fixo a pe todo este treito, ida e volta, pero parece máis asequible percorrelo por partes, ou decidirse a vir dando paseo en bicicleta, accesible para calquer nivel xa que é unha vía moi planiña. Esta primeira etapa de percorrido ofrece unha ineteresante evolución dende a paisaxe urbana (ou rururbana) da cidade hasta introducirnos no corazón dos bosques.

Monumento vexetal.

Se alguén sabe dunha cartografía web deste sendeiro, ou sabe cómo poderíamos facela, que se poña en contacto comigo.

10 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/08/08/dispara-razons-para-sentirse-orgulloso-de-galicia-a-senda-da-auga-i/trackback/

  1. Podes utilizar os 5.000 oficiais, dispoñíbeis de balde na páxina do SITGA, e a partires de aí debuxar o roteiro en CAD, poñendo como fondo o mapa (transformado por exemplo a jpg). Unha vez debuxado, pódelo pasar a PDF de novo. Se che faltan ferramentas avisa, que eu as teño (pero non coñezo a traza :-) )

    Comment by eSedidió — August 10, 2009 @ 9:05 am

  2. Moi agradecido, eSedidió (e van cen). Hei probar un día de estes, a ver se me sale ben. Tamén me gostaría marcalo en algo tipo googlemaps, pero aínda son usuario a nivel moi básico.

    Comment by F. Miguez — August 10, 2009 @ 9:44 am

  3. Non recibiches o meu comentario anterior?
    No enlace web podes ver un lugar onde teñen feito o inicio da Senda da Auga (só ata Redondela)…

    http://www.carreiros.es/Vigo-Seragua%20Redondela/index.html

    Ánimo, que esta Senda merece a pena ser publicitada e marcala moito mellor do que está… especialmente ó seu inicio no Concello de Vigo.

    Comment by Erasmo — August 10, 2009 @ 4:51 pm

  4. Pois non, Erasmo, tampouco está pendiente de moderación… Misterios da rede.
    As fotos son moi boas, e teñen varias particularidades a comentar. A primeira, que a miña cámara fixo unhas trapalladas impublicables no Rio Fondón, que si aparece nas que nos enlazas. Segunda, que as fotos foron tomadas, se non calculo mal, hai uns dous anos; agora a senda está bastante mellor, sobre todo porque xa non hai eses restos de garabullos mal triturados que dificultaban andar a pe, pero imposibilitan pasar en bici. Tercerio, que esa alternativa de baixar por Cedeira cara Redondela é unha decisión moi intelixente, porque a Portela, cando a depuradora non fede que mata, é un lugar ben fermoso.
    Abofé que esta, entre outras zonas da contorna, merecen boa publicidade, para que a xente valore o entorno tal e como é, e se deixen de tantas obras “necesarias para Vigo”, e tanto facernos desexar visitar outros lugares.

    Comment by F. Miguez — August 10, 2009 @ 11:23 pm

  5. Ben querido Tino, moitas felicidades polo do proxecto, que aínda nos as dera.
    Iba a comentarche o do mapa, pero xa vin que un compañeiro do blogomillo fixo unha boa proposta. Aínda que eu collería o mapa escala 1.500 e marcaríaa raia polo roteiro a man con photoshop. É cutre, pero é ben fácil.
    Outra cousiña. Teño algunha que outra foto coido que bonita do Río Fondón. Se queres mandocha por correo.

    Un saudiño e unha apreta.

    Comment by jorgecesantes — August 13, 2009 @ 11:55 am

  6. Home, a idea do fotoblog é, de partida, colgar fotos miñas, pero podemos velas.
    Do mapa, a ver como arreglo.
    ¡Unha aperta!

    Comment by F. Miguez — August 14, 2009 @ 4:23 am

  7. Estiven intentando marcar o Inicio da Senda da Auga en Google Maps pero non é tan doado como parece…

    http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&msa=0&msid=102531639975405186204.00047116914b53c60c047&ll=42.253045,-8.678169&spn=0.029986,0.076389&t=h&z=14

    Se me axudas a continuar igual chegamos ata a Presa do Oitavén… jajaja

    Teño unha dificultade co mapa… non sei como eliminar un par de marcadores que andan perdidos polo medio ? Saúde !!!

    Esquecíame de darche as gracias por enlazar o meu post do Grupo Vigo Denuncia… Obrigadiño…!

    E unha cousa máis… sería agradable no teu fotoblog poder moverse fácilmente entre as fotos e o teu blog… ¿non podes poñer no título do fotoblog un enlace directo a este blog? Sería moito máis cómoda a visita… jejeje

    Noraboa señor Enxeñeiro, e Sorte co teu Proxecto!

    Comment by Erasmo — August 14, 2009 @ 10:08 am

  8. Gracias polos parabéns.
    Estiven vendo o maps, e a cousa vai ter cohoio, pero pódese facer, a ver se ó longo da semana que ven me vou poñendo en contacto contigo para ir dándolle (¿sabes se podemos marcar unha liña sobre o mapa, ademáis de poñer marcadores?).
    O da navegación entre blog e fotoblog está difícil, o aloxamento do fotoblog non da moitas posibilidades (polo menos non as daba cando empecei) e só puiden poñer o enlace de Apunta nun apartado chamado «Mis enlaces».

    Comment by F. Miguez — August 14, 2009 @ 11:56 am

  9. Sí, pódense debuxar liñas (pero é un choio de chinos) tamén deixa subir fotografías onde tí queiras ao longo da Ruta.

    Ben sei que é un traballo enorme, sobre todo cando desaparecen as rúas e comenza o camiño de terra… pero como ese tramo está ben indicado con letreiros do Concello de Redondela (agás o desvío á dereita i en costa e cheo de pedras ao cruzar a estrada dos Valos en dirección a Nespereira!) jejeje… aí pedémonos e fomos parar ó quinto carallo…!

    O mellor do Google é que se completamos a Senda da Auga con detalle, podémolo EMPAQUETAR TODO e convíteo nun arquivo de Google Earth que se pode visualizar dunha tacada sen máis.

    Pero seguro que dá máis traballo co coche eléctico… jajaja

    Saúde

    Envíoche un enlace que podes tentar ver en GoogleEarth aínda que ten moitos fallos como exemplo pode servir.

    http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&hl=es&msa=0&msid=102531639975405186204.0004438af6631289d9756&t=h&z=13

    E xa de paso se non sabedes onde pasar os días do agosto que restan… Visitade O Courel! jeje

    Comment by Erasmo — August 14, 2009 @ 1:53 pm

  10. Foise perder vostede a cen metros da casa da miña avoa, he he :D Alí pretiño está o nacimento do Río Louro, que é outro lugar ben bonito.
    A ver se pouco a pouco conseguimos facer un mapa xeitoso.

    Comment by F. Miguez — August 14, 2009 @ 9:53 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.