Características do vehículo eléctrico.

Perante a estupenda acollida que tivo o post anterior, e varias demandas de maior información, vou ver se lles explico un pouco máis as características que lle demos ó trebello eléctrico do noso proxecto, agrupadas en catro conceptos (e un apunte).

Características xerais.
Como xa dixen, trátase dun vehículo todo terreo, con tracción integral permanente mediante unha arquitectura de dous motores (un en cada eixo), con capacidade para cinco prazas, ou a carga dun palé estándar europeo cos asientos traseiros abatidos. Está deseñado con unha estrutura que combina bastidor en escaleira con unha armazón resistente ó envorcamento, todo vestido por fora con unha carrozaría feita en chapa de aluminio, excepto o capó, de poliéster. As principais dimensións refléxanse no plano (clik para agrandar), e está previsto para unha masa máxima autorizada de 1600Kg, mentres o peso en vacío, e por tanto a capacidade de carga dispoñible, oscila entre os 1000Kg e 1220Kg segundo o paquete de baterías seleccionado.


Click para agrandar.

Prestacións dinámicas.
Potencia nominal_78CV.
Potencia máxima_145CV.
Par nominal_136Nm.
Par máximo_365Nm.
Velocidade máxima_140Km/h.

É importante chamar a atención sobre un detalle. As potencias dos motores eléctricos non son homologables ás dos motores térmicos; os fabricantes de automóbiles, cando publicitan as potencias dos seus motores, falan só de potencia máxima, que é un valor orientativo e cuio uso está restrinxido a un pequeno lapso de tempo antes de provocar a destrucción do mesmo. Na práctica industrial, sobre todo en máquinas eléctricas, soemos referirnos a unha «potencia nominal» como a que pode ofrecer o motor indefinidamente sen deteriorarse (o que se sería «a medio gas»), e unha potencia máxima, definida neste caso como a que podería ofrecer o motor durante cinco minutos seguidos sen resultar danado. As consideracións sobre o par son semellantes, con unha observación importante: os motores eléctricos poden ofrecer todo o par dende o arranque, o que elimina a necesidade de embrague e caixa de cambios. (É dicir, o noso coche non ten marchas.)

Características todo terreo:
Ángulo de ataque_55º.
Ángulo de saída_43º.
Ángulo ventral_148.5º.
Altura libre entre eixes_330mm.
Altura libre nos eixes_260mm.
Pendiente máxima cargado_30%.
Pendiente máxima en vacío_50%.

O sistema eléctrico:
O sistema de baterias é o corazon de todo vehículo eléctrico, e del van a depender caracteristicas fundamentais do vehículo tales coma a sua autonomia, o seu conportamento dinámico (tanto polo peso das baterías como pola capacidade destas para suministrarlle enerxia ós motores) e o custe e rendemento ecómico do vehículo. Dependendo do valor que se lle otorgue a cada un destes factores, podese deseñar una batería que se adapte a perfección o uso específico o que se destine o vehículo para cada caso particular. Neste sentido son multiples as opcións, dende as sempre económicas baterías de plomo hasta as sofisticadas baterías de polímero de litio coas que este vehículo pode alcanzar autonomias superiores os 400Km circulando por cidade.
Para a recargar o vehículo, este leva un cargador de a bordo que se pode conectar en calquer enchufe común. Debido ás limitacións de potencia das intalacións eléctricas domesticas, a recarga do vehículo tardará varias horas e será función do tamaño da batería e de o descargada que este, ou o que é o mesmo da sua autonomía e de canto andemos con él. Para aqueles que non teñan tempo de esperar varias horas, a batería tamen se pode conectar a un cargador rapido externo; neste caso o tempo de recarga dependerá do tipo de batería, existindo no mercado baterias capaces de recargarse o 80% en catro minutos e completamente en menos de dez.

¿O nome?
Pois é unha cuestión á que lle demos mil voltas… durante un día, que estábamos a preparar un dossier para presentalo a un concurso (no que non nos colleron). Naquel intre ecollemos «Labrador», porque os tres significados que lle coñecemos aportaban unha identificación bastante positiva do «produto». Non volvemos tratar o asunto.

Neste caso, as vosas opinións poden resultarme de grande axuda. Isto non é un blog corporativo para facer sondaxes de mercado, pero si está ben saber o que pensa a xente do traballo de un.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/08/05/caracteristicas-do-vehiculo-electrico/trackback/

  1. Está simpático O Labrador. E a min gústanme as súas liñas.

    Comment by paideleo — August 5, 2009 @ 11:57 pm

  2. Alégrome que che guste :)

    Comment by F. Miguez — August 6, 2009 @ 9:36 am

  3. Don Tino deixeille un nome no post anterior , pero coido que Labrador acáelle ben , aínda que no mercado anglosaxón o nome vai ser un tanto retorcido . Tamén me gustaría ver unha relación de costes da criatura…

    Infinitos parabéns ¡¡

    Comment by Vidal — August 6, 2009 @ 12:23 pm

  4. xa ve, non hai como rematar a carreira para que a un lle traten de Don, como a Vito Corleone…. por outro lado, non se nos tire do Labrador falando de peticiöns populares e tal, cando o certo ë que vostede xa ameazara hai tres ou catro post con calzarnos os 300 folios da Memoria… :-)
    e agora, a pregunta autenticamente importants: vai haber versión fumadores (xa sabe, con cinzeiro e mecheiro, comme il faut)?
    E conste que eu prefiro Apuntamóbil como nome.

    Comment by eSedidió — August 6, 2009 @ 4:25 pm

  5. Gracias polos parabéns, Vidal. Leónidas tampouco é mal nome, pero Labrador non debería ser tan malo para os anglosaxóns, tendo en conta que dous dos significados veñen do Canadá (por ascendencia portuguesa, iso sí).
    Sobre custes, o que hai feito é un estudo para a construción dun eventual prototipo, que non é moi ilustrativa do que sería o produto final. Tampouco respecto dos detalles de equipamento, eSedidió, aínda que moito temo que xa non existen versións para fumadores… Hai uns anos que os coches non traen encendedor, nin cinceiro propiamente dito :)
    E descoide, que só me queda un artigo sobre a materia, máis xenérico, para ver de aclarar algunhas confusións existentes ó respecto do automóbil eléctrico (en xeral, non este concreto), pero iso vai ser máis adiante.

    Comment by F. Miguez — August 7, 2009 @ 10:38 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.