Xa son enxeñeiro, e este é o meu proxecto.
Dende hoxe, e a todos os efectos, son Enxeñeiro Industrial. O último ano estivo marcado por unha dedicación cada vez máis exclusiva a un Proxecto de Fin Carreira (PFC) que, en realidade, é bastante máis que iso. Agora, no vacío que media entre a vida académica e a profesional, tentarei recuperar progresivamente a miña presencia no blogomillo e noutros mesteres forzosamente abandonados durante estes últimos meses; neste primeiro día de poder sentarme diante do blogsome con calma, tentarei explicarlles un pouquiño que foi o que estiven a facer.
Esta imaxe é unha montaxe na que poden ver o porto de Somiedo, en Asturias e un «estraño» vehículo posto na estrada. Ben, ese vehículo é o resultado do meu PFC, que se titulou oficialmente «Vehículo Mixto Todo Terreo de Tracción Eléctrica. Concepto, chasis e carrozaría.», parello ó PFC do meu irmán «Sistemas de Tracción Eléctrica Para Automóviles: Análisis Técnico, Estudio de Viabilidad y Solución de un Caso Práctico». A resposta para as dúas cousas que, imaxino, poden xurdir na súa cabeza é si.
(1) Si, entre os dous irmáns Míguez (e Durán, que tamén temos nai), deseñamos como PFC un coche eléctrico… Máis ou menos, é dicir, coas limitacións de unha iniciativa nosa particular, feita sen un céntimo de euro no peto, que nos esixen recoñecer a cantidade de traballo aínda pendiente para poder dicir «habemus coche». Pero o máis gordo está feito, e a maioría dos problemas resoltos.
(2) Si, é feo. Son o seu pai, e téñolle cariño, pero non teño maís remedio que recoñecelo: non saiu unha criatura moi agraciada, mais iso ten unha explicación. O cocheciño en particular non está concebido para se fabricar nunhas instalacións como as da Citroën de Vigo, senón con medios moito máis modestos, propios dun pequeno taller de construción mecánica, e a un precio asequible. Eses medios non permiten moitas alegrías no deseño, e esixen limitarse a superficies planas, combinadas como mellor se poida. Neste mesmo motivo, ademais, está a explicación do parecido con ese outro coche construído en Galicia, o URO VAMTAC (cuia admiración non oculto), que emprega un proceso de fabricación semellante.
Vamos deixar para outro día, se lles parece, falarmos das vantaxes e inconvintes dos coches eléctricos e tamén tratar de facer un pouco de divulgación sobre esta tecnoloxía, porque unha das cousas que aprendín neste tempo é que existen unha chea de prexuízos, concepcións erróneas e dúbidas recurrentes entre o público, demandantes de un certo esforzo didáctico por parte de quenes sabemos algo (ainda que non sexa demasiado) sobre coches eléctricos.
Remato con unha aclaración. ¿Por qué o tratei de bastante máis que un PFC? Pola motivación que hai detrás de isto. Hai catorce meses, meu irmán mais eu presentámonos no despacho dun profesor, para pedirlle que fose o noso director de PFC, coas palabras «queremos facer un coche eléctrico». Confío na elocuencia da redacción. Agora toca valorar as posibilidades reais que poden ter dous recén titulados en enxeñería para completar o deseño e iniciar a producción en Galicia dun automóbil impulsado por enerxía eléctrica, da cal somos excedentarios. Soñar é gratis, aínda que sexamos conscientes de termos ben poucas de esas posibilidades ó noso favor, pero se atopamos un oco para empezar a furar nos próximos meses, poremos todo da nosa parte en botar a rodar ese trebello. Se non, non pasará nada, sempre poderemos presumir de ter tido iniciativa.
Nota1. Hai un feixe de persoas maravillosas por toda Galicia adiante ás que lle debo algo máis que agradecemento pola súa colaboración.
Nota2. Os «renders», as imaxes do modelo creadas por ordenador, non son demasiado boas; síntoo pero non son artista gráfico, senón enxeñeiro mecánico.
Dous irmáns enxeñeiros argallan un coche eléctrico
Agora toca valorar as posibilidades reais que poden ter dous recén titulados en enxeñería para completar o deseño e iniciar a producción en Galicia dun automóbil impulsado por enerxía eléctrica, da cal somos excedentarios. Soñar é gratis, aí…
Trackback by chuza.org — July 30, 2009 @ 8:03 am
A máis sincera noraboa. Eu tamén sei o que se sufre con un PFC (moit máis pequeno eso sí).
Comment by xavi — July 30, 2009 @ 1:16 pm
Uro xa sabe do voso PFC, ¿non? Seguro que están a pensar nun coche eléctrico, así que eu iría proporllo directamente
E por suposto, ¡felicidades!
Comment by Peregrino — July 30, 2009 @ 4:44 pm
Gracias ós dous polos parabéns e a Ifrit por Chuzarme
Comment by F. Miguez — July 30, 2009 @ 5:16 pm
Mio, vaia carro!. Parabéns.
Comment by xm carreira — July 30, 2009 @ 7:34 pm
Parabéns pola idea e o traballo posterior!! Ides seguir contando cousas do coche? Por exemplo o nome?
Comment by lavesedo — July 30, 2009 @ 11:41 pm
Ben que o mereces. Ti, e imaxino, o teu irmán!!
Comment by lobishome — July 31, 2009 @ 1:16 am
Parabéns.
Comment by Calidonia — July 31, 2009 @ 8:43 am
Moitas gracias a todos, e benvidas a esta casa as novas visitas.
O certo é que non tiña pensado falar moito máis do choio, pero tamén en Chuza piden máis información, así que, a próxima semana, contarei algo máis.
De novo, gracias polos parabéns.
Comment by F. Miguez — July 31, 2009 @ 4:18 pm
Parabéns, etc etc. Eu o que pensaba era meter o dedo no ollo co tema do renderizado, pero tiroumo vostede da boca. En canto ao nome, a ver que lle parece Apunta GTI.
E a ver se hai algún empresario por aí que é capaz de aproveitar as súas iniciativas, co coche ou con calquera outra idea, que seguro que as ten abondo.
E polo demais, cando o faga non se me esqueza do radiocassette, que tamén consume
Unha aperta, colega, por fin.
Comment by eSedidió — August 1, 2009 @ 10:27 am
Moi agradecido, colega.
Máis que radicoassette, haberá que tirar de mp3 de baixo consumo, he he.
De aproveitar as iniciativas, se podo escoller, case prefiro aproveitalas eu mesmo, que para iso as teño… xa lle son moi vello para ser becario.
Comment by F. Miguez — August 1, 2009 @ 2:31 pm
Noraboa!!! Habemus enxeñeiro!!! Bicos!
Comment by Iria — August 5, 2009 @ 2:48 am
Gracias, Iria.
Comment by F. Miguez — August 5, 2009 @ 10:40 am
Ahí te quero ver Tino ¡
Ó carro só lle falta tunealo un pouco , que conste que a min non me parece feo en absoluto , é simplemente espartano , e de paso porque non o chamamos Leónidas I .
Comment by Vidal — August 6, 2009 @ 12:12 pm
um grande abraço de parabéns,Engenheiro Miguez!
Comment by pepe — August 10, 2009 @ 3:50 pm
Muito obrigado, Pepe, pela minha primeira felicitação internacional
. Um abraço.
Comment by F. Miguez — August 10, 2009 @ 11:31 pm