Autobombo 1. Introducción ó meu PFC.
Hasta a Segunda Guerra Mundial, a principal fonte de enerxía a escala mundial era o carbón. O conflito marcou unha evolución cara os combustibles derivados do petróleo, que dende entón, e hasta hoxe, ocupan ese lugar predominante. Sen embargo, esa situación non estivo exenta de problemas que se poden considerar como síntomas de debilidade do sistema; a chamada «crise do petróleo» a principios da década dos ’70 do século pasado, foi quizais a primeira de unha serie de alarmas que, nos últimos corenta anos, nos están a advertir de graves problemas nun horizonte cada vez máis próximo. Ese horizonte chámase «pico de Hubbert», a data en que a industria acade a máxima capacidade de produción petrolífera posible, a partir da cal o paulatino esgotamento das reservas mundiais fará imposible proseguir co aumento da demanda sostido dende os albores da industria automobilística.
Por outra parte, esta masificación no consumo de hidrocarburos de orixe fósil ten carrexado non poucos problemas de natureza medioambiental, dende os desastres ocasionados en accidentes dalgún navío encomendado ó seu transporte, hasta a que se considera, en moitos foros científicos, técnicos, sociais e políticos, como a maior ameaza ambiental da humanidade: o cambio climático provocado pola acumulación de gases de efecto invernadoiro, procedentes do emprego de combustibles fósiles.
Hai que engadir en toda esta contextualización o negativo escenario económico desenvolto durante os anos 2008 e 2009, en que a suma de varias circunstancias provocaron unha forte deceleración do crecemento, na cal un dos sectores peor parado foi, precisamente, a industria do automóbil que asistiu, entre outras calamidades, á bancarrota daquela General Motors outrora colosal.
Un panorama de crise enerxética, crise ambiental e crise económica pode definirse, dende o punto de vista deste proxecto, como un panorama de excepcionais oportunidades.
Levo xa un tempo desaparecido. Con esta leira mal sachada e sen visitar as dos veciños. Isto débese a que estou na recta final do meu proxecto de fin de carreira, e non me chegan as horas do día para rematalo. A parrafada en cursiva é un extracto da xustificación que fixen nas primeiras páxinas da memoria. Nuns días podereilles amosar algo máis.
vainos calzar os 300 folios, por entregas?
Comment by eSedidió — July 18, 2009 @ 8:31 am
Tranquilo, que ten moitas fotos
Comment by F. Miguez — July 20, 2009 @ 8:41 am
Unhas imaxes sería o mellor
Comment by xm carreira — July 23, 2009 @ 6:13 pm
Ah, xa me esquecía: moito ánimo tamén para a tortura da entrega e presentación; lembra tamén que non hai PFC perfecto e que o importante é entregalo.
Comment by xm carreira — July 23, 2009 @ 6:14 pm
Tranquilo, haberá algo máis que imaxes
O peor xa pasou, co estrés de imprimir e encadernar, o PFC entregado e a presentación aprobada polo director, só me queda agardar á lectura, o martes que ven pola tarde.
Comment by F. Miguez — July 23, 2009 @ 11:31 pm
Entón xa está todo feito e oficiosamente xa es do clube dos enxeñeiros. Non sabes onde te acabas de meter pero parabéns.
Comment by xm carreira — July 26, 2009 @ 10:20 am