Dispara. Ti si que eres feísmo. O miliario de Vilar.

Hoxe, 11 de xullo, é día de San Benito, festa da veciña parroquia de Vilar. Precisamente de alí ven a (mini) fotogalería de este mes, adicada ó miliario romano de esa parroquia.
Sinalizando a Via Romana XIX, Braga-Lugo-Astorga, leva vinte séculos ese penedo alongado que ven vostedes na foto. Actualemente, pasan por ahí varios centos de persoas cada ano, na súa peregrinación a Santiago dende a fronteira portuguesa.

Miliario e amigos.

Para min, esas pequenas cousas son unha razón para sentirse orgullosos de Galicia, neste caso do seu patrimonio e historia, mais estas fotos están na categoría de «Ti si que eres feísmo» por algo que a se me antolla evidente: non creo que alguén se motive a percorrer máis de cen kilómetros a pe, seguindo unha ruta histórica, para ver naves industriais e postes de cemento como ese de media tensión que ten delito. O delito de que custaba o mesmo facelo ben, e chantalo por detrás do seto ou dez metros máis afastado, non a tres dun ben de interese cultural (BIC). Non sei, igual dentro de dous mil anos, quen pase por ahí daralle valor histórico a ese poste, ou se protexen as ruínas de esas naves que hoxe, por moito que os setos da «pantalla vexetal» intenten evitalo, afean o lugar case tanto como as silvas que ninguén corta. A ver se co Xacobeo 2010 lle toca.

Déixolles este enlace, para que sepan un pouquiño máis dos miliarios de Redondela, que oxalá volvan algún dia ó seu sitio.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/07/11/dispara-ti-si-que-eres-feismo-o-miliario-de-vilar/trackback/

  1. A tal pantalla vexetal é para botarlle de comer aparte. Parece o pesadelo dun xardineiro

    Comment by eSedidió — July 12, 2009 @ 8:13 am

  2. Tino , moitas grazas pola información :) )

    Comment by Freund — July 12, 2009 @ 8:09 pm

  3. A min, o das pantallas vexetais sempre me sonou a barrer o lixo para debaixo da alfombra. Unha cousa fea, sigue sendo fea aínda que lle poñas unha fila de tuias diante.

    Comment by F. Miguez — July 13, 2009 @ 6:13 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.