Sobre o peche de Garoña.

A fume de carozo, cinco preguntas, coas respectivas respostas, coas que manifesto a miña opinión sobre o peche ou non peche da central nuclear de Santa María de Garoña.

1.- ¿É seguro prorrogar a explotación da central de Garoña? Si. Se os técnicos do consello de seguridade nuclear o afirman, ou impoñen unhas condicións, eu non son ninguén para levarlles a contraria.

2.- ¿É preciso prorrogar a explotación da central nuclear de Garoña? Non. O sistema eléctrico español pode pasar sen os 460MW que produce esa central.

3.- ¿É aconsellable prorrogar a explotación da central nuclear de Garoña? Non. Con independencia do que fagan os outros países, e sen prexuízo da resposta á primeira pregunta, o risco de que haxa un accidente existe sempre, incluso nunha central nuclear nova ou co chupete dun bebé. O problema é que, se a esta lle acontecese algo nos próximos anos, as novas de toda a prensa internacional incluirían as seguntes palabras: España, accidente, nuclear, obsoleta, final, vida, útil, prórroga. O «qué dirán» si importa.

4.- ¿Son os postos de traballo dos profesionais da pranta un argumento a ter en conta na decisión? Non. É responsabilidade do Estado velar pola protección social de esas persoas e pola implantación de alternativas económicas viables na zona para que os traballadores non perdan o seu status. Tamén é responsabilidade do Estado velar porque esas inciativas se financien a cargo dos beneficios obtidos pola empresa que explotou o recurso ou a licencia. Pero se o emprego de unha persoa supón risco ou molestia para as demáis, ou é simplemente innecesario, ese emprego non debe conservarse. Isto tamén vale para os traballadores de ENCE, na ría de Pontevedra, ou da planta de aceites Bunge na ría do Burgo.

5.- ¿Qué é o máis perigoso de toda esta cuestión? Las dos Españas. Que os medios lle adiquen boa parte do espacio adicado a esta cuestión en termos de PP-PSOE, Rajoy-Zapatero, El Mundo-El País, a COPE-a SER… a mesma verga sempre. Se uns dicen arre, os outros dicen so, e todo neste país é opinable, ademáis de xeito inversamente proporcional á idea que cada quen ten da materia. A quen lle preocupe xa buscará en google.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/07/07/sobre-o-peche-de-garona/trackback/

  1. Sobre o tema nuclear deberíamos ter un debate a serio, maduro, e non un debate mediatizado/politizado que dese como froito un grande pacto europeo. Calquera proxecto nuclear, de creación de novas centrais ou de peche, require cartos e anos, ou sexa, que as decisións dun governo comprometen aos seguintes governantes e, en moitos casos, afectan aos países veciños.

    Comment by xm carreira — July 12, 2009 @ 3:04 pm

  2. Ese é o problema que expoño no punto 5. Non é un debate de técnicos, economistas e cidadáns, senon un debate de políticos e xornalistas, que aquí son os que debaten por todo.

    Comment by F. Miguez — July 13, 2009 @ 6:07 am

  3. ¡Boas! Un par de comentarios:
    - Dacordo en que hai que pechar Garoña e as demais centrales por risco de accidente. O risco será pequeno, pero cun so accidente grave chega para ter que evacuar un área do tamaño dunha comunidade (coma en Chernobyl, que non foi todo o grave que podería ter sido…). Aparte, ahi outros temas, coma que ninguén sabe que facer cos residuos, que son eternos. Algo así coma un risco de accidente eterno.
    - O que dirán si que me parece totalmente desdeñale. Realmente, o único que tivo o governo en conta foi iso precisamente…
    - E o dos postos de traballo, si considero importante preparar ben unha alternativa para eses 1000 traballadores que dependeden directa ou indirectamente da central antes de pechala. Cousa que podería estar feita xa en lugar de empregarse coma excusa para manter a central aberta 4 anos máis.

    E para rematar, o debate sobre a enerxía nuclear ten unha base pouco sólida: non hai unha boa análise desta enerxía sobre o que basear este debate. Exemplo: ¿que custes reais ten a enerxía nuclear? Habería que incluir dende as subvencións coas que se levantaron as centrales ata os custes de custodia de almacenaxe durante uns cantos miles de anos. E máis cousas. Exemplo 2: hai combustible nuclear… ¿Para cantos anos? Teño escoitado teorías de que hai para milenios, e de que se atopa ben repartido por todo o mundo (para evitar dependencias tipo OPEP), e teorías de que hai combustible para 40 anos co consumo actual, con combustible concentrado nunhas poucas explotacións realmente rentables… Exemplo 3: a auga de refrixeración é outro limitante. E se non preguntállede ós suizos (http://www.elmundo.es/elmundo/2008/05/02/ciencia/1209745979.html) ou a Zapatero (http://www.elmundo.es/mundodinero/2008/06/05/economia/1212653295.html).

    Comment by Peregrino — July 15, 2009 @ 5:12 pm

  4. Cando me refiro a «¿qué dirán?», estou falando en caso de accidente. A reputación que ten España a nivel técnico non merece desempolvar os mitos da picaresca.
    Do resto, paréceme importantísima esa reflexión sobre os custes REAIS da enerxía nuclear, como de todos os demáis «elementos de progreso». Lembro aquel vídeo que postara vostede sobre a orixe dos productos, cando a narradora dicía que pagando cinco dolares por unha radio, el so estaba pagando unha parte, o resto, estábao pagando o resto do mundo, e os que están por vir.

    Comment by F. Miguez — July 16, 2009 @ 9:54 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.