Resiste Honduras.

«O que está a acontecer en Honduras é unha oportunidade extraordinaria. Unha oportunidade, primeiro, para desterrar dunha vez unha das “tradicións” máis noxentas da política latinoamericana, pero sobre todo unha oportunidade para a universalización da democracia e os dereitos humanos. Xa non é excusa o argumento das “cuestións internas” dun país, e teño a sensación de que é a primeira vez na miña vida que vexo ós gobernos dos países mollándose case unánimemente en condenar o inadmisible, aínda que unha parte da miña cabeza insiste en preguntar qué intereses haberá para que esta vez sexa diferente das outras.
Bágoa que, ó mesmo tempo, Irán vaia desaparecendo da pantalla.
»

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/07/01/resiste-honduras/trackback/

  1. Boas, Sr.Miguez: aínda que non comente hai unha chea de tempo (non por falta de ganas) paso pola súa leira con certa frecuencia, sobre todo para ver se segue vivo e se rematou os estudos dunha vez. Aproveito hoxe para invitarlle á miña propia leira (http://etxeoquehai.wordpress.com), recén sementada, que polo menos por algún tempo tentarei manter. Os seus comentarios serán enormemente benvidos.
    Unha aperta.

    Comment by eSedidió — July 1, 2009 @ 5:53 pm

  2. no sé como se las arreglan, pero cada vez que los militares dan un golpe de estado es siempre para mantener el orden constitucional

    Comment by pablo gonzalez — July 1, 2009 @ 9:37 pm

  3. Que ledicia, eSedidió, volver a telo por aquí. Sigo bastante vivo, e ós estudios quédanlle dúas ou tres semanas, porque este mes defendo o proxecto de fin de carreira, un fregado que leva a día de hoxe máis de 300 páxinas de memoria, do que falarei aquí un día de estes, e que é o responsable de que teña o millo sen sachar nesta leira e xa non falemos de ir ver o dos outros. Naturalmente, en canto acabe este comentario, vou pitando para a súa a estrenarlla.
    Sobre o que dí Pablo, hai tempo que lle dou voltas a unha cuestión: facendo unha análise histórica, a principal causa de morte tráxica entre a humanidade non son os desastres naturais nin o “terrorismo”; nada ten causado tantas desgracias como os propopios gobernos dos estados. Isto é importante reflexionalo cando, coa excusa da seguridade, estes gobernos están a construir unha infraestrutura tecnolóxica de control da poboación que, sen ir máis lonxe, na españa de hai corenta anos, tería sido terrible. A ver se teño tempo de escibir algo sobre isto.

    Comment by F. Miguez — July 3, 2009 @ 9:06 am

  4. Como examinador profesional de Proxectos Fin de Carreira, e solidariamente aos seus examinadores, prégolle afervoadamente que frene co contido da Memoria. 300 páxinas? Que pretende, usar o PFC como arma de destrución masiva? Fágame o favor de abreviar.

    Comment by eSedidió — July 3, 2009 @ 5:17 pm

  5. Tranquilo, as oitenta (+ou-) primeiras son introducción, xustificación e, sobre todo, resumen do que se explica nas 270 seguintes.
    En certa medida, hai un acordo tácito co meu director para que esas 80 sexan o que él lea. Pero doce meses de romper os cornos contra o ordenador e outras entidades, como comprenderá, da moito que contar. Xa falarei de él (do PFC) aquí cando o teña rematado de todo.

    Comment by F. Míguez — July 4, 2009 @ 5:19 pm

  6. Un artigo moi bo no elmundo.es:
    http://www.elmundo.es/especiales/2009/06/internacional/iran/conflicto.html
    Sae a conto do que pasa en Irán e de como se pode controlar un país a base de favores… É un arma moito máis potente que a tecnoloxía :-(

    Comment by Peregrino — July 4, 2009 @ 9:23 pm

  7. Básicamente, é o sistema polo que se rixen moitos Concellos e algunha diputación nalgúns sitios máis próximos… Mais por iso, o artigo non deixa de ser algo desacougante. Moitas gracias polo enlace.

    Comment by F. Miguez — July 6, 2009 @ 8:42 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.