Dispara. Razóns para sentirse orgulloso de Galicia. Marisqueo.

Mariscadoras.

Hoxe, segundo sábado de Xuño, vou inaugurar unha fotogalería chamada «Marisqueo», cuio nome non precisa moita explicación. Son seis fótos bastante humildes (¡preciso unha cámara con zoom!) sobre esa actividade na praia de Cesantes.
Interésame o marisqueo porque é unha demostración empírica das miñas dúas teses fundamentais sobre Galicia:

1ª Esta terra, a diferencia do que acontece noutros moitos lugares do mundo, está disposta a darnos canto precisemos con apenas agarimala un pouquiño. Cada iluminado, por chamarlle de algunha maneira, que promete grandes cambios para Galicia trae consigo a posibilidade de perder algún deses recursos. Aquí non hai que cambiar nada, o que debemos é aprender a conservar e aproveitar o que temos.
2ª Dos tópicos que identifican ós galegos, o máis falaz e perigoso é aquel segundo o cal os galegos somos egoístas e incapaces para a organización colectiva. Algún parvo sempre hai, qué lle imos facer, pero calquera que coñeza o xeito en que os nativos nos organizamos tradicionalmente para aproveitar os recursos do párrafo anterior saberá do que estou a falar. Facernos crer o contrario pode ser por pura ignorancia ou por puro interés.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/06/13/dispara-razons-para-sentirse-orgulloso-de-galicia-marisqueo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.