Presentación da Unidade Didáctica: «Por Saxamonde. Posibilidades dunha saída didáctica.»
(Perdón pola redundancia.) Onte presentamos aquí, na miña parroquia, un traballo titulado «Por Saxamonde. Posibilidades dunha saída didáctica.» Trátase dunha unidade didáctica que preparamos entre varios veciños, algúns docentes e outros «especialistas» en diversas ramas, orientada a alumnos da ESO e Bacharelato, ofrecendo materiais para sete asignaturas: (historia, xeografía, ciencias naturais, educación física, tecnoloxía, plástica e educación para a cidadanía, ademais dun capítulo intermedio, «Os Camiños de Ferro» que colle tanto na asignatura de historia como na de tecnoloxía).
A unidade didáctica está concebida en torno a catro rutas para facer a pe por varias parroquias do concello de Redondela, tendo todas como punto común a área do «Chan das Pipas», onde se sitúa o centro cultural da parroquia e a «zona cero» do proxecto de polígono industrial ó que nos opoñemos nesta tribu. De cada asignatura, expóñense temáticas relacionadas co que se pode atopar nas rutas ou no Chan das Pipas, e propóñense actividades ó respecto.
(http://issuu.com/saxamonde/docs/por_saxamonde._posibilidades_dunha_sa_da_did_ctica)
As intencións son dúas: De portas para fora, ofertar uns contidos didácticos para os profesionais da docencia nesta contorna (ou para particulares interesados nesta clase de contidos) que permiten explotar sobre o terreo os recursos para a aprendizaxe que nos ofrece o entorno de Redondela e, en particular, da parroquia de Saxamonde. De portas para dentro, a intención de darlle valor a unha zona despreciada dende a administración con unha serie de proxectos totalmente irrespetuosos co entorno.
A obra editámola nos mesmos, e está aberta a calquera que desexe valorar a posibilidade de utilizala. Para aqueles que estean interesados en maior información, poden poñerse en contacto comigo ou co enderezo nonopoligono@hotmail.com. Dende a organización, ofreceráselle toda a colaboración que sexa precisa. Polo de agora, xa contamos coa experiencia do IES Alexandre Bóveda, de Vigo, e o resultado parece que foi do agrado de todos, así que oxalá se repita con outros moitos centros.
Ánimo Tino ¡¡¡
Comment by Freund — May 29, 2009 @ 8:50 pm
Danke Schön, Freund!
Comment by F. Miguez — May 29, 2009 @ 10:58 pm
Pois que teñas moita sorte coa protesta. Se pensabas que a anterior consellería de vivenda e solo era pouco receptiva ás cuestións patrimoniais e ambientais - cousa que non comparto, por certo - a consellería que temos agora non ha de ser moito mais receptiva que aquela.
Comment by xm carreira — May 31, 2009 @ 4:19 pm
Eu non digo que a anterior consellería fose pouco sensible a esas cuestións, de feito hai motivos para pensar o contrario, pero certamente agora empeza un período de grandes dúbidas… Máis que por Vivenda, por Medio Ambiente (ou o que quede agora dela) e Cultura.
Comment by F. Miguez — June 1, 2009 @ 5:44 am
A política de forte promoción de solo industrial no Sul da Galiza para que a industria non escape ao Norte de Portugal, incluido o presente proxecto, é froito da anterior (non da nova) Consellería de Vivenda e Solo.
Comment by XM CARREIRA — June 1, 2009 @ 2:52 pm
Había varios argumentos, ese e o da necesidade de concentrar a actividade industrial en polígonos para acabar coa desastrosa dispersión que existe na zona eran os máis sonados.
Honestamente, vendo o problema de cerca (refírome a vivir na contorna, e xa de moito antes de que lle afectara á miña parroquia, senon vexa a data deste artigo ), creo que o verdadeiro fondo é unha combinación de intereses que teñen como clave dous aspectos: Un máis ou menos lexítimo dende a óptica empresarial, aínda que contestable dende outras ópticas, como é a reducción de costes coa proximidade, sobre todo, do porto de Vigo. Outro, máis cuestionable, que son os negocios dos xestores de numerosos organismos públicos.
Comment by F. Miguez — June 2, 2009 @ 9:10 am