Propostas para campañas de Tráfico.
Despois de uns comenzos incertos, parece que as estratexias da DGT para reducir a sinistralidade nas estradas españolas están a dar por fin resultado. Sigo pensando que o carné por puntos é unha chorrada, que habería moito que discutir sobre certas normas e como se aplican e, sobre todo, penso que é repugnante que as oficinas de cobro de multas funcionen mellor que as urxencias dos hospitais. Ó mellor estou enganado, e resulta que os conductores españoles sí que precisaban de man dura, pero eu insisto en priorizar formación e concienciación sobre sanción e represión. Nesa liña, penso tamén que moitas das campañas postas en marcha pola DGT nestes últimos anos, e o seguimento feito delas nos medios, valeron máis que todo o gastado en radares no mesmo tempo.
Apostando por esa liña, ahí van tres humildes propostas deste servidor para novas campañas que melloren aspectos da nosa cultura ó volante:
Antes de nada, pon o cinto. A estas alturas, a imbecilidade é a única escusa para encender o coche, meterse na estrada, e despois soltar o volante e andar a revolverse no asiento para poñer o cinto de seguridade. Hai tres aspectos negativos nesa conducta. Primeiro que ó incorporarse á circulación xa poden ser colisionados por outros vehículos e xa poden botar en falta o cinturón de seguridade. Segundo, mentres collen o cinto, póñeno, e todo o ritual (que a veces continúa encendendo un pitillo, e fíxense se non o cren), reducen a velocidade interferindo no tráfico. Terceiro, que revela unha actitude de falta de atención na conducción, unha rutina na que a mente vai por unha parte e o volante por outra. Moito se ten falado de coches que non arrancan mentres o conductor non ten o cinto de seguridade posto; eu non son partidario de aliviarlle ás persoas a responsabilidade de seren intelixentes, e penso aconsellable unha concienciación neste aspecto.
Se eres lento, deixa pasar. O récord de máxima cafrada que levo visto neste ano teno un tipo que adiantou a outro meténdose por unha gasolinera. Era un domingo de madrugada (tirando para luns) e na estrada só había seis coches, dos cales cinco circulábamos en caravana detrás do sexto; imaxinen cómo tiña que ser o asunto para facer unha caravana a unha hora na que non hai coches. Eu era o terceiro. Como era un treito de curvas con liña contínua, o segundo empezou a dar síntomas de nerviosismo, facendo amagos e dando freazos hasta que, nun momento de inspiración, meteuse por unha estación de servicio (que estaba pechada) e pasou diante do lento fuxindo da comitiva como se o levase o demo. Creo que moi pouca xente sae á estrada a pasar o tempo, e cando un conductor «excesivamente prudente», ou excesivamente incapacitado, ou un vehículo especial (tipo chimpím de obra, excavadora, etc.) ralentiza excesivamente a marcha provoca conductas imprudentes nos demáis. Poderíamos facer todos meditación trascendental e aprender a controlar eses impulsos, pero antes ou despois chegará o día en que a algún lle aprete de máis o reloxio. Hai que ser realistas, e o fácil é ensinarlle ós condutores que, cando acumulan tres vehículos detrás é porque circulan por debaixo da media e deberían deterse a un lado para que os demais pasen, e despois reincorporarse á marcha. Antes de que pregunten, eu sí o fago, por exemplo cando vou co tractor ou co todo terreo.
O coche que non sae da casa non ten accidentes. A veces, as verdades obvias son as máis difíciles de ver. Dous anos despois de ter investigado a comparativa de sinistralidade dos diferentes modos de transporte para aquela nota da Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela, aínda sigo asombrado. O autobús é sete veces máis seguro que os turismos, e o tren vinte. Concienciar á sociedade para o emprego do transporte público e, sobre todo, ofrecerlle servicios baratos (ou incluso gratuitos) e de calidade á xente é a mellor maneira de que esta non se mate nas estradas. Co que custan dous radares mércase un autobús, en cada viaxe do autobús sácanse trinta coches das estradas…
Acéptanse suxerencias.
Estimado amigo,
¿Por qué esa manía de contrapor formación-sanción? Ambas son a mesma cousa. E non quero dicir que hai xente que so aprenda a paos (que supoño haberá), senón que sancionar as conductas erróneas é tamén concienciación. E o di alguén a quen ten multado e aprendido a lección.
Saúdos.
Comment by pablo gonzalez — May 22, 2009 @ 8:45 am
Admito totalmente a crítica, Sr. González.
Supoño que sería máis correcto, pola miña parte, falar de antepoñer formación e a concienciación positivas a esa outra formación máis… dura, digamos.
A veces, hai comentarios neste blog que me aportan a min máis do que eu aporto no propio artigo.
Un saúdo.
Comment by F. Miguez — May 23, 2009 @ 12:05 pm
En cuanto se instauró el carnet por puntos los accidentes bajaron vertiginosamente. Para mí eso es una prueba irrefutable de que los conductores españoles sólo tenían que seguir un poco más las normas para reducir los accidentes. Es triste que hiciera falta asustarnos para conducir más seguros… La educación del conductor por supuesto es esencial, pero sinceramente, después de lo que acabo de comentar, tengo la triste impresión de que estamos al límite de la capacidad de aprendizaje “sin palos” de los conductores españoles.
Desde mi punto de vista, habría que reorientar la estrategia de sanción de tráfico de la recaudación a la reducción de accidentes (http://www.elmundo.es/elmundomotor/2008/08/12/seguridad/1218545049.html). Y aumentar los medios con los que realmente se hace que los conductores sean más respetuosos: más radares en puntos conflictivos, y más patrullas circulando por carretera. Otra medida: que la legislación se adapte a la realidad de hoy en día (aumentar las limitaciones de velocidad en autopista, por ejemplo).
Eso en cuanto a la relación conductor-autoridad. Queda también mejorar la salud de las carreteras secundarias, mejorar el transporte público… En esos aspectos coincido totalmente con lo que se apunta en este blog artículo tras artículo.
A todo esto, conste que a mí me calló una multa por circular a 66 km/h en un pueblico de Castilla donde la limitación era a 50… Agacho la cabeza, porque realmente no me costaba nada circular a 58 en lugar de a 66 km/h.
Comment by Peregrino — May 24, 2009 @ 3:42 pm
Eu poría primeiro as patrullas e despois, moito despois, os radares, dos cales discrepo parcialmente coa intención do artigo que recomendas. Poñendo un radar nun punto negro, conseguese un punto negro con radar, non eliminar o punto en cuestión.
Tamén falla a cuestión normativa, efectivamente, no aspecto da actualización ou do realismo; non é normal que haxa unha marxe normativa tan estreita entre un camión barreiros de 10.000Kg e un BMW M3, por poñer dous exemplo.
Por último, ségueme costando moito admitir que o que precisaban os conductores españoles era «mano dura», porque as implicacións de tal cousa son bastante serias.
Unha aperta.
Comment by F. Miguez — May 26, 2009 @ 5:41 am