Propostas para campañas de Tráfico.
Despois de uns comenzos incertos, parece que as estratexias da DGT para reducir a sinistralidade nas estradas españolas están a dar por fin resultado. Sigo pensando que o carné por puntos é unha chorrada, que habería moito que discutir sobre certas normas e como se aplican e, sobre todo, penso que é repugnante que as oficinas de cobro de multas funcionen mellor que as urxencias dos hospitais. Ó mellor estou enganado, e resulta que os conductores españoles sí que precisaban de man dura, pero eu insisto en priorizar formación e concienciación sobre sanción e represión. Nesa liña, penso tamén que moitas das campañas postas en marcha pola DGT nestes últimos anos, e o seguimento feito delas nos medios, valeron máis que todo o gastado en radares no mesmo tempo.
Apostando por esa liña, ahí van tres humildes propostas deste servidor para novas campañas que melloren aspectos da nosa cultura ó volante:
Antes de nada, pon o cinto. A estas alturas, a imbecilidade é a única escusa para encender o coche, meterse na estrada, e despois soltar o volante e andar a revolverse no asiento para poñer o cinto de seguridade. Hai tres aspectos negativos nesa conducta. Primeiro que ó incorporarse á circulación xa poden ser colisionados por outros vehículos e xa poden botar en falta o cinturón de seguridade. Segundo, mentres collen o cinto, póñeno, e todo o ritual (que a veces continúa encendendo un pitillo, e fíxense se non o cren), reducen a velocidade interferindo no tráfico. Terceiro, que revela unha actitude de falta de atención na conducción, unha rutina na que a mente vai por unha parte e o volante por outra. Moito se ten falado de coches que non arrancan mentres o conductor non ten o cinto de seguridade posto; eu non son partidario de aliviarlle ás persoas a responsabilidade de seren intelixentes, e penso aconsellable unha concienciación neste aspecto.
Se eres lento, deixa pasar. O récord de máxima cafrada que levo visto neste ano teno un tipo que adiantou a outro meténdose por unha gasolinera. Era un domingo de madrugada (tirando para luns) e na estrada só había seis coches, dos cales cinco circulábamos en caravana detrás do sexto; imaxinen cómo tiña que ser o asunto para facer unha caravana a unha hora na que non hai coches. Eu era o terceiro. Como era un treito de curvas con liña contínua, o segundo empezou a dar síntomas de nerviosismo, facendo amagos e dando freazos hasta que, nun momento de inspiración, meteuse por unha estación de servicio (que estaba pechada) e pasou diante do lento fuxindo da comitiva como se o levase o demo. Creo que moi pouca xente sae á estrada a pasar o tempo, e cando un conductor «excesivamente prudente», ou excesivamente incapacitado, ou un vehículo especial (tipo chimpím de obra, excavadora, etc.) ralentiza excesivamente a marcha provoca conductas imprudentes nos demáis. Poderíamos facer todos meditación trascendental e aprender a controlar eses impulsos, pero antes ou despois chegará o día en que a algún lle aprete de máis o reloxio. Hai que ser realistas, e o fácil é ensinarlle ós condutores que, cando acumulan tres vehículos detrás é porque circulan por debaixo da media e deberían deterse a un lado para que os demais pasen, e despois reincorporarse á marcha. Antes de que pregunten, eu sí o fago, por exemplo cando vou co tractor ou co todo terreo.
O coche que non sae da casa non ten accidentes. A veces, as verdades obvias son as máis difíciles de ver. Dous anos despois de ter investigado a comparativa de sinistralidade dos diferentes modos de transporte para aquela nota da Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela, aínda sigo asombrado. O autobús é sete veces máis seguro que os turismos, e o tren vinte. Concienciar á sociedade para o emprego do transporte público e, sobre todo, ofrecerlle servicios baratos (ou incluso gratuitos) e de calidade á xente é a mellor maneira de que esta non se mate nas estradas. Co que custan dous radares mércase un autobús, en cada viaxe do autobús sácanse trinta coches das estradas…
Acéptanse suxerencias.