Dispara. Razóns para sentirse orgulloso de Galicia. Parque fluvial do río Barosa.
Volta a rutina de publicar unha fotogalería cada segundo sábado de mes, esta vez con unha reportaxe sobre o parque fluvial do río Barosa, no concello de Barro, Pontevedra.
Trátase dun lugar onde o río ten dous remansos separados por un desnivel considerable, que salva con unha fermosa férveda. Outrora, a enerxía da auga nese salto foi aprovetada para accionar un grupo de muíños que aínda se poden ver no lugar, con diferente estado de conservación. Actualmente, a paraxe está orientada ó esparcemento, con varios establecementos hostaleiros (que non desentonan estéticamente, detalle bastante importante) e un sendeiro que permite percorrer ambos lados da férveda.
As fotos foron tomadas entre as semanas máis chuviosas do inverno, e supoño que no verán río e férveda terán bastante menos auga, e bastante máis xente, que aproveita as pozas que se estancan nas rochas para se bañar. Sexa como sexa, un lugar deses que a nosa terra nos ofrece para reconfortarnos.


Algún día contareiche off the record algunha sobre o que algún propoñía facer nas fervenzas do Barosa.
Comment by xm carreira — May 9, 2009 @ 12:46 pm
Sorpréndame, Mendinho, porque en esta Terra hai certa imaxinación que non parece ter límites.
Comment by F. Miguez — May 9, 2009 @ 2:54 pm
Off the record, que despois veñen as represalias.
Comment by xm carreira — May 10, 2009 @ 11:07 am
ese, off tamén me interesa a min. Por certo, tesme que dicir concretamente por onde se chega a este sitio que parece ben bonito.
Comment by jorgecesantes — May 13, 2009 @ 12:19 am
O sitio é ben fácil de atopar. Viaxando pola estrada N-550 de sur a norte, queda a man dereita prácticamente no límite municipal entre os concellos de Barro e Caldas de Reis; no medio dunha recta bastante longa que ten unha curva morta ó final, vese o indicador perfectamente. Dende alí, haberá en torno a un kilómetro.
Comment by F. Miguez — May 13, 2009 @ 9:18 am