3 cagadas típicas na arquitectura actual.
1ª A lampara no teito do dormitorio, molesta. Deitados na cama, temos certa facilidade para mirarmos cara o teito e, se alí temos un punto de luz intensa, deslumbranos e moléstanos na vista. Colocando apliques na parede, sobre o cabeceiro da cama, o problema non se produciría. Curiosamente, esta disposición é frecuente nas habitacións dos hoteis e prácticamente inexistente nas vivendas.
2ª Os baixantes de auga ruidosos son evitables. Seguro que moitos coñecen a sensación de non durmir polo ruido que fan eses tubos que levan a auga da chuvia dende o canalón do tellado hasta a rede de pluviais, iso débese a que teñen un ou máis codos, situados moitas veces xusto cerca do chan, precisamente onde a auga leva máis velocidade. Tamén as baixadas de auga dos retretes poden ocasionar ruidos molestos. Se o tubo se coloca lixeiramente inclinado, e se evitan os cambios de dirección bruscos, o líquido correrá pegado á parede interior sen dar golpes.
3ª Non é preciso recurrir a complexas electrónicas para conmutar o mando de unha luz dende varios puntos, é dicir, gobernar unha bombilla dende diferentes interruptores. A pesares diso, segue sendo frecuente atopar edificios nos que algúns percorridos esixen voltar atrás para apagar unha luz cando deches chegado a acender outra.