Nin idea de economía III.
«Unha verdadeira medida para saír da crise sería eliminar o I.V.A. (ou I.V.E., como lle queiran chamar). Automáticamente, os precios das cousas baixarían hasta un 16% e o consumo aumentaría de golpe. Quede claro que estou en contra da sociedade de consumo, dando por sentado que un sistema baseado na explotación dos recursos, e non na súa racionalización, é unha temeridade suicida; non obstante, como a famosa bala de fogueo que se reparte entre o pelotón de fusilamento para calmar a conciencia dos que apretan o gatillo, deixo aberta a esperanza a un consumo orientado ós servicios, a sostenibilidade, e outras “oportunidades” menos estúpidas.
Naturalmente, non se me escapa que o estado precisa de eses ingresos feitos a conta do I.V.E., entre outras cousas para o rescate keynesiano do sistema económico, pero ben podería recollelos revisando as figuras impositivas que gravan as actividades financieiras. As grandes, claro.»
Non estaría moi dacordo cunha hipotética baixada do IVA. O IVA máximo español (16%) é dos mais baixos da UE: Portugal e Francia andan polo 19% se non lembro mal, e o Reino Unido ten o VAT no 17.5%.
Os prezos no súper de feito están a baixar pero a xente non consume máis porque:
1- Non ten cartos.
2- E se os ten, merca o imprescindible e espera que os prezos se manteñan ou baixen aínda máis.
Imos aos poucos acumulando unha débeda enorme e dalgunha maneira hai que financiar o investimento público. Eu apunto dúas medidas:
- Permitir unha carencia de ate dous anos no pago de impostos a autónomos e Pemes en dificultades en sectores que sexan rendibles pero estean pasando por problemas de liquidez e regularización de pagos.
- Acelerar o cobro do IVA e IRPF devolto ao máximo.
Comment by xm carreira — April 14, 2009 @ 8:36 am
Apuntadas quedan, coma sempre con bo siso, mendinho.
De todos xeitos, o importante do meu «aforismo» era a idea de «de sacar onde hai moito», non sei se me explico…
Comment by F. Miguez — April 14, 2009 @ 9:44 am
El cantautor José Córdoba (antes conocido como Chivi) ofrecerá un concierto en Vigo, este Viernes 17 de Abril, en la sala Xancara Jazz a las 22.30h. presentando los temas de su nuevo disco “Estado Natural”, un disco totalmente diferente a los grabados bajo el nombre de Chivi y con una producción de lujo. Una perfecta ocasión para disfrutar de buena música de autor en directo y tomando una buena copa.
Más información y canciones en:
www.josecordoba.com
www.myspace.com/josecordobachivi
Comment by jcweb — April 16, 2009 @ 8:44 pm