Carta aberta a A. Núñez Feijoo. Sobre o coche oficial.

Estimado Presidente electo:

Pola presente, diríxome a vostede para expresarlle respetuosamente a miña opinión en relación á súa promesa electoral, de se desfacer do vehículo oficial mercado polo anterior presidente, e de adquirir outro modelo, da marca Citroën, por ter esta unha factoría en Vigo.
Resúmolle o meu parecer en tres puntos:
1º Supoño concordar plenamente na súa análise de que o despilfarro e o vicio por parte dos gobernantes é unha actitude vil, despreciable e merecedora incluso de algo máis que o castigo electoral. Confío en que, alén da cuestión do coche oficial, será vostede quen de predicar co exemplo, con iniciativas como a fiscalización pública das contas do seu goberno.
2º Quédese vostede co coche adquirido polo señor Touriño. Insistindo en coincidir con vostede na crítica a esa compra, se vostede se desfai del para adquirir outro, resultará que os galegos nos veremos pagando o segundo coche oficial «capricho de presidente» en menos de un ano, o cal, supoño que iría implícitamente contra o espíritu da propia medida.
3º Se aínda así se empeña vostede en cambiar o dichoso coche, teña presente que os modelos fabricados polo grupo PSA en Vigo, a saber Berlingo/Partner e Picasso, non se corresponden moito coa idea típica de vehículo oficial, polo que, salvo que faga vostede unha orixinal excepción, seguiría mercando un coche feito fora de Galicia e, en calquera caso, de unha empresa foránea. Sen ánimo de lesionar para nada os intereses da PSA Peugeot-Citroën, nin de facer publicidade de ningunha outra empresa, do cal eu non obtería beneficio algún, permítame lembrarlle (porque parto de supoñelo coñecedor da realidade industrial de Galicia) que existe outro fabricante de coches na nosa terra, e neste caso sí se trata de unha empresa galega. UROVESA é unha compañía punteira dentro do seu nicho de mercado, que son os vehículos con funcións todo terreo e, entre a súa gama, a versión civil do modelo VAMTAC pode, tal e como se ve na imaxe, asumir a estética dun vehículo de representación. Pénseo, igual da vostede un pouco a nota nas xuntanzas ás que acuda, pero podería fachendear dalgo que poucos xefes de estado («xefes de estado» está ben posto) poden facer: moverse gracias á iniciativa tecnolóxica e empresarial da súa terra. Iso sí que sería romper co pasado político de Galicia.

URO VAMTAC Civil.

Nota: Dubido moito que esta carta chegue ós ollos do Sr. Feijoo, e aínda moito máis que lle vaia a facer caso. Non son tan inxénuo, aínda que alguén debería comentarlle o manifestado nos puntos 1º e 2º. A verdadeira intención deste post é recoñecer a admiración personal que sinto por esta empresa galega, que ocupa bastante menos follas de xornal que outras (algunhas non tan galegas).

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/03/09/carta-aberta-a-a-nunez-feijoo-sobre-o-coche-oficial/trackback/

  1. Mándaa ós periódicos: A carta é perfectamente publicable. Noutras palabras: o presi leerache de seguro :-)

    Comment by peregrinodelasrias — March 11, 2009 @ 8:46 pm

  2. aí está uma medida simbólica que vale mais do que muitas medidas para ajudar a economia

    Comment by pepe — March 12, 2009 @ 9:46 am

  3. O problema de mandarlla ós periódicos é que, os que aquí me coñecedes, sabedes que con esta proposta eu non gaño nada, pero na prensa pode ser diferente.
    Tamén é certe que xa vai faltando menos para que propoña “a miña medida”, que é algo máis que simbólica, e que me está a dar algo de choio… por iso tardei tanto en atenderlle a estes comentarios. ¡Unha aperta!

    Comment by F. Miguez — March 13, 2009 @ 6:53 pm

  4. Moi atinadas reflexións. O coche de Feijoo fixo que esta fose a campaña electoral na que menos se falou de programas, a campaña electoral na que gañou o insulto e a difamación.

    Comment by Boedense — March 26, 2009 @ 7:31 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.