Decálogo de erros cometidos polo bipartito.

Expoño, sen determe a analizalas, as que xulgo como principais causas da derrota electoral sufrida pola coalición gobernante na anterior lexislatura, e conclúo con dúas observacións que considero importantes para o futuro. A orde é arbitraria.

1º O fiasco na reforma do estatuto.
2º O fiasco na reforma do voto emigrante.
3º A continuidade dos «chiringuitos» do goberno anterior, e a creación de outros novos.
4º Non ter sido capaces de cortar a polémica sobre a cuestión linguística tendo a lei e a realidade do seu lado.
5º O abandono das bases sociais, ou o intento de manipulalas para evitar as actitudes críticas dende a esquerda.
6º A aposta por un modelo de desenvolvemento baseado en facer o mesmo que os gobernos Fraga, pero máis.
7º A continuidade nos fenómenos caciquiles, con distintas siglas.
8º A continuidade dos vicios políticos como a ostentación ou a liberalidade de salarios e pensións para os cargos.
9º Ter permitido que a iniciativa no debate a tivese sempre o PP, limitándose a retrucar sobre os temas que a este lle interesaban.
10º Non ter sido bos socios, con unhas friccións públicas que transmitiron a imaxe de estar antes o partido e despois o cargo.

En resumen, fallou no bipartito darse conta de que no ano 2005 os galegos non votaron por eles e as súas ideas, senon para romper unha racha de goberno que necrosaba Galicia, pero agora iso é pasado. Tanto PSdeG como BNG deben facer autocrítica dende as súas bases, os demáis partidos aprender dos erros cometidos por estes, e o PP… O consello para o PPdeG ven ó final de todo.

As dúas cuestións a ter presentes para o futuro:

1ª O PSOE pode empezar a pensar no esgotamento do modelo ZP, que no seu día foi o tirón que arrastrou a Touriño cara a presidencia da Xunta. O talante, a retirada de Irak e os matrimonios homosexuais empezan a quedar moi atrás no tempo, nun escenario de crise económica en que o electorado de dereitas non vai cambiar o seu voto, mentres o electorado de esquerdas pode seguir a estratexia de castigo empezada en Galicia, se non ve nos socialistas unha intención clara (alén da retórica) de facer políticas económicas baseadas na protección dos traballadores ou orientadas a uns cambios de estructura que, honestamente, hai tempo que xa non están moito en mans do estado.

2ª Existe agora, entre os simpatizantes da esquerda galega, un grande temor sobre o «paso atrás» que pode supoñer a volta do Partido Popular ó goberno autonómico, se con él volve o desprecio polo medio ambiente, pola ordenación territorial, ou o despotismo (entre outras moitas cousas) que caracterizaron a era Fraga. Eu prefiro manterme tranquilo. Se Alberto Núñez Feijoo é medianamente sensato, terá moi en mente que está a gobernar por deméritos alleos, e que eses case-cento-vinte-mil votos que lle fallaron esta vez á esquerda maioritaria, poden volver a concentrarse nuns PSOE e BNG de caras renovadas dentro de catro anos, se, igual que fixo o seu antecesor no PPdeG, provoca outra vez, entre os sectores máis progresistas da sociedade, a sensación apocalíptica que o Fraga do Prestige, as minicentrais, as fundacións hospitalarias etc. xenerara hasta o 2005.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/03/08/decalogo-de-erros-cometidos-polo-bipartito/trackback/

  1. Estimado Miguez, gustaríame pensar que Feijoo vai pensar como dis, pero máis soame a que repetirá a pòlítica caciquil de Fraga que tan bos rendementos lle deron ó Pp durante anos, amarrando votos no rural (atentos á xogada de Ourense) e xogando á demagoxia nos ámbitos urbanos.

    A politica mudou co cambio de goberno. O caso sera ver si voltamos ó surrealismo paternalista de Fraga ou a outra forma do tipo murciano ou valenciano.

    Comment by pablo gonzalez — March 9, 2009 @ 9:34 am

  2. Pois a verdade é que eu nin pensara no modelo do PP oriental e, certamente, paréceme que pode ser a referencia seguida polo PPdeG, que vexo bastante desligado xa da política de boina que tanto éxito lle deu noutro tempo.

    Comment by F. Miguez — March 9, 2009 @ 11:48 pm

  3. Vaites… aínda non lera ningunha valoración seria sobre os erros do bipartito coa que estea tan de acordo coma esta túa. Non viña mal deixala caer en “cuartillas” para que a lean os que nos gobernaron.

    Comment by A Lareira de Santiso — April 6, 2009 @ 5:03 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.