Sobre o grave accidente acontecido en Redondela no mes de Xaneiro.
O día 16 de xaneiro un gravísimo accidente de tráfico levaba a vida duns mozos deste Concello. O blog estaba en parada técnica e quedáronme sen apuntar dúas cousas que considero importantes. Unha coa perspectiva que me da vivir a uns metros do lugar do accidente e saber o que alí pasa. Dúas, coa perspectiva dun que pode falar en primeira persona de xuventude, tráfico e sinistralidade vial.
Da estrada.
O treito da estrada N-550 onde se produciu o accidente, xa saiu citado dúas veces neste blog (1 e 2). Na altura aproximada do Km 145 van tres accidentes con víctimas mortais en dous anos. Aínda máis: eu diría que teño visto cambiar o gardarraíl (por accidente) dúas veces cada semana. Todavía aínda máis: a estrada foi remodelada hai uns dez anos, engadindo un carril lento e cambiando o trazado nalgúns treitos, pero o punto fatídico queda xusto onde o novo trazado entronca co antigo; o grave é que xa tiña morto xente alí antes de todo iso. Din as malas linguas que foi por non pagar unha das dúas casas a sendas beiras da estrada, o cal eu non crería se non tivese visto moitos sitios en que unha edificación condiciona o trazado (a veces parece que o fan esperando a que o seguro de un camión pague expropiación e derribo, todo xunto).
Con estas aseveracións, de tono coloquial, veño a introducir un discurso máis que reiterado neste blog. Hai que cargar contra o Ministerio de Fomento, a C.O.T.O.P., as administracións locais, os políticos e algúns medios de comunicación hasta que cambien a súa actitude. Hai máis de dous anos que oín falar por primeira vez do proxecto de mellora para a N-550 neste entorno, pero aquí os únicos plazos que importan son os do AVE. Non importa nada que unha das principais arterias para o transporte por estrada de Galicia sexa, dende Redondela hasta o Porriño, un verdadeiro camiño de cabras (casuliadade que esta nova saíse estes días, pero hai que pasar por ela en bicicleta para darse conta do que verdadeiramente hai), nin importa que morramos galegos a diario nunhas estradas miserentas.
Da xuventude ó volante.
Outra vez aparece o estereotipo da combinación xuventude-velocidade. Coido que, mentres non cambie a actitude de todos fronte a esta cuestión, seguiremos tendo mortos. Antes de nada, recoñezo que eu non fun ningún santiño, e a única diferencia entre algunhas das que eu fixen e a que levou a estes mozos ó cadaleito chámase sorte. E dígoo porque o primeiro paso para solucionar un problema é identificalo e chamarlle polo seu nome. Moitos respetables pais de familia escalazaron algún coche cando tiñan vinte anos, pero parece que coa idade tendemos a esquecer. Para evitar iso, apunto eu aquí que cando se teñen vinte anos, un mozo (varón, que é o que eu sei) férvelle o sangue, empeza a vida e non da a basto a vivila toda, cinco minutos tarde nunha discoteca son a diferencia entre chegar cando hai tías boas ou chegar para os restos. Sí, así ve a vida un rapaz de vinte anos normal, e o que negue minte, non se entera, ou xa lle esqueceu. O coche amplifica as posibilidades humanas; se nunha mesma noite percorres jaritos de Portonovo, Pontevedra e Vigo tes infinitas posibilidades de que pase ese algo, indefinido, que fará á noite especial. Para colmo, Galicia é como é, e o galego medio ten unha probabilidade elevada de vivir a máis de cinco kilómetros dos lugares de ocio ou da parada máis próxima do noitebus. O resultado de mesturar todo isto: xa o sabemos. Primeiro de todo, saber. A maioría da xente durme, ou quéixase do ruido, mentres a xuventude vive a súa vida, e nin sabe nin quere saber cómo é esta. Coñecer as verdadeiras inquedanzas e necesidades (en cuestión derelacións sociais, que é do que se trata) dos novos, é unha condición imprescindible para aportar solucións sen risco.
Segundo, cando se fala de coches e seguridade vial, hai que saber para falar. Con vinte anos, na miña pandilla había coches dende 35 hasta 220CV. As animaladas e as situacións perigosas eran máis habituais nos de menos de 100CV, por unha única razon: os seus conductores. Digo isto porque discrepo parcialmente da polémica da xente nova en coches potentes. O problema son as cabezas, non as máquinas. Evitar que a xuventude ande en coches gordos pode ser unha medida paliativa, pero non correctiva. Vou dar unha idea moi concisa: Se a maioría dos accidentes mortais se producen circulando por vías secundarias a altas velocidades ¿de qué sirve un exame de conducir no que te poden suspender se tardas máis de dous minutos en aparcar? Ahí é por onde hai que empezar: a xente saca o carné de conducir coñecendo o código de circulación e sabendo frear nos semáforos e poñer o intermitente. Pero non aprende a conducir. ¿Cantas veces perdeu vostede o control do seu coche na autoescola? ¿E fora de ela? Pense fríamente o que aprendeu para sacar o carné e o que aprendeu despois, porque nese despois hai moitos rapaces de vinte anos que non aproban. Ahí, na preparación técnica e psicolóxica dos conductores é onde hai que buscar a solución, aínda que iso faga máis custoso (en tódolos sentidos) obter un carné de conducir que, tal e como está plantexado hoxe en día, non serve prácticamente para nada.
Nota: Na información da TVG dise que o contakilómetos quedou marcando 150 Km/h. Hasta ahí está ben dito. Se tivesen dito que esa era a velocidade do coche no momento do impacto, ou o tivesen suxerido, estarían metendo a pata hasta donde a suelen meter cando falan de cuestións técnicas. Nun accidente, a indicación na que se bloquea o velocímetro pode non ter nada que ver coa do vehículo. Neste caso hai razóns físicas para non lle prestar atención a esa lectura.
Estimado amigo:
Sen ánimo de polemizar, ocúrreseme que a solución podería estar en empezar a nos considerar malos conductores, desos que non saben máis que o funcionario que pon os límites de velocidade, por moito que teñamos pasado por unha estrada que o tal funcionario so coñece de vela nun plano.
Non digo que as carreteiras non teñan que ser ben deseñadas e mantidas, pero ese debate non pode sacar o tema da responsabilidade individual dos cidadáns, teñan 20 ou 60 anos.
Un saúdo.
Comment by pablo gonzalez — February 20, 2009 @ 9:51 am
Por ahí van os tiros do segundo epígrafe (da xuventude ó volante). A formación dos conductores, tanto na técnica como na disposición psicolóxica é semellante, por poñer un exemplo, a darlle o título de ciruxán a calquera que saiba os nomes dos músculos e colla o visturí sen que lle caia.
Comment by F. Miguez — February 20, 2009 @ 6:53 pm
Primeiramente estou totalmente en contra de botarlle a culpa dos accidentes ó estado das estradas , se un neno de 6 anos sabe que ten que frena-la bicicleta nas curvas e incluso baixar dela se hai fochancas…como non o ían saber os hormonados rapaces do golf.
Tiven a oportunidade de vivir nas illas británicas e podo constatar a enorme diferencia en conciencia cívica dos mozos británicos con nos. A que se debe ? Puiden constar o medo atroz que teñen os rapaces a seren parados pola Police… e non pola multa coma ocorre aquí senón porque eles …digamos que teñen un acordo tácito coa sociedade para dar un par de ostias ben dadas cando algún merdeiro se pasa da raia ou de listo e pon en perigo á comunidade.
Comment by Ariel NontanCabron — February 20, 2009 @ 7:35 pm
Moi interesante o debate.
Tamén sen ánimo de poleminzar diría que:
1) Tes razón no de que hai que mellorar as estradas. Pero tamén teño razón eu, penso, en que nunca estiveron tan ben como agora.
2)As estradas dificilmente serán as culpables dos accidentes. Como ben di Ariel NontanCabron, hai que conducir á velocidade “adecuada”.
3) Un exemplo que vivín neste verán na miña terra, estrada Malpica-Ponteceso. Uns rapaces voaron non si cantos metros e empotráronse á altura do segundo piso dunha vivenda. Morreron os dous. Volvían de troula, non tiñan xa prisa por ese 5 minutos que ti dis. O tramo está perfectamente senalizado á velocidade máxima de 50 km/h. ¿De quen é a culpa? ¿Da estrada? Pois polo que se puido ler ó día seguinte na Voz, si…
Comment by Ninsesabe — February 22, 2009 @ 5:41 pm
Polemize, polemize, que o debate sempre é bo.
É certo que as estradas de hoxe non teñen que ver coas de, por exemplo vinte anos atrás. Tampouco o ten que ver a dependecia que temos os galegos do automóvil. A segunda medrou moito máis que a primeira, por dicilo así. En calquera caso, cando en douscentos metros de estrada se producen máis accidentes que en outros cincuenta kilómetros calquera da mesma estrada, é porque algo extrano pasa nese punto. ¿Que é porque os conductores non respetan o límite de velocidade de ese punto? Probablemente, pero pensen vostedes se sería razonable, por exemplo que unha comunidade de veciños, en lugar de arreglar un chanzo dunha escaleira onde cae todo o mundo (por ter unha plaqueta solta, supoñamos), puxera un sinal de perigo e deixase a plaqueta tal e como está.
Por outra parte, e retomando o exemplo que pon ArielNontanCabron, pensen cando aprenderon vostedes a andar en bicicleta. ¿Consistiu esa aprendizaxe en aprender un conxunto de normas e límites, ou foi algo máis constructivo? ¿Foi algo así como «para andar en bicicleta, non podes facer tal, non debes pasar por tal…»? Eu insisto, conducir non é (so) as normas de circulación, e as normas non son substitutas axeitadas para as carencias que teñen vías es conductores.
Comment by F. Miguez — February 23, 2009 @ 7:56 am
O que eu me temo é que en realidade non interesa moito que baixen as mortes nas estradas. Haberá sectores aos que non lles interesa. Máis nada.
Comment by A lareira de santiso — February 25, 2009 @ 5:53 pm
Dame a min que no fondo da cuestión estamos máis de acordo que en desacordo. A clave seguramente está nunha palabriña de dúas letras que ti pos entre paréntesis: (so). Efectivamente, conducir non é (so) normas de circulación, pero tamén é normas de circulación. ¿E se camiñasemos polos dous camiños a un tempo, o das normas e o da mellora das vías? Pero eu penso, con sinceridade, que melloraron máis as vías que o respecto ás normas.
Logo hai outro punto no que concordo contigo (e no me trates de vostede, por favor, que me fas máis vello do que son…)ó cen por cen: é o dos puntos negros.
Unha aperta.
Comment by Ninsesabe — February 25, 2009 @ 6:24 pm
Eu non estou seguro de haxa quen lle interesen as mortes, accidentes sí, mais coas mortes non vexo eu qué beneficio engadido se podería obter. Claro que unha cousa é que eu non a vexa e outra que non exista
O dos puntos negros é unha realidade innegable, e o accidente que motiva este artigo ten todas as de ser un punto negro. Sobre a cuestión das normas, habería que introducir un novo debate (que xurdirá co tempo, senón xa verán) sobre a psicoloxía dos conductores frente as normas, ou viceversa. Introduzo dúas cuestións ó respecto:
¿Cómo de creíbles son para o conductor unhas normas que se establecen con criterios dos anos 70? (Honestamente, hai zonas limitadas a 50 que ninguén respeta porque da a sensación de estar parado.)
¿É posible que un conductor lle preste á sinalización cando esta é exhaustiva? (Hai treitos da N-550, que é a que eu máis transito, onde podemos atopar, en douscentos metros secuencias como “cincuenta, cincuenta, fin de límite de oitenta, cincuenta”.)
Comment by F. Miguez — February 26, 2009 @ 11:14 am