Enquisa electoral.

«¿Cual de los tres partidos cree que lo haría mejor, de ganar las elecciones, en las siguientes materias?:

sanidad pública, educación,

LUCHA CONTRA EL TERRORISMO
…»

Isto foi o apoxeo das preguntas que me fixo onte un enquisador (¿dise así?) por teléfono. Estou case seguro de que non era galego, o cal non ten nada de malo, tamén hai camións portugueses acarrexando a propaganda de algún partido. O que sí me parece mal e mesturar as cousas, e meter a loita contra o terrorismo na empanada de unhas eleccións autonómicas galegas. Nin en Galicia hai terrorismo, nin o goberno autonómico ten competencias nesa materia, nin (isto é o máis importante) ningún partido está a falar do tema.
¿Será que a enquisa tamén quería facer unha prospección de mercado para outros lances? ¿Ou será que hai quen nin se entera, nin se quere enterar?

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/02/17/enquisa-electoral/trackback/

  1. mmm… Madrid Me Mata. Viven na súa puta burbulla e quérennos meter a todos nela.

    Comment by Calidonia — February 17, 2009 @ 10:04 pm

  2. Me mata, pero por intoxicacion…
    O curioso é que sigan a rascar no tema, cando está borrado incluso do actual argumentario dos partidos “de Madrid”.

    Comment by F. Miguez — February 18, 2009 @ 4:31 pm

  3. Será que hai que saír enchendo a boca no telediario dicindo que o terrorismo é “la primera causa de preocupación de los españoles”. Alguén debería mirar canta xente morre por terrorismo “oficial” e canta polo outro, polo que se esconde debaixo das alfombras oficiais…ggghhh admito que neste tema non gardo razón. Alégrome de que o sacaras.

    Comment by A Lareira de Santiso — February 18, 2009 @ 6:05 pm

  4. claro claro, sen dúbida nesa materia nos up, ou a falanxe española, hai que escoitar todo iso. O tema… que respondiche.

    Comment by jorgecesantes — February 18, 2009 @ 8:23 pm

  5. ….e seguiremos coa guerra lingüística de GaliCataluña , e logo o novo estatuto galego que romperá ESPAÑA aínda máis, e logo outra volta as Galescolas e despois ladrarán tamén porque se intente recupera-lo can de palleiro en detrimento doutras razas tamén españolas…..

    Comment by Ariel Nontancabron — February 18, 2009 @ 8:36 pm

  6. Respóndovos un por un:
    O que me escandaliza a min é que, comparando o número de mortos cada ano en accidente laboral co número de mortos en atentado terrorista, do primeiro nin se fale. Ollo, que non digo con iso que o terrorismo non sexa un problema, pero o español medio ten ben máis onde morrer (evitablemente) que nun atentado terrorista.
    Partidos hainos para todo, pero na enquisa que fixen so podía escoller na malloría das preguntas entre PSOE, PP e BNG; ocasionalmente, tamén IU.
    No fondo, os máximos españolistas son os que máis rompen España. Se o discurso fora: vamos a poñer en valor toda a pluralidade que temos, habería moito menos enconamento, pero co plan “solo rojigualda por cojones” o que consiguen e voluntarios no outro bando, que non lles gusta ver tratado de inferior o contexto no que naceron e/ou se criaron.

    Comment by F. Miguez — February 18, 2009 @ 11:09 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.