Reflexións técnicas e persoais sobre o temporal do pasado día 24 de xaneiro.

Habería moitas cousas que falar do acontecido, tanto no temporal como noutros momentos clave deste inverno de meteoroloxía… invernal, para que nos vamos a enganar. Eu so vou apuntar sobre dúas cuestións técnicas concretas, que me parecen especialmente relevantes a pesares de non ser o enfoque escollido nos medios. Mézclolle polo medio algunha sensación personal que tiven tamén aquel día. Para evitar confusións, en cursiva as persoais (porque son menos).

Cando o vento arrambla con todo nunha galerna destas, prodúcese unha paisaxe curiosa, na que o caos das cousas tiradas polo chan ou voando polo aire nos revelan que ese mundo aparentemente perfecto construído por nos ten moito de inxénuo e de autoengano, que nos fai sentir seguros na ignorancia voluntaria de unha natureza infinitamente máis grande e forte ca nos.

As cancelas de obra foron das que máis contribuiron a ese «cousas tirados polo chan». Son algo provisional e o seu pequeno peso fainas pouco perigosas se o vento as tira, pero non podemos dicir o mesmo dos paneis publicitarios. Non me parece admisible que o vento os deite, porque o seu peso e perigosidade xa non é tan nimio. Recoñezo que eu nunca o fixen, pero calcular as cargas que o vento provoca nunha estrutura non é un dos grandes problemas da enxeñería; está todo estudiado, tabulado e regulado, polo menos na edificación. Sexa por que non cumplen a normativa, ou sexa porque carecen da mesma, o día de autos fixo un vento inusual en Galicia, pero nada que non se puidese predecir. Aínda así chegou para tirar moitas de estas vallas, co consecuente perigo. Eu contei sobre doce nos quince primeiros kilómetros da N-VI, demasiadas para falar dalgo anecdótico ou un fallo puntual como o que podería ter tirado unha antena de telefonía movil. Alguén dirá que tamén cairon torres de alta tensión, certamente, pero (a) as liñas de A.T. transcurren xeralmente fora de núcleos poboados (xerando menos risco) e (b) o tendido eléctrico é algo máis útil que a propaganda. O caso é que deberíamos reclamar máis control sobre as estruturas publicitarias e a súa ubicación, aínda que eu proporía que as prohiban directamente. As empresas teñen todo o dereito a comunicar, pero eses murais chantados onde son máis visibles son un antentado contra a liberdade, xa que te obrigan a escoitar a mensaxe ou xirar a cabeza, ademáis de un secuestro da paisaxe en toda regla, paisaxe que, sendo patrimonio de todos, ninguén debería ter dereitos adquiridos para o seu uso.

Sí se falou bastante nos medios dos problemas provocados no suministro eléctrico polo temporal. Ocórreseme unha tormenta de cousas para comentar ou explicar sobre isto, así que tentarei estructuralas dalgún xeito.

1º No rural, é normal que marche a luz cando fai vento. A nosa particular dispersión poboacional condénanos a ter kilómetros de tendido de media e baixa tensión, moitas veces entre árbores que poden ocasionar cortocircuítos nas liñas cando as tocan coas polas. Non é un problema grave, no sentido de que unha cuadrilla de operarios culificados so precisa apenas uns instantes para solucionalo, incluso se hai rotura dalgún fío. A mellor medicinia é a preventiva, é dicir, evitar que os tendidos transcurran por zonas arboladas, e obrigar ós propietarios das árbores a cortar aquelas polas máis próximas ós tendidos. É un traballo de todos: das empresas suministadoras, dos propietarios (que no rural somo case todos) e da administración, que para algo ten a facultade de regular.

2º Dada a magnitude do temporal, e a extensión afectada no mesmo, paréceme comprensible que as cuadrillas tardasen case unha semana en restituír a normalidade. Hai que ser realista, e aceptar que nin Fenosa nin ningunha outra vai ter contratado permanente o personal preciso para atender unha continxencia deste calibre, porque estarían ociosos a práctica totalidade da súa vida laboral. Tampouco se lle pode pedir ó personal destas cuadrillas un esforzo superior ó humano.

3º A veces, as árbores non nos deixan mira-lo bosque, e neste caso acontece algo así. Os apagóns rurales tra-lo temporal non son o verdadeiro problema do suministro eléctrico en Galicia. Na miña casa de Redondela, que non é precisamente rural profundo, chegamos a medir unha tensión na rede de aproximadamente 175 voltios. A tensión nominal é de 220V, e admítese que caia hasta 200V (o 10%, se lembro mal, que falo de memoria). Todo o que baixe de ahí, ademáis de ser un incumprimento de contrato por parte do suministrador, significa risco de avería para os electrodomésticos. Aquí solucionouse polas boas, falando coa compañía, pero non me cabe dúbida ningunha de que esa situación debe ser endémica de toda a Galicia non urbana, con unha diferencia: a maioría da xente non sabe nin de qué estou a falar.

A autonomía enerxética dos fogares galegos pode ser a mellor solución a todos estes problemas. Confío non gañarme a enemistade das empresas do sector por dicir isto.

5º O temporal paseino no Burgo (Culleredo) e tamén faltou a luz un pouco. O Burgo é un asentamento humano consolidadísimo, de unha dimensión apreciable, e os cortes no suministro eléctrico, malia que breves, parécenme un mal síntoma porque, contra o que puidera parecer ou o que puidéramos sentir subxetivamente, canto máis grande é un asentamento humano, máis vulnerable é este. As grandes áreas urbanas non producen nada daquilo que precisan para sobrevivir, e a electricidade é un formidable exemplo, xenerada a kilómetros e guiada por tríos de cables metálicos que, por máis robustas que aparenten as torretas onde se penduran, son unha fina liña de vida para a luz e a seguridade que nos ofrece o interior das cidades.

Pero cando esa luz marcha, e o urbano se torna escuro coma o monte, resulta que non pasa nada. Que os ollos se adaptan á escuridade e podes camiñar pola rúa sen tropezar, que entre as nubes da galerna, o vento abre claros onde descubres que as estrelas tamén brillan sobre as cidades. Non vou ser eu quen predique a prohibición das farolas, aínda que penso que hai máis das precisas, e mal colocadas, pero non estaría de máis apagalas de vez en cando para que lembremos cómo é o mundo cando desaparece a ilusión de que o dominamos.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/02/07/reflexions-tecnicas-e-persoais-sobre-o-temporal-do-pasado-dia-24-de-xaneiro/trackback/

  1. Meterlle man ao oligopolio das eléctricas -como no caso dos bancos- é un imposíbel, teñen a todos os governos de todos os países collidos por onde doe. No entanto, se a falta de subministro eléctrico tivese acontecido noutra autonomía habería unhas protestas sociais enormes e na galiza, todos a calar, en fin.

    Comment by xm carreira — February 8, 2009 @ 3:48 pm

  2. Eu aínda diría máis. As empresas eléctricas, de cara ós pequenos consumidores, seguen a ser monopolios locales de facto. Mais a orixe dos problemas, máis que niso, eu buscarío no poder que teñen dentro de estas empresas capitales que veñen de outros sectores con responsabilidades diferentes, e aínda non son moi conscientes das obrigas que lles supón o suministro eléctrico (e, tal vez, se as coñecesen de anteman, non lles tería resultado tan atractivo).

    Comment by F. Miguez — February 9, 2009 @ 4:45 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.