Fin da parada.
Rematou o prazo de tres semanas asignado para o mantenimento do Apunta. Desta volta, os obxetivos non eran demasiado ambiciosos e cubrinos case todos. Fixen un back-up dos artigos e os comentarios (bueno, do blog enteiro) para evitar os nervios que pasei hai uns meses, nunha caída do servidor de blogsome que me dicía algo así como «ese blog non aparece».
Tamén refresquei algo a lista de recomendacións que hai na dereita, retirando as baixas, cambiando as direccións daqueles que se mudaron, etc. Coma sempre, non están todos os que son, pero son todos os que están.
Por outra parte, había certa carencia nas fotos da cabeceira, que simbolizaban a sensibilidade polo rural e o ambiental que pretendo recoller neste blog, pero non había ningunha sobre as sensibilidades técnicas, que tamén se apuntan aquí. Engadín, por tanto, dúas novas imaxes de contido «tecnolóxico» (por agora tecnoloxía mecánica, que é a miña) na ruleta da cabeceira, con intención de cubrir ese oco. Non estou seguro de que sexan moi bonitas, pero fan o choio. Ademáis, agardo que poucos de vostedes veñan a ver a fachada desta catedral, e sí que se me suscriban a través do seu agregador de sementes rss.
O único que me quedou por facer, e nin siquera tiven tempo de buscar cómo facelo, era poñer eses botonciños de «chúzame» ou «menéame» que teñen outros blogs. Non é que a difusión da miña mensaxe me quite o sono, pero tampouco pasa nada por tecer un pouco máis a rede.
En calquera caso, avisados quedan. Nos próximos días empezarei con unha serie de artigos relacionados con varios acontecementos destes días en «stand by» que me quedei con gañas de apuntar, para non os esquecer.