Parada técnica por mantemento.

Mañá é segundo sábado de mes, e tocaría unha nova entrega do fotoblog, pero o que toca, como os dous xaneiros anteriores, é a parada técnica do blog.
Teño a sensación de ser un pouco chafalleiro, xa que apenas unas semanas atrás tiven outra pequena parada por razóns alleas á miña vontade, pero vai sendo hora de parar a facer algún arreglo; sobre todo, adicarlle un tempiño a facer un back-up de todos os artigos, non vaia ser que un día, de golpe, se esqueza todo o apuntado. Tentarei algunha outra cousiña máis, aínda que non ando folgado de tempo.
Así pois, «Apunta, para non o esquecer», cerra por mantemento durante as próximas tres semanas, aínda que seguirei atendendo os comentarios e o correo, se houbese. Vémonos, pasado ese prazo, camiño do cuarto ano de blogueo.

Nota: O da foto son eu, argallando. Non duden en saudarme pola rúa se me recoñecen.