Notas sobre como organizar unha exposición moderna.
Estiven o outro día na exposición «Deseño Holandés: na rúa coma na casa» que a Fundación Barrié de la Maza ten na Coruña hasta o día 25 de xaneiro (en Vigo do 19 de febreiro ó 3 de maio). Atopei algunha cousa interesante, algunha cousa de nulo valor e moitos obxetos inspiradores da sentencia «se isto é o que fan os holandeses, non é moi diferente do que fan os demáis», por se lles interesa o deseño de productos de consumo. Non obstante, o que xustifica esta entrada é a chocante forma de non-achegarlle o material exposto ó público, e explícome: A exposición ocupa dúas plantas, dotada dun vixiante xurado cada unha. Supoño que seguindo ordes, tiveron o respectivo momento de gloria absurda, un cando dixo «non se pode tocar» e outro cando informou de que «non se poden facer fotos».
A primeira frase foi para min, cando intentaba manipular unha mesa convertible en en silla para ver cómo se transformaba. Nin me puxen colorado, e non son precisamente un fresco, porque (a) estivera hai tempo no mesmo lugar vendo unha exposición de Verner Panton (tamén deseño de producto) na que si estaba permitido manipular, sentarse ou agabear, e non había razón para crer que esta exposición sería diferente. Ademáis (b), sen adentrarnos en parafernalias «2.0», un está acostumado a entrar en calquera comercio e poder tocar ou fedellar ó seu gusto nos productos, a excepción da comida, as xoias e as cristalerías; por moito que estea exposta nunha sala, unha cadeira que se convirte en mesa non é o Guernica nin o sarcófago de Tutankamón, senón un producto singular ideado por alguén para a comercialización ou para exhibir as súas capacidades como deseñador, mais se o expectador non pode comprobar esa transformación de mesa a silla, a mensaxe pérdese nalgures. Ignoro quén deu a orde «non tocar», pero alguén debería explicarlle que a xente, se non pode participar, non lle interesa; mellor, déase unha volta polos «Decathlón», «Primark» ou «Zara» e vexa como a ningún vendedor se lle pasa pola cabeza prohibirlle ó público que remexa na mercadoría… E ben cheíños están de xente, fronte a outros «menos interactivos». Antes de que se argumente que unha exposición non é unha feira (observación discutible), tamén se me ocurre envialo ós museos científicos da Coruña, para que vexa cómo «tocando se aprende».
O de non facer fotos xa non mo dixeron a min, nin falta que facía. Eu sonlles de botón lixeiro, e logo tiro de cámara en canto algo me chama a atención, pero na exposición nin me plantexara facer fotos, e non por evitar levantar sospeitas de afán plaxiador, senón porque (a) moitos dos artigos xa viñan fotografados no panfleto da mostra e, (b) se algo me interesase, xa o buscaría en Internet con máis calma. De feito, prohibir facer fotos non é tampouco unha barreira eficaz contra a fuga de información, que pode viaxar nalgo tan sinxelo como unha nota nun caderno… Pero o problema non é ese. O problema está na dificultade que teño para imaxinar cales motivos levan a promover un acto divulgativo, como unha exposición sobre deseño holandés, e ó mesmo tempo se lle pon freno a esa divulgación (a) limitando a interacción e (b) prohibindo a toma de imaxes.
Releo o hasta aquí escrito e debo aclarar algo: Non é obxetivo deste artigo criticar á Fundación Barrié, que soe acompañar estas estas exposicións, de por si iniciativas louvables, con actos e talleres moi didácticos, senón ilustrar a necesidade de romper definitivamente as barreiras e que o público vaia cobrando un papel máis protagonista, en beneficio da laboura divulgativa que estas organizacións asumen. A fin de contas, unha das reglas básicas do deseño, é ter sempre na mente á persona para quen vai dirixido ese deseño.
NOTA: Debo confesar que botei unha hora a buscar unha foto da «silla-mesa» para este artigo sen éxito :s