Varios aforismos sobre a campaña israelí en Gaza.

Apunto, a granel, varios aforismos sobre o ataque que Israel mantén dende hai unha semana contra Gaza. Algún é meu, algún é alleo, e algún refundido, e non os apunto por consideralos acertados, senon por retrataren opinións un pouco fora da condena explícita que mantemos a maioría, e poderían abrir un ou varios debates.

«Tan bos son uns coma outros, os de Hamás non deixan de ser uns asasinos e non me dan pena ningunha.»

«A solución era tan sinxela como que os europeos e os americanos deixásemos de pagarlle as armas ós israelíes.»

«Retirándolle o embargo de armas a Palestina, sería posible un equilibrio de poderes que fixese a Israel pensarse a súa política e se sentase a falar.»

«Todo isto reflexa a necesidade de revisar o funcionamento ou os cometidos do consello de seguridade das Nacións Unidas.»

«Europa mantense tibia na cuestión porque aínda se avergoña do trato que lle deu ós xudeus no século XX, xa non so polo Holocausto, senón tamén porque, digámolo así, a ninguén lle pareceu mal que collesen os bártulos e se marchasen á súa “terra prometida” despois da guerra.»

«Xa oín ironizar vairas veces sobre iso de que estas accións quítanlle razón ós xudeus para darlla ós nazis.»

«Hai tempo que non creo o que contan nos medios, sexa sobre a crise de Gaza, sobre Venezuela, sobre Cuba ou sobre Corcubión. Eu interpreto as novas coma bandeiras nun mapa, cravadas para indicar un problema nun sitio determinado, ou a manifestación local dun problema máis amplo, pero nunca creo os datos ou os feitos narrados.»

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2009/01/02/varios-aforismos-sobre-a-campana-israeli-en-gaza/trackback/

  1. Sin haber leído mucho sobre el tema, me ha gustado mucho este artículo de www.elmundo.es comentando las ideas equivocadas más frecuentes sobre el conflicto:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2008/12/30/internacional/1230654642.html?a=bc0ca0ded84ce9c95fe67c4a5726d023&t=1230657939
    Y eso que yo habría redactado el artículo de otra forma: tal como está, se minimiza la parte de culpa del “bando” de Gaza.

    Comment by peregrinodelasrias — January 2, 2009 @ 11:16 pm

  2. Creo que deberiamos lembrar o último ataque de Israel ó Libano , quero resaltar as lágrimas do primer ministro libanés clamando polo alto ó fogo e a intervención da ONU trala devastación sufrida …e quero contrastar isto coa chulería do líder de Hamas , o pseudoprofeta Haniya chamando á intifada coa soberbia e a indiferencia dun fanático que ten coma obxectivo a destrucción de Israel ( Haniya sempiternant dixit)….e non o benestar e a paz do seu pobo….Con estes argumentos Israel dispón de gasolina e resquicios de razón suficientes para facer o que fai ( Aínda que todos sabemos que é un exceso).
    Se algún día Hamas ou Hezbollah desistisen públicamente da súa pretensión de borrar do mapa o estado israelí…qué opción lle quedaría a estes senón un alto ó fogo permanente ?.

    Tamén quero resaltar a situación dun país rodeado de estados árabes hostiles ( Salvo Exipto e Xordania de momento )e cun presidente de Irán desenrolando misís de longo alcance….bravatas ?? No mercado Ruso se vende de todo ….e se Pakistan ten bomba atómica , porque non vai a tela Irán ?

    Me foden os alienados mentais anti-sionistas , ogallá fosen tan contundentes co conflicto SAHARAHUI ….ou acaso non é similar????

    Porqué os merdeiros pseudo-progres de pano palestino que se manifestan diante da embaixada israelí en Madrid despois non teñen reparos a hora de alaba-la cultura marroquí…os seus tés…Casablanca , Marrakech….sabendo que é un estado opresor sen democracia…ONDE CARALLO ESTABA O POSICIONAMENTO DA OLP E DO RESTO DOS PAISES ARABES CANDO MARROCOS OCUPOU O SAHARA ? ¿PORQUE CARALLO NON PIDEN UNHA INTIFADA OS FANATICOS DE TURNO SE O FIN E O CABO OS SAHARAUIS SON MUSULMANS OPRIMIDOS E ESTAN EN MOITA PEOR SITUACIÓN QUE OS PALESTINOS ??

    Deduzo que levamo-lo antixudaismo nos xenes..alentado por grupos mediaticos tanto de esquerda coma de dereitas….

    Irlanda xamais voltou a estar unida , pero está en paz …o IRA encargouse de liquidar os seus elementos anti-negociación polo ben do pobo.

    Lembro nun documental a un palestino desplazado mostrando con rabia os documentos de propiedade das terras que lle foron arrebatadas polos xudeos…cando a periodista lle preguntou se lle ofreceran a cidadanía israelí con tódolos dereitos cando a Partición , el dixo que sí pero non a aceptou…..Me pregunto se este home tiña tantos prexuizos cando nesa terra gobernaban os britanicos…..

    Comment by Ariel Nontancabron — January 3, 2009 @ 12:54 pm

  3. Interesantísimo artículo, si señor. O certo é que non revela nada que non se oíse antes nos telexornais, pero dou fe de que moita xente foi esquecendo esas eleccións que gañou Hamas, a intromisión norteamericana post-electoral, a tregua unilateral de Hamas… Sen memoria a conciencia é sumamente difícil. Por ahí tamén se poderían enfiar as frases sobre a conciencia (máis be os remordimentos) que hai en Europa respecto dos xudeus.

    Comment by F. Miguez — January 3, 2009 @ 12:59 pm

  4. «Ariel»: colleume vostede redactando a resposta anterior.
    Observo certa vehemencia pola súa parte, da que deduzo que está vostede interesado na materia. O seu texto lembroume a reflexión que facía un profesor meu do colexio, preguntándose por qué os países árabes máis ricos e poderosos, coma Arabia Saudí, non aproveitaban a súa posición para presionar en favor dos seus hirmáns palestinos. Supoño que, ó final, os lazos etno-raciais tampouco teñen tanta forza, se non hai outro interés que apure a tirar deles para xustificarse.

    Comment by F. Miguez — January 3, 2009 @ 1:17 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.