Supoño que coma todos, ando estes días coa cabeza inmersa nos grandes problemas das rebaixas, os tres kilos engordados nas festas, e o estrés de tentar recuperar unha rutina productiva tralo estrés de festas e compras. Por iso, quero apuntar, para non as esquecer, varias observacións sobre o problema que existe entre Rusia e Ucrania polo suministro do gas, que ten a media Europa tesa de frío, e sobre o papel de Galicia no fregado.
1º O gas é un recurso limitado e non está ó alcance de calquera. Segundo a teoría económica, iso dalle un valor monetarizable, é dicir, haberá quen pague por él para poder telo, e haberá alguén que, por razóns fora de lugar neste artigo (pense vostede cales) terá dereito a cobrar por él e enriquecerse.
2º O vento, por exemplo, non é un recurso tan limitado e inaccesible, pero apóstase por tecnoloxías (e economías) de aproveitamento que perpetúan ese sistema en que os representantes do pobo deciden quén gaña cartos explotando ese recurso. Malia iso, debemos estar agradecidos de que o vento o exploten unha chea de empresas e non so unha ou dúas, porque así son máis personas as que se lucran e menos as que teñen posibilidade de «cerrar a billa» cando lle pete.
3º Na casa dos meus avós hai unha «cociña calefactora», a cociña de ferro de toda a vida pero con unha cañería onde se quece auga, que unha bomba eléctrica reparte polo resto da vivenda. Impresiona ver cómo media cesta de leña chega para poñer dous dormitorios, un baño, unha cociña e unha saliña mornas e confortables toda a noite. Na miña casa, a leña sae prácticamente gratis, porque a obtemos do desbroce e limpeza das nosas propiedades, que non son tantas.
4º Coa tecnoloxía axeitada, moitos fogares non urbanos de Galicia poderían ser pouco menos que enerxéticamente independentes, e daríalles a risa que os rusos (por exemplo) cortasen o gas. Lamentablemente, desenvolver unha tecnoloxía custa cartos, e estes dependen da iniciativa empresarial ou da política. A día de hoxe, sin que sirva isto de crítica, a independencia do consumidor soe ir contra os intereses do empresario. Pola súa parte, o político carece de coñecementos tecnolóxicos e de iniciativa, e isto sí é unha crítica.
5º A Galicia urbana teno bastante máis difícil. A iniciativa política das últimas tres décadas foi a de afastar do centro das cidades os centros de producción, os centros de ensino e os centros comerciais. Se ben a de separar fábricas e casas foi unha idea bastante boa, obrigar á familia galega media a percorrer un total de cinconcentos kilómetros semanais (sumando todos os coches da casa) para iren traballar, á universidade, a levar ós nenos ó colexio, á compra, etc. é o maior despilfarro da historia de occidente, e ven de copiar o modelo da «american way of life» pasando por alto o pequeno detalle de que os EE. UU. teñen petróleo e Galicia non. O AVE e as autovías non van reducir esta dependencia enerxética do exterior, nin tampouco esgotar unha lexilatura enteira sen facer que o transporte público pasase do mundo da propaganda a un cambio cualitativo no modelo de transporte deste país.
6º Se vostede vive nun piso, non deixe que a imposibilidade de ter a súa propia cociña de ferro (ou caldeira de biomasa) e a súa propia electricidade o desacougue. A súa familia non será enerxéticamente independiente, pero pode lograr que esa dependencia sexa mínima. Empece por axustar a calefacción a 17º e faga que todos na casa poñan xerseis, calcetíns e boten outra manta na cama, como naqueles tempos de hai quince anos. No verán, en vez de fardar de «air-cool» abra as fiestras un pouqiño para que corra o aire, e baixe as persianas nas horas de máis sol. Como hai quince anos. E afágase a ir andando ós sitios, como facía súa a nai; é probable que poida conseguir case todo o preciso para a súa subsistencia no rango de autonomía das súas pernas, ademáis de rebaixar os seus gastos en ximnasio e prodúctos dietéticos. Despois está o das bombillas de baixo consumo e todo iso que custa cartos.
7º O da independencia enerxética en núcleos urbanos sería factible con instalacións colectivas e unha correcta organización, pero iso, de momento, ímolo deixar no plano da ciencia ficción, porque todos sabemos que os galegos somos indivisualistas e desorganizados… dende hai dúas xeracións, porque non hai tanto que os veciños se axudaban uns a outros nas tarefas do campo ou do mar, pero esa era outra cultura. (O que non perciba a ironía, tampouco ten claro cal é a súa cultura.)
8º Cando alguén lle defenda a enerxía nuclear, tráteo con lástima e condescendencia. Trate de explicarlle que unha central nuclear é propiedade de un ou varios señores, que fan con ela o que lle peta, cóbranlle pola luz o que lle peta e, sobre todo, poderían cortarlla cando lles pete, como fan os rusos co seu gas, que para iso é seu. Se o seu interlocutor pro-nuclear persiste, adopte a actitude que considere máis oportuna, pero vaia para a casa pensando en qué vai facer vostede para se evitar atoparse, un xaneiro de frío siberiano como este, temblando ante a amenaza de quedar sen enerxía se non paga o que lle pidan.
9º Calquera outra persona con uns mínimos coñecementos técnicos tería aproveitado os oito párrafos anteriores para dicir de xeito claro e conciso «para evitar estar á mercede dos productores enerxéticos, debemos facer isto, iso e aquilo» pero a independencia non é un problema técnico, senon de pensamento, e diso vai este artigo.