Boas Festas everybody.

Temos superados os problemas causados pola treboada do outro día, con un tinglado provisional que me volve abrir a xanela a este mundo. O primeiro que fago é a reflexión típica (miña) de esta parte do almanaque.

Resulta sorprendente que, coa idade, vaise descubrindo na xente maior, aqueles mesmos que nos inculcaron o Nadal cando éramos pequenos, un pouso de tristura que se revolve cando chegan estas datas de felicidade por imposición. Ignoro as causas, mais intúo que as ausencias e as incertezas pesan, cos anos, máis que os números vermellos do calendario, e unha nova lección é tomada de estas personas, de quen aprendemos por natureza.
Imaxina un como puido ser o nadal de 1940, por exemplo e sen segunda intención, e ten que borrar da mente os cordóns de luces mercados nos chinos, as galas da televisión, os comercios abertos os domingos e todas esas cousas imprescindibles á hora de darlle vida a un espíritu navideño de campaniñas e voces en off masculinas que asocian felicidade e bos propósitos con algo que, indefectiblemente, nos vai custar cartos.
Sen embargo, a xente maior bota de menos aquel nadal do ano 40 en branco e negro, cando apenas se mercaba o azucre que lle mesturaban ó viño das torradas, e por algunha razón será. Non vou largar o discurso típico, tradicionalista, anti-consumista, nin anti-tópicos. Non. Somentes os vou convidar a investigaren esa razón, e desexarlles que, este ano, a topen.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/12/23/boas-festas-everybody/trackback/

  1. Hoy tengo sentimientos contradictorios, por un lado creo estar alcanzando la paz interior y por otro estas fechas me ponen triste.

    Recuerdo que un buen amigo me decía, en Navidad siempre lloro. No podía evitar acordarse de todos los familiares que la vida, mejor la muerte, se fue llevando.

    Casi todos nos acordamos de nuestra infancia, despreocupada y protegida, rodeados de la familia, que al fin y al cabo daban sentido a esta celebración.

    Con el paso de los años, es posible que aquella ilusión se haya marchitado o todavía la presencia de nuevos seres, aviven los rescoldos y vuelva a brotar la llama del amor.

    Deseo seguir alimentando la esperanza.

    Comment by ártabro — December 24, 2008 @ 4:46 am

  2. Tal vez, vostede xa entendeu esa razón da que falo.
    Felices Festas.

    Comment by F. Miguez — December 24, 2008 @ 3:35 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.