Problemas técnicos II.
A pasada fin de semana, un lóstrego provocou a inutilización parcial do noso equipo informático. Mentres se prolongan as tarefas de reparación, a dificultade do acceso a internet obriga a suspender provisionalmente a actualización de este blog, polo menos hasta a dentro de unha semana. Os comentarios seguiran a ser atendidos.
Perdín a conta das veces que a liña telefónica nos trae un becho, en forma de descarga eléctrica, que nos afurrica o ordenador. Cando foi a terceira, hai alá para catro anos, tramitei unha reclamación a través da oficina de defensa do consumidor do Concello de Redondela, que foi resolta en beneficio da compañía. Eu sigo pensando que, tal e como a empresa se ten facer cargo dos danos ocasionados, por exemplo, por un poste guindado polo vento sobre un coche, tamén debería ser responsable dos picos de corriente que viaxan polo seu fío de cobre, por máis que estes teñan a súa orixe en fenómenos atmosféricos.
Desafortunadamente, non teño moito tempo para poñerme a lidar agora nas administracións competentes, pero gustaríame saber se alguén coñece precedentes de reclamacións deste tipo gañadas polo usuario.