Dipara. Costaba o mesmo facelo ben… e deixar uns arcéns en condicións II.

Segundo sábado de mes, e volvo subir unha soa foto que se basta por sí mesma, tomada apenas a uns metros da miña casa.
Trátase dun paso subterráneo construído recientemente (aínda non está aberto ó tráfico) na estrada N-550 aquí, en Redondela, para evitar ter que cruzala nun treito de curvas bastante perigosas. De feito, ademáis de que ten habido épocas de sairse dous coches á semana (cousas de non saber peraltar as curvas), o ano pasado morreron dous peatóns en sendos accidentes.
A idea de permeabilizar a estrada nesa zona é boa pero:
1º Sobre o gardarraíl «bionda» creo que xa non é preciso explicar que está fora de lugar seguir a instalalos.
2º ¿Por onde pasamos as persoas, a pe, en bici, ciclomotor, maquinaria agrícola, etcétera?
Neste caso, non costaba o mesmo facelo ben, senon que podería chegar a custar menos se algún día un coche leva a unha persona por diante.
Do Ministerio de Fomento e a Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, non podemos esperar nada (nada bo), pero tampouco de alcaldes, medios de comunicación e outros poderes que berran «¡infraestructuras!» contínuamente, esquecendo que en Galicia, entre outras cousas, vive xente.
Pois si que quedou feito unha trampa cazaxentequenonvaiencoche.
No caso do xurado popular eu absteríame nun xuizo. Opino coma ti que non son quen de xulgar a ninguén.
Comment by paideleo — December 14, 2008 @ 9:37 pm
O problema é que absterse implica unha multa de 300€, coido. A ver se teño sorte e non me chaman.
Comment by F. Miguez — December 15, 2008 @ 1:31 pm
Un pequeno apontamento sobre o peralte. Non son un experto en trazado pero este problema repítesenos moreas de veces e non é tan sinxelo como poida semellar. O peralte non é que estea mal colocado, é que non hai moitas opcións de deseñalo doutra maneira nas variantes. Por arriba tes unha autovía ou estrada con bombeo ao 2%, a estrada que pasa por debaixo en perpendicular vai coa súa pendente. Se facemos caso da física, en teoría debería meterse unha curva con contraperalte ao 8%. O que pasa por unha banda é que non é doado facer unha transición de peralte do +2% ao -8% nunha curva de moi curto recorrido, se o fas con pouco espacio o camión despegará unha das rodas ou correráselle a carga. Ademais acontece que o peralte non está pensado só, en contra da vox populi, para que evitar que o vehículo escape, senón para que a auga drene rápido e non quede o pavimento enchoupado ante as xeadas garantindo así un rozamento razoable sobre todo para os vehículos pesados. Se colocas un peralte contra outro peralte en sentido contrario a auga quedará alí. A solución que mellor ten funcionado na maioría dos casos na práctica é peraltar boa parte da curva ao revés do que di a física e limitar a 40. É un problema ´máis complexo do que se poida pensar por falta de espacio: outro tanto acontece nas curvas de entrada e saída de glorietas enterradas ou elevadas.
En canto ao do ancho estou totalmente contigo. Ademais hai oitro erro de deseño: deixaron as aletas en paralelo á estrada cando as poderían abrir a 45º e deixalo máis estético e máis seguro.O titular da estrada soe definir o seu ancho de paso e o máis habitual nos proxectos en que ando soe ser tomar un paso inferior de 12 metros de ancho libre para as estradas de concellos. Isto deixa 2.5 metros a cada lado para beiras e drenaxe, que non é moito pero menos da unha pedra.
Un saúdo.
Comment by xm carreira — December 18, 2008 @ 3:37 pm
Maxistral, coma sempre, Mendinho, coas súas explicacións que tanto nos enriquecen.
É posible que o peralte non sexa o máis seguro, efectivamente, porque se trata de unha sucesión de tres curvas bastante pechadas e en pendiente. Supoño que, máis ben, o defecto é do trazado, froito dunha remodelación feita dez anos atrás.
Tamén moi oportuna a observación sobre as aletas, na que eu non reparara.
Comment by F. Miguez — December 19, 2008 @ 2:49 pm