Isto non é democracia.
Esta noite, «Os Atlánticos» sumábanse á causa veciñal da súa vila: unha empresa pretendía instalar unha planta química, e os veciños opóñense, enfrontándose co dono dos terreos e o alcalde, de quen depende a recalificación… o «pan nuestro de cada día» en Redondela. O episodio remata con xúbilo popular, porque un xacemento arqueolóxico impide a recalificación dos terreos, hasta recibiren a nova de que o concello veciño, máis cacique aínda, vai instalar a planta vía expropiación urxente, para evitar problemas. «Menuda mierda», dixen eu, non co desenlace senon coa «boa nova» do providencial asentamento romano, antídoto de recualificacións caiciquiles.
Si, menuda mierda, dito por alguén (eu) que leva dous anos invertindo boa parte do seu tempo libre nestes menesteres, intentando facer valer os propios argumentos da administración sobre a conservación da natureza e o patrimonio, para evitar que nos metan aquí unhas obras que non queremos. Dous anos acumulando unha forte sensación de noxo ó ter que escoitarlle a barrigóns profesionais palabras feitas de ignorancia, cinismo, e desfachatez en proporcións arbitrarias, aprendidas na escola da supervivencia política, esa cuia máxima é «sostenella y no enmendalla» con razón ou sen ela. A estas alturas, parafraseando ó sabio con perdón da audiencia, «se me estén empezando a inflar los cojones» (minuto 9:15) de tanto cinismo. En toda Galicia, ducias de colectivos préganlle ó ceo que no seu entorno apareza un castro ou algunha extraña especie de fento, ou tratan de estirar as lindes da Rede Natura 2000 na esperanza de que, co amparo da lexislación, lles sirva como argumento definitivo para deter algún proxecto vendido como progreso, por outros, nalgures. Vaia por diante unha cousa, a esperanza é o último que se perde, pero non deben situala nesa regulación da conservación porque é papel mollado. Á hora da verdade, se hubera que facer grava para morteiro coa catedral de Santiago, faríana sen problema; cos técnicos como escudo, con feitos consumados ou tapando bocas cos cartos de todos, nada é intocable, e a experiencia demóstrao.
Pero non é o desprezo polo patrimonio ou o entorno, o que me crispa hasta o exabrupto. Incéndiame o corazón ver cómo a xente se ve obrigada a recurrir a isto porque a súa vontade, directamente, non vale nada. Poderíamos debatir hasta o esgotamento se estas ou aquelas obras son necesarias, se compensan o dano coa súa productividade… ou o que desexen, pero estar nunha terra na que a xente non ten dereito a escoller onde e cómo vivir dame noxo. Dame noxo a esperanza de que a vila ficticia dos «Atlánticos» se salve dunha industria química rexeitada popularmente gracias a unhas pedras soterradas hai vinte séculos, e non polo feito de se impoñer a vontade popular nun estado democrático. Igual que me da noxo pensar nos que están desexando viaxar co seu coche pola futura autovía Pontevedra-Vigo, a expensas de centos de personas deban renunciaren imperativamente ó lugar onde viven agora por decisión libre.
Non, non hai progreso ningún válido para xustificar os ouvidos xordos a personas que van ver como unha excavadora tira coa súa casa ou lle cambian os pinos por naves industriais no seu vecindario. Por moi razonados e calculados que estén os proxectos, por moita demanda social que exista (xeralmente a kilómetros da zona afectada) dos mesmos, facelos sen consenso coas personas afectadas non é democrático, e despótico. Darlle preferencia ós asentamentos urbanos fronte todos os demáis, e discrimianción. E dixen consenso porque sei imposible acadar a unaminidade, como tamén sei que democracia non é nin o goberno das maiorías, nin dos partidos políticos nin dende despachos anecoicos. Non sei se é preciso revisar a lexislación vixente ou bastaría con poñer a políticos e outras «forzas vivas» no seu correcto lugar, pero compre facerlle chegar á xente a mensaxe de que a súa vontade debe prevalecer, aínda por riba do progreso, do patrimonio e de calquera outra cousa. Debe chegar o día no que teñamos dereito a escoller cómo e onde queremos vivir, e no que entendamos a ausencia de dereito algún a demandar melloras para nos a expensas de outros que se sinten perxudicados.
