Definamos progreso.
Hai dúas formas de entender o progreso. Por unha parte, podemos entender por progreso conseguir que os nenos non perdesen nin un so día de escola por culpa da neve. Por outra, podemos falar do progreso que sería conseguir que non pase nada se os nenos perden uns cantos días de escola por mor da neve ou do que sexa. O primeiro concepto ampárase na idea de que o ser humano sobrevive transformado á súa vontade o mundo no que vive, idea, esta, consolidada dende o século XVIII, coa Ilustración e a Revolución Industrial. O segundo punto de vista, básase en observar en que o ser humano leva sobrevivindo dous millóns de anos gracias á súa capacidade de adaptación ó entorno, non á ilusión de poder crear o mundo o que lle pete.