Seis cousas que todos deberíamos saber e ter sempre presentes.
- Os cargadores de móvil, as fontes de alimentación, e todo iso, débense enchufar primeiro no trebello e despois na rede. Do outro xeito, temos tensión eléctrica no extremo do cable e, se o aparato adaptador tivese algún defecto, serían os 220 voltios da rede doméstica, co consecuente risco de electrocución.
- As portas sempre deben abrir hacia afora. No caso de ter que sair precipitadamente dun recinto, é máis natural empurrar a porta sen deter a carreira que pararse, dar un paso atrás para tirar dela, e volver a arrancar. De feito, en caso de grandes aglomeracións, existe o risco de que unha avalancha se estampe contra a porta e faga imposible abrila.
- A temporada de caza dura dende o día do Pilar, hasta o día de Reis e, nesa época, os cazadores poden practica-la súa afición os xoves, os domingos e os festivos. Evitando ir ó monte neses días concretos, evitaremos o risco de un accidente. En calquera caso, procure ir acompañado, vestido con cores ben visibles (o chaleco cor butano mellor que o amarelo) e non afastarse dos camiños e pistas. Vaia atento e fágase notar en canto sospeite presencia humana. (É mellor facer o ridículo saudando a unha árbore en voz alta que ir para o sanatorio con dez perdigóns, por tímido.)
- Cando se chama a un servicio de emerxencias, primeiro hai que dar a ubicación exacta e despois dicir cal é o incidente. Se se corta a chamada polo medio, é máis importante que os servicios de emerxencia sepan a donde deben acudir que o motivo da movilización. Poñamos un exemplo fácil. Imaxine que é vostede telefonista do 112 e recibe esta chamada: «Hai un accidente de un turismo contra un camión na estrada PI.PI.PI.PI…..» ¿Qué faría? En cambio, se a mensaxe fora: «Rúa da Picota 188, Redondela.» Sabería vostede, polo menos, que debe avisar á Policía Local e o G.R.U.M.I.R. da vila para que acudan a esa dirección.
- Os triángulos do coche non son outra esixencia absurda da administración, senon que están para avisar a outros conductores de que a calzada está total ou parcialmente obstruída, por exemplo, con un coche averiado ou unha operación de caraga/descarga. Por iso, hai que colocalos con unha distancia suficiente como para que lles dea tempo a frenar e, como norma xeral, tamén deben de verse antes que o obstáculo; dito de outro xeito, os triángulos pegados ó coche non sirven para nada. Ademáis, en vías con dous sentidos de circulación na mesma calzada, é dicir, todas menos autoestradas, autovías e rúas de sentido único, o atranco pode interferir tanto no propio carril como no outro (ó ser ocupado por aqueles que intentan evitalo), sendo obrigatorio poñer un triángulo para cada sentido, e nas condicións de anticipación xa referidas.
-Nunca lle dea as costas a un can agresivo. Se o sentido común lle aconsella non enfrontarse a él, afástese recuando lentamente, sen perdelo de vista pero sen miralo directamente ós ollos. Os cans teñen o seu propio «código ético» e ven cousas que nos non vemos. Se vostede se axita, o animal excitarase aínda máis e pode emprender un ataque. Se o mira ós ollos, pode interpretalo como un desafío. Se vostede se sinte máis forte que él, o can manterase a unha distancia segura, aínda que lle ladre. Ningún de estes consellos vai ser efectivo con un can de presa, no que o seu código de conducta está condicionado polos seres humanos; recoñecelo a tempo, manterse lonxe, e denunciar perante a policía se anda pola rúa sen bozo é a conducta máis segura. Cando alguén lle diga «tranquilo, que este can non traba» vostede entenda «coidado, sempre pode haber unha primeira vez».
Seguro que hai máis. Acéptanse suxerencias.