Inmoral, Sr. Moratinos.
Sr. Moratinos:
O problema non é de onde saíron os cartos. O inmoral é fundir vinte millóns de euros (tres-mil-millóns-de-pesetas) en darlle o gotelé ó teito dun edificio no que se reúnen algúns políticos de vez en cando, e España é cómplice de esa inmoralidade coa súa achega económica e co bombo que lle deron. Hai xente que morre de fame por culpa de esa dobre moral súa, e de tantos outros, señor Moratinos.
A verdade é que é unha cousa pouco xustificable.
Pero eu xa che estou curado de espantos, aquí nos madriles Esperanza Aguirre gastou 90 millóns de euros nos Teatros Canal (unha especie de teatro totalmente móvil promovido polo Canal de Auga de Isabel II) cunha festa de inauguración con Nacho Cano de máis de 400.000 euros. Uns poucos meses despois Esperanza dixo que había que privatizar e vender por catro pesos todo o Canal de Isabel II (e toda a xestión da auga, obviamente) por mala xestión pública (véxase a dobre moral).
Comment by xm carreira — November 21, 2008 @ 7:54 pm
¡Son incríbles! Pregúntome cómo será noutrs países, se os electores son tar permisivos cos seus elexidos, porque aquí, mexan por nos…
Comment by F. Miguez — November 22, 2008 @ 2:35 pm
E aínda lle parece ao Garrigues que se gastou pouco, que´dixo a cifra para parar os comentarios ¡¡ Manda chover coa cara de cemento armado que lle botan !!
Comment by cuspedepita — November 24, 2008 @ 3:57 pm
Pensando un pouco máis sobre a cuestión, a cousa non debe ser tan grave ¿acaso a xente se molesta? Bueno, tal vez un pouquiño, pero non temen nin pola súa integridade, nin poli seu posto, nin por nada. Saben que dentro dunha semana a polémica terá viaxado kilómetros (a outra parte) sen ter que rendir responsabilidade ningunha.
Comment by F. Miguez — November 24, 2008 @ 4:03 pm