Nin idea de economía II.

«As monstruosas cifras do paro en España víanse vir. Non había que ser un premio nobel de economía pare preguntarse (e sospeitar) onde iría a parar toda aquela xentiña que andaba subida polos andamios cando acabasen as obras e non hubese máis a quen venderlle pisos, nin cartos nos bancos para mercalos. O explendor económico que viviu a España do ladrillo era unha burbulla, agora é incontestable, e urxe reconvertir ó sector da construcción en beneficio de (1) outros sectores máis estables da economía e (2) do conxunto da sociedade, para afastar os fantasmas da especulación, da corrupción e da degradación paisaxística e territorial.
A industria do automóvil ten a excusa de que ninguén falba de burbulla nos tempos que a Citroën de Vigo sacaba máis de dousmil coches diarios e todas as infraestruturas de Galicia lle quedaban pequenas para a súa expansión “hasta el infinito y más allá”.
»

Apunta, para non o escrecer. Lean o terceiro artigo que colquei no blog. Vai para tres anos e aínda convén telo presente na memoria, porque xa se esbozaba o problema que agora temos (e o meu mérito non foi máis que apuntalo).

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/11/14/nin-idea-de-economia-ii/trackback/

  1. A crise mundial é fundamentalmente financeira: ninguén se fía de ninguén e ninguén presta ou se presta faino carísimo.

    No caso español o caso é máis grave porque é obvio que os pelotazos do ladrillo -a industria nacional- baseabanse na especulación do que valerá mañá e nos cartos prestados a un baixo tipo de interese e non nunha necesidade real.

    Con sorte a crise será moderada e longa en lugar de curta e fonda. Eu antes intuíao pero non cría que a crise fose tan global. A crise de financiación é moi grave e vexo doadamente un negro panorama de catro anos de crecemento cero, desemprego xuvenil por riba do 20% e inflación por riba do 5%.

    O único bo da crise será o reavaliarmos todos o paradigama de que todo crecemento económico (e canto máis forte mellor) é necesariamente bo.

    Comment by xm carreira — November 16, 2008 @ 6:42 pm

  2. Eu comparto con vostede iso de reconsiderar o imperativo do crecimento económico, pero teño a esperanza de que ese 20% de paro xuvenil sexa, en realidade, a causa de que moita xente empece a buscar xeitos de arreglar a súa vida por vías alternativas ás que nos estaban ofrecendo hasta agora.

    Comment by F. Miguez — November 17, 2008 @ 10:31 am

  3. Vou facer un vaticinio a 20 anos: a crise do ladrillo hispano volverase a repetir. Esperemos que para entón non coincida con crise financieria, de materias primas, de fortaleza do euro e cun pifostio de política estatal do carallo. E conste que os números da crise son moi engañosos: no IPC non entran as hipotecas, os temporais que quedan sen traballo non aparecen nas novas como despidos, o PSOE cambiou case tódolos indicadores económicos de forma que xa non son comparables ós anteriores (por ejemplo http://economy.blogs.ie.edu/archives/2008/04/apagon_estadist.php), etcétera

    Comment by peregrinodelasrias — November 17, 2008 @ 9:43 pm

  4. Xa, Míguez, eu sempre pensei nunha vida alternativa mas non é tan doado: a quen non lle gustaría crear unha empresa que aporte valor e sexa xusta? pero deixo o meu curro nunha multinacional e fágome autónomo? monto a miña S.L.U? É un risco, sen dúbida.

    Para facer todo iso necesitaría dúas cousas:
    1- Un clúster de empresas clientes ao teu arredor que se complementen e tiren do negocio. Ou sexa, polo menos un pedazo de potenciais clientes privados.
    2- Que os concursos públicos fosen realmente abertos a todos e non concedidos de antemán ás empresas cos mellores lobbies.

    Comment by xm carreira — November 18, 2008 @ 8:17 am

  5. Respóstolles a correr que ando a fume de carozo:

    peregrino: Esa política de cambiar a diana segundo caian os tiros xa a empezara o PP, cando comezou a ter en conta o efecto das rebaixas no IPC, para disimular o que todos víamos cos nosos ollos: co euro inicouse unha política de redondeos que multiplicou os precios por una factor entre 1.66 e 2. Fixo esa, e fixo outras, tamén en materia de paro. O que veñen a demostrar os feitos e que, en materia económica, non hai alternativas políticas en España. Tanto monta, monta tanto.

    mendinho: Eu tamén considerei sempre a posibilidade de unha iniciativa empresarial, e busquei algo de formación ó respecto, da que tirei, entre outras, esta conclusión. Acometer unha empresa é asumir o risco de iniciar unha actividade que non existe (pode que exista unha similar ou case igual, pero esa concreta non existe hasta que a empezamos). Canto máis altas sexan as barreiras que se salten nese proceso, mais lonxe se poderá chegar. Evidentemente, se fose fácil, faríao calquera e a empresa non tería sentido, pero cando as circunstancias son negativas, como é esta crise xeralizada, a diferencia entre quedarse a este lado da barreira ou fracasar no intento de saltar ó outro pode ser escasa.
    Por outra banda, tamén hai que botarlle imaxianción ó choio, moitas veces, o que triunfa non é o que salta a barreira primeiro, senón o que se da conta de cómo pasar ó outro lado sen ter que saltala. Da cooperación e a asociación, tamén habería que falar :D

    Comment by F. Miguez — November 18, 2008 @ 11:02 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.