Nin idea de economía.

«Como a min non se me supón nin idea de economía, podo dicir isto sen que ninguén me acuse de nada: Primeiro foron os productos agroalimentarios, e hasta hai ben pocuo o petróleo. Subiron de precio exhorbitadamente porque hubo unha forte campaña especulativa sobre eles, con uns intereses, alén da avaricia, que dificilmente podemos imaxinar. Sabemos que foron especulativos porque: (1) Antes da suba de precios non hubo ningún cambio coiuntural nin estructural que explicase o suposto aumento da demanda, co que se xustificaba o encarecemento. (2) Pasados os respectivos máximos, os precios caíron en ambos casos á metade, sen que hubese, outra vez, un cambio no entorno que xustificase a suposta caída da suposta demanda. Vamos, que as cousas nunca cambiaron, como para xustificar a burbulla de precios e o seu posterior pinchazo. O aumento da demanda nos países emerxentes era, permítanme a ironía, un conto chino co que xustificar a mangancha.
Naturalmente, todo ese trigo e todo ese chapapote foron mercados con cartos prestados polos bancos, especulando co valor que acadaría naquela tendencia ficticia. Cando ambas cousas volveron ó seu precio “natural”, moitos señores ricos atopáronse con que debían no banco máis do que valen actualmente eses productos. O fácil agora é dicir que os negros norteamericanos pediron máis cartos dos que valían as súas casas (vídeo recomendado)

NOTA: Este é o típico texto que ben merecía un lote de enlaces a páxinas especializadas, cheas, polo menos, de datos que apoien as afirmacións sobre as evolucións nos precios das «commodities». Prego, unha vez máis, que desculpen a miña falta de «profesionalidade».