Desmitificando a Obama.
Hai dúas cousas que non se están reflexionando correctamente sobre a elección de Barack Obama como presidente dos Estados Unidos.
A primeira, é que non se trata de un revolucionario nin dun mesías senon, como moito, dun dos candidatos da historia reciente que máis falou de política social e de diálogo, o cambio pode ser de tendencia, non de estructura, como parecen reflexar os medios españoles.
A segunda é que, efectivamente, trátase do primeiro presidente non blanco dos Estados Unidos, pero é fillo de un universitario keníata e unha universitaria (blanca) norteamericana, criado en Indonesia. É dicir, non é o típico negro estadounidense, descendente dos esclavos e daqueles que loitaron durante o século XX contra as leis discriminatorias. Observen que non se trata de unha cuestión racial, senon social; sen desmerece-los logros do Sr. Obama, a sociedade norteamericana aínda non pode presumir de ter un presidente xurdido dos estamentos máis discriminados da súa historia. Salvando algunha distancia, poden comparalo coa diferencia entre termos aquí un presidente do goberno fillo de rumano e española ou un presidente de etnia xitana.
Por unha vez, voute levar a contraria, en dous aspectos. o primeiro comeza coa perogrullada de que un racista ve a Obama tan negro como a un negro pobre, non vai parar a pedir credenciais. Isto é, seguro que Obama topouse cos mesmos prexuicios que o resto da poboación negra dos USA. Por suposto, tendo traxe e un posto no partido demócrata hai menos marxinación, pero ao Obama que ía mercar o periódico os domingos en chandal de seguro que lle miraban recelosamente… E a segunda cousa, é que a túa comparación do presidente español rumano está incompleta: falta indicarche que ademais pareza un xitano a primeira vista para a meirande parte do electorado. E que Deus bendiga a América e se compadeza do resto…
Comment by peregrinodelasrias — November 6, 2008 @ 10:56 pm
Por iso digo que non pretendo desmerecer os logros do Sr. Obama, que seguramente tivo unha vida tan de negro como calquera outro. O que pretendo dicir, sen pretender comparala negativamente con outras, é que a sociedade norteamericana aínda non pode dicir que un chegara a presidente un negro de Harlem (NY), Watts(LA), grandes guetos das dúas principais cidades do país, ou de Missouri, Alabama ou calquera estado do sur nos que o Ku Kux Klan só é a manifestación “folklórica” de unha sociedade que aínda sigue pensando que brancos e negros non deben mesturarse.
Por certo, debes levarme a contraria sempre que o creas oportuno. Eu supoño que teño a razón hasta que alguén me fai o favor de demostrarme o contrario
Comment by F. Miguez — November 7, 2008 @ 5:58 am
Opino que Obama é un gran político, invítovos a todos a ler o seu libro “A Audacia da Esperanza”, onde dun xeito maxistral é capaz de debullar a súa propia biografía, e facer un debuxo moi gráfico da sociedade, política, e valores americanos, ao mesmo tempo que ofrece a súa visión de cómo cambiar o seu país.
Estes días escoito moitas críticas sobre Obama, pero o certo é que un ten que imaxinar o difícil que é abrirse camiño na política, aínda máis se formas parte dunha minoría, sexa razón de sexo, orientación sexual, cor da pel, relixión, etc.
Hoxe en día sería inpensable en España un presidente homosexual ou musulmán ou mesmo muller (aínda que no último caso a cousa mellora bastante).
Todos temos que pensar que sempre está esa “handicap”, que non é sinxelo romper barreiras, e máis aínda cando ves que o teu propio país está ao borde dun precipicio.
A xente votou o cambio, a esperanza doutro xeito de facer política.
Tampouco vexo que a vida de Obama fora tan sinxela, cun pai que se desentendeu totalmente del, tendo que vivir coa súa nai e a súa nova parella en Asia durante dez anos, e voltar a Hawai pra vivir alí cos seus avós.
É fácil dicir que tivo moitas facilidades, pero o certo que hai que loitar e moito pra chegar onde chegou, máis aínda sendo negro.
O máis marabilloso de todo é que a sociedade americana acaba de dar un paso de xigante, do mesmo xeito que Amstrong dixo na lúa.
Romper barreiras sempre é marabilloso. E acaba de baterse unha: a discriminación racial.
Non quero liarme máis, pero teño que recoñecer que admiro a Obama, que loitou sempre polo que críu e finalmente conseguiuno.
Tan só o tempo nos dirá cómo será coma presidente. Pero de seguro que mellor que Bush vai ser…
Un saúdo!
Comment by Luis — November 7, 2008 @ 2:59 pm
Negro sí, pero pobriño non se lle pode chamar. Fixo unha carreira en Harvard cuxo coste é de 100.000$ ao ano. Obama é da elite mentres que o denostado Jinny Carter, por exemplo, era simplemente o fillo dun granxeiro. Eu tamén concordo con que a ser un reformador pero non vai haber mudanzas radicais.
Comment by xm carreira — November 7, 2008 @ 6:23 pm
Supoño que, se ben deixei clara a opinión de que se pode ter unha fe moderada nas posibilidades de que Obama mude algo no seu país e, dada a influencia deste, no resto do mundo por extensión, creo que non conseguín explicar ben a outra parte, na que pretendo sinalar que a sociedade americana aínda non ten tan superadas as súas fendas sociais (que son parellas ás raciais) por moito que escolleran un presidente negro como Barack Obama, con todas as dificultades (como dicen Peregrinodelasrias e Luís) e con todas as facilidades (como sinala o Sr. Carreira) que este tivera hasta o de agora.
Comment by F. Miguez — November 8, 2008 @ 11:13 am