Tres verdades contra o Halloween.
«Halloween é como o Nadal, pero á inversa. O Nadal é unha tradición que foi virando a campaña comercial; Halloween é unha campaña comercial que se vai facendo costumbre.»
«O “Samaín” é outro invento, na miña terra non existe ningunha tradición con ese nome nin formato. O día de defuntos lévanse flores ó cemiterio, vai a misa quen cre, e quen vive fora da súa parroquia aproveita para visitar as sepulturas dos seus familiares. Punto. O resto é querer ter unha festa tan chachi coma a das películas sen que nos remorda a conciencia.»
«O que máis me toca o carallo amola do Halloween e que eu lembro ter feito caras nos calacús e meterlle luces dentro, de pequeno, co meu avó e para meternos con alguén, sin ser Halloween, nin festividade ningunha; era unha costumbre autóctona que agora a xente confunde con outra foránea. Se agora me poño a querer gastarlle unha trasnada a un veciño na beira dun camiño, vaime tomar por outro imitador dos norteamericanos que vai a destempo.»
Non podo estar máis de acordo con respecto ao Halloween/Samaín.
Este celtismo desaforado do que presume algunha xente, resúltame do máis indixesto e para máis, na miña bisbarra tampouco ninguén lembra tal tradición (nin os maís vellos).
Comment by cuspedepita — October 29, 2008 @ 6:36 pm
É certo que temos raíces celtas (e anteriores tamén), pero os romanos truxeron cousas como o viño, os musulmáns o alambique (e con él o augardente), e de américa viñeron cousas tan galegas como o millo, as patacas e os pementos. Somos moito máis que celtas.
Cando puxen “na miña terra non existe ningunha tradición…” referíame á zona de Redondela, porque evitei referirme a toda Galicia, non vaia ser que noutras bisbarras existira o Samaín (non as coñezo todas). Se na súa tampoco (¿cal é?), xa nos vamos achegando a dicir que “En Galicia non exite tal tradición.”
Unha aperta!
Comment by F. Miguez — October 30, 2008 @ 6:51 am
Na região Entre Douro e Minho (região galega por excelência) e por todo o norte de Portugal existem tradições por esta época bastante curiosas, mas impossíveis de formatar comercialmente segundo o modelo carnavalesco que nos chegou dos países anglo-saxões (os “celtistas” que se cuidem porque isto de “anglo-saxões” são outros contos…).
Essa brincadeira das abóboras iluminadas com velas era-me completamente estranha até meu Pai me contar que em pequeneno já as fazia e por costume ancestral na aldeia onde vivia.
Comment by pepe — October 30, 2008 @ 8:37 am
Velahí está, esa brincadeira xa era unha tradición nosa (independientemente do lado dende o que vexamos o Miño
) e agora todo o mundo o asocia coa antroidada anglo-saxona, que merece todo o respeto do mundo, igual que o merecen as nosas costumbres non-comerciais e non-televisivas.
¡Unha aperta, Pepe!
Comment by F. Miguez — October 30, 2008 @ 10:51 am
Totalmente dacordo , a festa de mañá na Alameda debería de chamarse “Festa dos Calacús” e punto , así evitamos modismos horteras…
Avíseme Don Tino cando haxa unha excursión ¡¡
Comment by Vidal — October 30, 2008 @ 6:01 pm
Ben aplicado, iso de “horteras”.
Tereino informado.
Comment by F. Miguez — October 31, 2008 @ 6:34 am
Aquí te dejo este enlace, Samhain.
Un saludo.
Comment by ártabro — November 6, 2008 @ 9:48 am
Ousexa, que sí hai comarcas de Galicia nas que está documentada algunha tradición da celebración do Samaín. Pois moitas gracias polo seu comentario, mestre, verei a forma de arreglar o segundo texto.
Comment by F. Miguez — November 7, 2008 @ 6:17 am