Ciclocrisis.
«A crisis non lle está a afectar ó noso sector, máis ben ó contrario, eu observo que este ano temos vendido moitas bicicletas de 200€, que son as máis baratas que temos, a xente que traballa nestas fábricas arredor de Redondela e veñen a traballar nelas desde as parroquias. Cómpranas dicindo “e que tal e como se puxeron o gasoil e a gasolina…”»
J. Bautista. O meu mecánico de bici de cabeceira.
ao final as solucións sempre veñen da tensión. marx non estaba tan errado cando falaba da dialéctica e iso das tensións necesarias para transformar o mundo. a crise incentiva o transporte limpo da bicicleta!!
saúdos desde os valos!
Comment by boia no monte — October 22, 2008 @ 11:50 am
Dende os Valos (onda o río) acabo de chegar eu agora mesmo, e precisamente na bicicleta. Eu considérolle a crise, se é que hai, como unha oportunidade para cambiar as cousas, que probablemente desperdiciaremos, pero ese é outro cantar.
Este outro artigo trataba do mesmo, ou parecido.
Saúdos dende o Pazo.
Comment by F. Miguez — October 22, 2008 @ 7:13 pm