Dispara. Os lugares máis galegos do mundo: Pontecesures.

Pontecesures é unha das vilas máis galegas do mundo, non porque teña algo que non teñan todas as demáis, senon precisamente por ter todo o que teñen as vilas galegas. Fíxense nesta foto, que é unha vista tomada dende a estrada N-550.

Non costaba nada poñer arcéns.

Vemos dúas casas vellas, unha de pedra á vista e a outra revestida, un edificio relixioso, unha casa actual pintada dun color chamativo, un edificio de catro alturas revestido en chapa ondulada, unha eira con viña, un terreo medio a monte e unha fábrica. O máis significativo, o que de verdade convirte a esta imaxe nunha das máis galegas do mundo é termos todo revolto. (A fábrica non está pegada á igrexa, senón que xa está do outro lado do río Ulla, e como non quixera parecer manipulador, aclaro estar falando de paisaxe.)
Iso é Pontecesures, e iso son todas as vilas desta terra: unha mestura apresurada de diferentes conceptos de asentamento humano, feita dende un pragmatismo e unha urxencia que relegan a identidade e a orde a un intento pola súa recuperación indefinidamente adiado. Iso é o que pretendo mostrar na galería de este segundo sábado de mes, porque, como dicen os ingleses «it’s not much, but it’s home».

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2008/10/11/dispara-os-lugares-mais-galegos-do-mundo-pontecesures/trackback/

  1. muito interessante esta abordagem, miguez! a paisagem parece modelada por pedaços estranhos entre si, justapostos sem nexo, um “patchwork” urbano sem preocupações estéticas ou funcionais.
    aliás, o que melhor exprime esta realidade é a ausência de preocupação pelo “plano” e a tal “urgência” e “pragmatismo” que resulta no chamado “feísmo” das nossas terras.

    Comment by pepe — October 13, 2008 @ 7:07 am

  2. “feita dende un pragmatismo e unha urxencia que relegan a identidade e a orde a un intento pola súa recuperación ”

    Perfecta definición. Quizás demasiado bondadosa. Eu quitaría “pragmatismo” por “cobiza” e “intento” por “revolución” (non tranquila, or suposto)

    Comment by pablo gonzalez — October 13, 2008 @ 8:58 am

  3. Tamém hai quen fala de complexo de fillos únicos, de que «isto e meu, solo meu e, e fago con el o que me da a gana sin que ninguén me diga nada». Evidentemente, o resultado de sumar infinidade de pequenos proxectos baseados nesa filosofía non pode ter un grande valor colectivo.
    Agradecido polos seus comentarios; deles deduzo que esta vez conseguín transmitir a mensaxe.

    Comment by F. Miguez — October 14, 2008 @ 5:17 am

  4. Moi atinada a foto e moi atinado o comentario, ainda que tal vez a precisión de Pablo resulte necesaria.
    Poi xa visitei o teu curruncho de fotos. Vou ter que facer un, pero de fotos de outro, que eu son un desastre…

    Comment by Ninsesabe — October 14, 2008 @ 3:13 pm

  5. A Costa da Morte é unha zona ben rica en vilas sumamente galegas, atendendolle á definición aquí dada.
    Sobre o das fotos, anímese, que o importante é o que un pretende dicir, non a puntería que teña coa cámara.

    Comment by F. Miguez — October 15, 2008 @ 5:03 am

  6. cal é a paisaxe galega? a de carballeiras e soutos e praderías con vacas? a de combarro cos seus canastros ao pé do mar ou a de muros cos seus arcos? acaso é a da casa de pedra de ferramulín ou dos teitos de lousa de chantada? penso que hai que diferenciar entre paisaxe mitolóxica e paisaxe como concepto descritivo-analítico.
    unha cousa é o que temos na mente como o bosque galego (carballos) e outro o real desde hai xa ben tempo alcolitros e pino-país).

    Comment by formiga — October 15, 2008 @ 10:45 am

  7. Pois eu, pragmático tamén, pénsolle que a paisaxe é a que se ve, e iso pretendo plasmar nesas fotos. Efectivamente, hai unha parte marxinal desa paisaxe máis mítica, histórica ou venerable, pero a maioría é un conxunto heteroxéneo e desaliñado.
    Moi bo o exemplo que pon dos bosques, sí señor.

    Comment by F. Miguez — October 15, 2008 @ 7:23 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.