Do lixo no monte.
«É extenso, o catálogo de eivas padecidas pola persoa que carga un carretillo de plásticos e lixo para tiralos no monte Pódense calificar de irresponsables, de antisociales, de inconscientes ou, directamente, de porcos. Pero se debésemos escoller a tara máis significativa desta clase de xente, a día de hoxe esta é, sen dúbida, a de ser rematadamente parvos, porque da bastante máis traballo andar a acarrexar para o monte que coller a trapallada e metela nun contenedor do lixo; ademáis de telo sempre máis preto da casa, téñeno pago cos seus impostos. Parvos, iso é o que son, parvos.»
Polo que a vai, aínda quedan moitos parvos.
Comment by ártabro — October 8, 2008 @ 6:16 am
E non se aprecia que a tendencia cambie
Comment by F. Miguez — October 9, 2008 @ 8:39 am
antes botábase lixo ao monte como algo normal. normla era botar cousas ao monte porque case todo o que se botaba era orgánico. o problema cando aparece o plástico… outra cousa é botar neveiras, lavadoras e outros electrodomésticos… aí si que entra de cheo a falta de alternativas e de concienciación.
a parvoeira explica certas cousas pero non todas. é, até certo punto, botar as culpas ao paisano. cada cuestión ten o seu contexto e nel é onte hai que pór o acento.
Comment by formiga — October 9, 2008 @ 2:41 pm
Efectivamente, o lixo de antes era lixo “ecolóxico”, pero a xente non entendeu o cambio.
Non lle sei cómo será en todos os concellos de Galicia, pero na maioría hai un servicio de recollida que chega a preto de todas as casas. Tal vez falte a cultura de saber que, cando mercamos un electrodoméstico novo, o vendedor recolle o vello, e se non hai esa oportunidade, a empresa encargada de recoller o lixo tamén recolle electrodomésticos “por encarga”, claro que aínda queda moita didáctica social antes de que a xente sepa que iso da menos traballo que andar de tractor ou de furgoneta para o monte.
Como ve, xa lle arranxei o cmentario. Unha aperta!
Comment by F. Miguez — October 10, 2008 @ 5:15 am
Sempre se dixo que o mar devolve todo o que non é del …agora sabemos que a terra non atura o plástico …e menos a nós….a corrente cálida do golfo está a piques do colapso ..e eu non cambiei a tarifa nocturna ¡¡ Que volte Ktulu para deixar isto coma estaba ¡¡¡
Saúdos Tino
Comment by Vidal — October 10, 2008 @ 11:06 pm
¡Saiu vostede á superficie! Pois sexa benvido a esta casa, mein freund.
Comment by F. Miguez — October 11, 2008 @ 5:13 pm
por certo de que concello es? de pontecesure?
Comment by formiga — October 15, 2008 @ 10:39 am
Non, sonlle de Redondela
Comment by F. Miguez — October 15, 2008 @ 7:13 pm