Uniformados.
«Unha das críticas clásicas ó pensamento militar é a negación dos individuos, simbolizada no culto á uniformidade. Cando vexo pola rúa grupos de mozos e mozas de entre quince e vinte anos (ver nota), peiteados e vestidos todos igual segundo o seu sexo, pregúntome se a crítica había que facerlla ó pensamento militar ou á condición humana.»
Nota: non estou facendo unha crítica xeneracional, as modas existiron sempre; aínda que agora sexan máis fortes e o colectivo citado o máis exposto á publicidade ó longo da historia, cito só a modo de exemplo e sen vontade de criticar.
Unifórmase o plantel militar, unifórmanse os curas, os escolares de pago… as clases a distinguir
Comment by A Lareira de Santiso — October 1, 2008 @ 12:42 pm
:) Tamén se uniforman os presos, por exemplo. Efectivamente, trátase de unha afirmación da clase á que pertence un, pero sempre como negación da distinción individual.
Comment by F. Miguez — October 2, 2008 @ 11:14 am