Reflexión anexa sobre a cuestión da Crisis.
«Con todo isto, queda de manifesto que vivimos nun mundo en que coexisten dous universos paralelos. Por un lado estamos “o estado”, os que temos dereitos, obrigas, impostos e votamos cada catro anos para influir na dezmillonésima parte do goberno. Pola outra, un reducido número de persoas toman decisións que afectan a un ou varios estados, incluídos os seus gobernos, lúcranse cando a cousa vai ben e cargan nos demais as consecuencia dos seus erros; cada vez actúan con máis descaro porque saben que, cada vez, teñen a situación máis controlada, mentres a sociedade adica máis esforzos á televisión e a queixarse pola rúa sen estar disposta a participar no seu propio goberno.»
eu non diria mundos paralelos, senón cómplices. a crise do 29 non afectou á URSS porque o estado planificaba a economia. hoxe en dia, a crise afecta aos estados “a nós”, porque a economía planifica o estado. non se trata de voltar aos planos quinquenais soviéticos (os resultados están á vista), pero está claro que o “libre” mercado é un sistema que acentúa as desigualdades e non dá resposta aos grandes retos da actualidade.
en todo caso, se as medidas son de salvar aos especuladores, que se leve ata o final a proposta. salvamos, si, pero a vaquiña polo que vale, nacionalización de toda empresa financeira ou non, que estea inxectada con cartos públicos e posterior regulamentación da actividade financeira.
se non aprendemos repetiremos e de sempre: beneficio privado, gasto público.
Comment by formiga — September 27, 2008 @ 9:16 am
Efectivamente, o socialismo real está cheo de defectos, pero aínda así hai moitas cousas que se poderían aprender del en beneficio de todos. Claro que no “liberalismo real” o beneficio de todos non interesa, solo interesa que a roda sigua xirando como fixo hasta agora. “¿Comunismo? malo-malo, que non ten liberdades” é o argumento, e metémonos na dialéctica de sempre de “ou eres de kas naranxa ou estás contra kas naranxa”, no máis enconado empeño de que nin exista debate nin exista un pensamento orientado a mellorar ó conxunto da sociedade.
Benvido a esta casa, señor formiga.
Comment by F. Miguez — September 29, 2008 @ 1:00 pm